Skip to Content

Blogue de Raquel

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos seguir recordando cousiñas sobre o noso corpo. Seguro que lembrades que para medrar sans  e ter os ósos fortes había que tomar alimentos saudables.

 

O seguinte vídeo recórdavos cales son os alimentos saudables  que hai que tomar a diario e cales son os menos saudables e que hai tomar en poucas cantidades.

 

Ahora propóñovos escribir algúns nomes de alimentos saudables e debuxar algúns alimentos non saudables. É moi fácil!!!

Tamén podedes facer a vosa pirámide dos alimentos con debuxos ou con diferentes materiais que teñades na casa.

 

Xa sabedes que ademais dunha alimentación saudable, tamén é moi importante facer deporte e exercicio físico.

 

¿Que deporte vos gusta máis a vós? Escribide o nome e facede un debuxo practicando ese deporte favorito.

 

 

Para finalizar a xogar un poucoquiño!!!

 

OS SENTIDOS

 

 

 

PARTES DO CORPO

 

Biquiños!!!

 

 

 

AS REGRETAS

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos recordar as cores das regretas dende o 1 ata o 6, ¿lembrádelas?.


Ahora propóñovos escribir algunhas sumas que teñen como resultado o número 6. Para iso déixovos unha imaxe na que aparecen diferentes formas de descomposición do número 6 con regretas.

 

 

Podedes facer o mismo que fixeron na seguinte imaxe co número 2, 3 e 4.

Ánimo!!!Seguro que vos sae xenial!!!

Xa para rematar por hoxe, invítovos a xogar un pouquiño coas letras:

MEMORAMA DE LETRAS 

Biquiños!!!

UNIDADE 2: TOYS

 Bos días nenas e nenos!!!

 Empeza unha nova semana!!!

Propóñovos escribir o seguinte:

¿Que día é hoxe?

¿Que día foi onte?

¿Que día será mañá?

 

E  como xa sabedes, estamos no mes de MAIO:

¿Que mes está antes de maio?

¿Que mes virá despois de maio?

Fácil, ¿verdade?.

Despois de escribir,  toca xogar un pouquiño coas formas xeométricas a través deste xogo:

COLOREA

 

A continuación déixovos as actividades que vos envía teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.

 

UNIDADE 2: TOYS

 

 Hello families! Como estades? Espero que sigades ben e algo máis animados agora que podemos estar algo máis de tempo ao aire libre. Xa queda menos!!
Esta semana propóñovos repasar o tema 2 coas actividades interactivas da páxina de Amanda and Friends.
Entrades en www.amanda.richmonddigital.net.
Logo, na sección Student´s Access rexistrádesvos:

 

 

Username: richmond2020
Password: Richmond

 

Entrades en Level3 e facedes todas as actividades do apartado Games:
- Vocabulary
- Concepts
- Story
- Consolidation


Ao final de todo apareceravos un apartado que pon Progress. Podedes entrar nel, facerlle unha foto e mandarma.

 

UNIDADE 2: TOYS

 

No apartado de Videos tedes unha sección que se chama Unit songs onde poden escoitar a canción “In the Park”.
Por último, poden facerme nun folio un debuxo dun parque co título “IN THE PARK” no que aparezan todos os xogos traballados na unidade:
                  SEESAW                         SLIDE         

 

    

 

          SPRINGER                             SWING

      

Debaixo ou encima de cada xogo poden poñer a palabra.
E finalmente que o pinten como lles guste.


Xa sabedes que podedes mandarme os traballos ao meu
correo electrónico nuriapv2@gmail.com.
Que teñades unha boa semana!

Hugs and kisses!
Teacher Nuria

 

 

Biquiños!!!

 

 

UN CONTIÑO PARA HOXE!!!

Ola nenas e nenos!!!               

Xa chegou o  venres, un día que vos gusta moito porque, coma todos os venres, temos que ir á biblioteca. Así que aquí vos deixo un conto mui bonito de animais:

QUIERO SER COMO TÚ.


¿Que vos pareceu o conto?¿Gustouvos? Espero que sí!!!

 

 

Despois de ver o conto, propóñovos tres cousiñas:

1.-Escribir o título do conto.

2.-Escribir o nome dos animais que aparecen como personaxes principais do conto.

3.-Para rematar, se queredes podedes debuxar a un deses animais dúas veces: primeiro como é de verdade e despois como quería ser.

 

E xa para rematar, a xogar un pouquiño!!! Aquí vos deixo uns xoguiños.

PUZZLES EN EL ZOO

 

E xa sabedes, todos e todas sodes xeniais así como sodes!!!

Biquiños!!!

ADIVIÑAS!!!

Ola nenas e nenos!!!

¿Que imos facer hoxe?Pois hoxe toca adiviñar!!!

Aquí vos deixo varias adiviñas, ¿¿cal será a solución??. A pensar!!!

Douvos unha pista: a 1ª empeza por R, a 2ª por M e a 3ª por B (esta última en galego).

Si vos apetece, podedes facer o debuxo da solución e escribir o seu nome.

DE COLORES VERDERONES,

OJOS GRANDES Y SALTONES;

TENGO PATAS DE ATRÁS

MUY LARGAS PARA SALTAR.

¿QUIÉN SOY?   R---

-----------------------------------------------------------------------------------------

 

MARI QUITA SU VESTIDO

TODO LLENO DE LUNARES,

SE POSA SOBRE SUS DEDOS

Y VUELA HACIA OTROS LUGARES.

¿QUIÉN SOY?    M--------

-----------------------------------------------------------------------------------------

UN BICHIÑO PEQUENO

VOA ENTRE AS FLORES

E TEN AS ÁS

DE MOITAS CORES.

¿QUEN SON?    B--------

-----------------------------------------------------------------------------------------

 

Ahora con esas tres letras: R, M, B seguimos a traballar un pouco máis. Tedes que escribir 5  palabras con R, 5 palabras con M e outras 5 palabras con B.

Ánimo!!!

E para rematar, a practicar un pouco de IOGA:

 

Biquiños!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut