Skip to Content

Blogue de Raquel

A DEBUXAR!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe propóñovos debuxar un pouquiño. Tedes que facer un debuxo que conteña os seguintes elementos:

1 ÁRBORE  GROSA

2 ÁRBORES  DELGADAS

6 FLORES

1 CASA GRANDE

1 CASA PEQUENA

1 CAMIÑO LONGO

1 CAMIÑO  CURTO

1 GATO ENTRE AS DÚAS CASAS

3 NUBES (UNHA GRANDE, UNHA MEDIANA E UNHA PEQUENA)

Tamén podedes decoralo libremente.

E despois de debuxar  podedes xogar un pouquiño coas palabras.

 

XOGO CON PALABRAS

 

 

E para rematar, a practicar un pouco de ioga con un contiño precioso.

 A disfrutar!!!

 

Biquiños!!!

NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe, mércores 3 de xuño,  imos comezar con  un contiño!!!

 

 

¿Gustouvos o conto? Vedes que aparecen os números dende o 1 ata o 5. Pois nós ahora imos traballar un pouquiño máis cos números pero dende o 1 ata o 10!!!

Tedes que escribir nun folio os números dende o 1 ata  o 10 como  escribo  eu a continuación:

----1----                 ----6----

----2----                 ----7----

----3----                 ----8----

----4----                 ----9----

----5-----                ----10

 Unha vez feito, escribides o número anterior e o número posterior de cada un dos números. Por exemplo: 0-1-2.

Tamén podedes facer esta ficha interactiva do número anterior e posterior. Se queredes enviarma xa sabedes que, cando rematedes a ficha, hai que facer clic en Terminado"  e sairavos un cadro onde tedes que cubrir o nome e enviar.

 

NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR

 

E para rematar uns xoguiños!!!

 

 

 

XOGO SERIES ANIMALES

XOGO IDENTIFICA AS LETRAS

 

Biquiños!!!

 

 

 

POEMAS DIVERTIDOS!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe comezamos con un pouco de poesía divertida de Gloria Fuertes. Seguro que vos gusta!!!

 

Ahora imos xogar ás rimas:

 

Xenial, ¿verdade?

A continuación podedes  facer estas dúas fichas interactivas de rimas. Se queredes enviarmas xa sabedes que, cando rematedes a ficha, hai que facer clic en  "Terminado"  e sairavos un cadro onde tedes que cubrir o nome e enviar.

UNE PALABRAS QUE RIMAN

LA RIMA

 

 

 

E xa para rematar un xogo:

CREBACABEZAS

 

Biquiños!!!

 

 

Clothes !!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

 Que tal estades hoxe? Espero que xenial!!! Empeza unha semana nova. Xa estamos a luns outra vez, a luns, 1 de xuño!!! Xa rematou maio.

Hoxe comezamos con un pouquiño de música!!!


 

A continuación, propóñovos xogar un pouquiño cos nomes dos días da semana.

XOGO ORDENA OS DÍAS DA SEMANA

 

A continuación déixovos as actividades que vos propón teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.

Hello families! Espero que sigades ben e sobre todo máis animad@s xa que, pouco a pouco, imos volvendo á normalidade. Xa queda menos!!
Esta semana propóñovos repasar algunhas prendas de vestir cos nenos.
Aquí vos deixo o enlace de tres cancións sobre este tema. A última está moi ben para que eles se vaian vestindo coas prendas que manda a canción. Se vos apetece podedes mandarme o video de como o fan.

https://supersimple.com/song/put-on-your-shoes/

 

https://supersimple.com/song/im-a-little-snowman/

 

https://supersimple.com/song/this-is-the-way-we-get-dressed/

 

 

 Ademais, coma sempre, poden repasar no libro dixital o tema 4. Recordade facer todos os apartados:


- Games: vocabulary, concepts, story and consolidation.


- Videos:
            Unit songs: “My clothes”, “In, on, under”.


-Animated stories: “The fancy dress custome”.

 

 Por ultimo, poden facer un traballiño nun folio que consiste en
debuxarse a eles mesmos coa súa roupa favorita. O título do traballo
será “MY FAVOURITE CLOTHES”. O debuxo debe ser grande (que ocupe
casi todo o folio) e deben vestirse coas prendas que máis lles gusten
das que apareceron no tema e nas outras tres cancións que vos
mandei. Cando o rematen deben colorealo, recortar as palabras en
Inglés e pegalas ao lado da prenda correspondente. Estas son as
palabras de todas as prendas de vestir que apareceron nas cancións:


T-SHIRT (CAMISETA)
SHIRT (CAMISA)
SHORTS (PANTALÓN CORTO)
PANTS (PANTALÓNS)
SOCKS (CALCETÍNS)
SHOES (ZAPATOS)
BOOTS ( BOTAS)
SKIRT (FALDA)
SCARF (BUFANDA)
JACKET (CHAQUETA)
HAT (GORRO)


Recordade que podedes mandarme as tarefas ao meu correo
nuria.pv2@gmail.com . Boa semana!


HUGS AND KISSES!


Teacher Nuria.

 

Biquiños!!!

 

O MONSTRO DE CORES!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!               

Xa  estamos  outra vez a  venres. Os días pasan rapidísimo,¿verdade?.

Estades preparados para o conto? Xa sabedes que hai que ir á biblioteca coma todos os venres. Así que alá imos!!!


 

Despois do conto, propóñovos varias actividades:

1.-Debuxar o monstro de cores cando está confuso e liado.

2.-Facer unha fichas interactivas sobre o conto.Estas fichas fanse directamente desde o enlace que vos envío(válidas para calquera dispositivo: móbil, tablet ou ordenador) e, unha vez rematada cada unha delas, se queredes, podedes enviarma directamente dende alí. Aquí vos explico como se fai: Ábrese a ficha, faise o exercicio e faise clic en "Terminado"  e sairavos un cadro onde tedes que cubrir o nome e enviar.

 

MONSTRO DE CORES

SERIES MONSTRO DE CORES

3.-Elaborar o voso propio monstro de cores. Aquí tedes algunha idea.

 

Disfrutade moito da fin de semana!!! Vémonos o luns!!!

Biquiños!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut