Skip to Content

Blogue de Raquel

LETRAS POLA CASA!!!

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar con música, cunha canción que vos vai recordar as letras do abecedario  en galego:


Ahora propóñovos un xogo divertido. Consiste en repartir un folio en catro partes e en cada parte tedes que poñer unha letra destas:

 

P-T-L-S

 

A continuación, tedes que ir por toda a casa buscando cousas que comecen por esas letras e cando atopedes unha, a correr a escribila no apartado que lle corresponde, por exemplo:  vexo un tomate pois escribo a palabra TOMATE onde está a letra T. Divertido, ¿verdade? Pois veña, ánimo!!!

 

 

 

Para rematar, propóñovos xogar un pouco ao DOMINÓ

 

Biquiños!!!

SOMOS 21!!!

Bos días nenas e nenos!!!

 Xa estamos a luns outra vez!!!

Ánimo!!!

Hoxe  propóñovos pasar lista como facemos no cole todos os días. ¿Lembrades cantos nenas e nenos sodes?

21, correcto!!!

Pois tedes que ir escribindo  os nomes dos vosos compis e das vosas compis en dúas columnas: unha de nenos e outra de nenas.

¿Cantas nenas hai? ¿E nenos?Contade e poñede o número. E logo facede a suma, ten que dar como resultado 21.

A continuación déixovos as actividades que vos propón teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.


 

Hello families! Como estades? Espero que todos sigades ben e sobre todo con moito ánimo!!! Esta semana mándovos a nova versión do Baby Shark de Pinkfong que explica moi ben como teñen que lavar as mans os nosos nenos e nenas para non contaxiarse do virus. Espero que lles guste e que a practiquen moito na casa. Se vos apetece xa sabedes que podedes enviarme algún video de como bailan un trociño da canción ao meu correo electrónico

A partir desta semana tamén teredes acceso ao libro dixital “Amanda and Friends” no que os nenos e nenas poderán practicar o vocabulario dos temas a través de xogos e cancións. Para acceder necesitades introducir os datos que aparecen a continuación:
Entrades na páxina web www.amanda.richmonddigital.net


 Username: richmond 2020


Password: richmond

Level: 3
Esta semana gustaríame que todos os que poidades practicárades os xogos do

tema 1. Animádevos, son moi divertidos!
E recordade que podedes escribirme ao meu correo se tedes algunha dúbida.
See you soon!
Teacher Nuria

Biquiños!!!

 

O GRÚFALO

Bos días nenas e nenos!!!

Xa chegou o venres e, como todos os venres, temos que ir á biblioteca. Así que aquí vos deixo un conto que me gusta moito:

O GRÚFALO

 

Espero que vos gustara moito!!!

Ahora tedes que escribir o título do conto e debuxar e escribir aquilo que máis vos gustou do conto. Tedes que escribir:  O QUE MÁIS ME GUSTOU FOI…

 

Ahora decídeme: ¿Canto vos gustou? Tedes que debuxar sol verde si vos gustou moito, amarelo si vos gustou bastante ou vermello si vos gustou pouco.

Tamen podedes visitar a páxina web do GRÚFALO e xogar on-line

GRÚFALO

 

Biquiños e boa fin de semana!!!

Si queredes facer máis cousiñas do GRÚFALO clicade no adxunto.

 

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe teño que contarvos algo mui importante. Estamos a xoves, 23 de abril de 2020 e, como cada 23 de ABRIL, celébrase o DÍA DO LIBRO adicado a fomentar a lectura e o dereito de autor.

Aquí vos deixo para celebralo un contiño que espero que vos guste moito!!!

AMELIA QUIERE UN PERRO

Ahora tedes que pensar cal é o voso libro favorito. Unha vez que o teñades ben pensado, escribides o título e acompañádelo cun debuxo dese libro. Ánimo!!! Estou desexando ver eses libros tan interesantes!!!

Tamén podedes facer preciosos marcapáxinas para poder utilizar nos vosos libros ou para regalarlle á vosa familia. Seguro que estarán encantados co regalo!!!

 

Aquí vos deixo algunhas ideas:

E xa para rematar, imos cunha canción que se chama O libro Máxico de Migallas. Os libros son tesouros cheos de emocionantes aventuras!!!

Biquiños!!!

 


OS SENTIDOS

Ola nenos e nenas!!!

Hoxe imos lembrar un pouquiño todas aquelas cousiñas que estabamos a aprender no cole sobre OS SENTIDOS. Aquí vos deixo un vídeo e un xogo para que pasedes uns momentos divertidos aprendendo.

 

XOGO OS SENTIDOS

 

Ahora propóñovos debuxar os órganos dos cinco sentidos e escribir os seus nomes. Tamén podedes debuxar algo que podemos tocar, algo que podemos saborear, algo que podemos ulir, algo que podemos ver e algo que podemos oír.

 

Biquiños!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut