Skip to Content

SAMAÍN

SAMAÍN  

Este curso dende os equipos de Biblioteca, Extraescolares e Dinamización da lingua galega organizouse o Samaín onde  o alumnado do centro, xunto coas familias, participaron na elaboración de “Máscaras Terroríficas”, feitas con materiais reciclados; dende unha máscara monstruosa impresa en 3D de plástico reciclado, ata un xabarín de pasta de papel de periódico ou outras técnicas tan diversas coma novidosas.


Neste día os pequenos e pequenas bailaron coma mortos vivintes e ata escaparon dunha meiga zombie que por alí apareceu. Tamén houbo unha función de mortos respresentada polo alumnado de 4º de primaria e concurso de “Contos Terroríficos” na biblioteca.

 

 Ambiente festivo pero con SENTIDIÑO.

 

O seu navegador non soporta a etiqueta HTML5 vídeo.



contido | by Dr. Radut