Skip to Content

Blogue de Raquel

XOGO CON TAPÓNS!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe empezamos vendo un vídeo. Ides ver cantas cousiñas se poden facer cuns simples tapóns!!!


 

Ahora propóñovos que, se tedes tapóns pola casa, sexades vós os que xoguedes a algún dos xogos que vos propón o vídeo. Seguro que será divertido!!!

Se non tedes tapóns, podedes utilizar outros materiais que teñades pola casa.

 

Logo nun folio podedes escribir o nome do xogo ao que xogastes e facer un pequeno debuxo del. Veña, ánimo!!!

 

Para rematar un conto moi especial!!!


 

Hai que seguir atentamente o conto e moverse imitando a todos os animais que van aparecendo. A divertirse!!!

Biquiños!!!

A CASA DA MOSCA CHOSCA!!!

 

 Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar con un contiño que xa coñecedes:

 

Como vistes no conto, os animais van aparecendo en orde: 1º,2º,…

Recordades os números ordinais?

 

Ahora que xa recordamos os número ordinais, propóñovos facer  varias actividades:

- Facer unhas tarxetas con un folio ou unha cartolina onde escribades1º, 2º, 3º, 4º,

5º, 6º e 7º (tedes que ter en total 7 tarxetas). Logo colocar filas de animais,

peluches, coches, ... e ir colocando e verbalizando en que posición están.

-Facer a lista dos animais que van chegando á casa da Mosca Chosca  e o número

ordinal no que aparecen.

Empezo eu:     1º.- Escaravello Revello

-Facer unha tarta con materiais que teñades na casa, podería ser de plastilina para

logo poder repartila en sete pedaciños. Tamén podedes facela de papel ou cartolina

e repartila coas tesoiras.

 

Biquiños!!!

 

A MIÑA FAMILIA!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

Xa estamos de volta!!! Que tal a fin de semana? Seguro que fenomenal!!!

Hoxe imos comezar contando un conto moi especial. Espero  que vos guste!!!

 

Gustouvos o conto? Fala das familias, todas marabillosas e fantásticas. Ahora propóñovos que debuxedes a vosa familia. E despois de debuxar e colorear, tedes que escribir  os seus nomes. Sairán uns debuxos xeniais!!!

 

Despois do debuxo, uns xoguiños!!!

 

 

XOGO PUMA COME SUMAS

 

XOGO QUE DESORDE DE 1 A 10/ DE 10 A 1

 

E para rematar, un pouquiño de música!!!  Animádevos a imitalos!!!

 

Biquiños!!!

AS LETRAS GALEGAS!!!

Bos días  nenas e nenos!!!        

Xa  estamos  outra vez a  venres , venres 15 de maio. Como vos dixen onte, o domingo, 17 de MAIO,  celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado ao escritor  galego RICARDO CARVALHO CALERO.

 

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

17 de MAIO de 2020

 

 

A continuación podedes ver unha adaptación dun conto  deste escritor galego RICARDO CARVALHO CALERO. Espero que vos guste!!!

 

Despois do conto propóñovos varias actividades:

1.- Escribir o título do conto.

2.-Escribir o nome e apelidos do autor.

3.-Facer un debuxo do conto.

4.- Facer manualidades sobre o conto.


   

Ahora, si queredes saber un pouquiño máis da vida e da obra de Ricardo Carvalho Calero, déixovos uns enlaces de Seminario Galán.

BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO DE 2020

Si queredes actividades para imprimir, só tedes que clicar neste enlace e elexir a actividade que queirades.

 

ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR. SEMINARIO GALÁN

Feliz DÍA das LETRAS GALEGAS!!!

Volvemos o martes porque xa sabedes que o luns é día non lectivo. Disfrutade da fin de semana!!!

Biquiños!!!

 

 

DEBUXAMOS!!!

 

Ola nenos e nenas!!!

Hoxe traballaremos un pouco a lateralidade: esquerda e dereita, con este xoguiño que vos deixo:

LATERALIDADE

 

 

Ahora propóñovos que nun folio debuxedes o seguinte:

1 sol                       6 xoaniñas

2 nubes                   7 árbores

3 paxaros                8 tulipáns

4 bolboretas            9 margaridas                    

5 montañas           10 pedriñas

A COLOREAAAARRRRR!!!!

Despois disto, a mover un pouco o corpo. Hoxe é xoves e temos psicomotricidade!!!

 

 

Non quería rematar hoxe sin recordarvos que o 17 de Maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado a RICARDO CARVALHO CALERO.

Aquí vos deixo un conto dos Bolechas sobre este escritor galego. Só tedes que clicar no ADXUNTO.

Mañá máis LETRAS GALEGAS!!!

Biquiños!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut