Skip to Content

Blogue de Raquel

A PRIMAVERA

 Ola nenos e nenas!!!

Como xa sabedes, mentres nós estabamos na casa, chegou a PRIMAVERA, esa estación que tanto nos gusta con flores, bolboretas, paxaros,…

Aquí vos deixo unha pequena poesía da primavera:

Espero que vos gustara!!!

E ahora decídeme:

¿Que animais aparecen na poesía? Podedes escribir os seus nomes.

Lembrades esta música??

 

¿Quen foi o músico que a compuxo?

Seguro que xa tedes todos e todas o seu nome, verdade?? Pois podedes escribilo.

¿Que instrumento musical tocaba? Lembrades? Podedes escribilo e debuxalo.

 

 

Ahora propóñovos que, despois de escoitar a música, vos poñades a debuxar que é para vós a PRIMAVERA, sairán auténticas obras de arte. Ánimo e a crear!!!

E xa para rematar, invítovos a que faigades unha manualidade:

Unha FLOR con calquera tipo de material que teñades na casa. Non importa forma, nin tamaño,… na primavera todas as flores son preciosas!!!

Aquí vos deixo algunhas ideas:

 

 

Biquiños!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

ENGLISH AT HOME

Bos días nenas e nenos!!!

Comeza unha nova semana e téñovos unha sorpresa!!! Lembrades que os luns sempre había inglés con teacher NURIA, pois hoxe a teacher mándavos isto:

 

REVIEW: COLORS

Hello families! How are you?

Como estades familias? Espero que esteades todos ben e que
poidamos encontrarnos moi pronto. Unha aperta moi grande
para todos os nenos e nenas, botámolos moito de menos!

Moito ánimo, xa queda menos!

Para esta semana mándolles uns videos de cancións para
repasar as cores, unha pequena aventura de Daisy e Robin e
unha ficha para colorear, que escollan a que prefiran.

 

See you soon! Kisses!

 
Grazas!!

Para descargar a ficha de colorear, pinchade no adxunto!!!

UN CONTIÑO PARA HOXE!!!

Bos días nenos e nenas!!

Hoxe toca un contiño, que vos parece??

 

 

Despois de ver o conto, propóñovos dúas cousiñas:

1.-Escribir o título do conto.

2.-Debuxar a todos aqueles personaxes que subiron á árbore e escribir o nome ao seu lado.

Pasade boa fin de semana!!!

Ánimo!!! Unha aperta!!!

OS NÚMEROS!!!

Ola nenos e nenas!!!

Hoxe comezamos con un pouquiño de música, repasando os números do 1 ao 10.

 

Ahora, si vos apetece, podedes coller un folio e facer 10 círculos e dentro de cada círculo , escribir un número dende o 1 ata o 10. A continuación tedes que colocar dentro deses círculos tantas pegatinas, lentellas, boliñas de papel,…(o material que queirades) como diga o número.


 

Tamén  podedes repasar  os números do 1 ao 10 con este xogo:

NÚMEROS DEL 1 AL 10

 

Despois disto, propóñovos unha sesión de ioga. Hoxe é xoves e temos psicomotricidade!!!


Biquiños!!!

 

OS MOUCHIÑOS!!!

Bos días nenos e nenas!!!

Como vedes, o noso blogue chámase OS MOUCHIÑOS , non podía ser doutra maneira.

Ahora fixádevos ben na palabra  MOUCHIÑOS:

·        ¿Cantas vogais ten? Podedes escribilas.

·        ¿Cantas consoantes ten? Podedes escribilas.

·        ¿Cantas letras ten en total? (Lembrade que tedes que facer a suma de vogais + consoantes como facíamos na clase.)

·        ¿Cantas sílabas ten?(Lembrade que as contamos dando palmadas.)

·        MOUCHIÑOS empeza pola letra M, pensade en todas esas palabras que comezan por esa letra. Tedes que intentar escribir polo menos 5 palabriñas que empecen pola letra M.

Ahora un pouquiño de música:

 

 

Se a escoitades varias veces, xa a aprendedes.Ten unha letra mui sinxela e repetitiva.

 

Agora ,si vos apetece ,cada un e cada unha de vós podedes debuxar o voso  propio mouchiño e  poñerlle nome. Estarei esperando as vosas creacións!!! Que vos parece a idea?? Xenial, verdade??

 

Tamén podedes facer manualidades de mouchiños como por exemplo:

 Ánimo e a crear!!!

Biquiños!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut