Skip to Content

Blogue de Raquel

O NOSO NOME

 

Bos días!!!

 

Xa estamos a mércores. Ánimo!!!

 

Hoxe imos comezar cunha canción do outono. Quero vervos cantar e bailar!!!

 

A continuación, que vos parece se facedes o voso nome utilizando

obxectos que teñades pola casa. Aquí vos deixo unhas ideas de como

podedes facelo. Espero ver as vosas composicións cargadas de

imaxinación.

 

 

Se vos apetece traballar un pouquiño máis, déixovos un adxunto no que

podedes imprimir dous traballiños sobre a canción dos Números que

podedes volver a escoitar: número 7 e número 8. Podedes repasar

números e letras con rotulador e pintar os debuxos con ceras, lápis de

cores, pincel,…como queirades.

Biquiños!!!

 

LETRA A

 

Bos días!!! Que tal estades hoxe? Espero que fenomenal!!!

 

Hoxe imos comezar cunha canción sobre a letra A.

 

Ahora podedes facer un xogo que consiste en ir buscando pola casa

obxectos que empecen pola letra A como por exemplo AZUCRE e xuntalos

para sacarlles unha foto. Tamén podedes debuxalos e escribir o seu nome

con axuda. Ánimo!!! Será moi divertido.

 

 

E para rematar, uns xoguiños!!

 

SOMBRAS

 

CREBACABEZAS

 

Biquiños!!!

 

 

 

 

O OUTONO

 

Bos días a todos eses nenos e nenas que ainda estades na casiña!!!

Empeza unha nova semana. Xa sabedes que día é hoxe?

Luns, 27de SETEMBRO de 2021.

Alá imos cos traballiños de hoxe.

Como xa sabedes, xa comezou o OUTONO e imos recordar unha canción

que cantamos moito o curso pasado. Lembrádela?


 

Que vos parece se escribides a palabra OUTONO nun folio e logo facedes

nel un debuxiño do outono. Recordade poñer tamén o voso nome. E

incluso podedes escribir que dia é hoxe. Ánimo!!!

E ahora, uns xoguiños.

CREBACABEZAS OUTONO

 

COLOREA O OUTONO

 

Biquiños!!!

 

 

 

 

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

 

Bos días!!!

Xa  estamos  outra vez a  venres , os días pasan rapidísimo,¿verdade?.

Hoxe toca conto. Este encántavos.

 

Agora podedes debuxar a toupiña coa caca na cabeza.

A continuación podedes facer as seguintes actividades interactivas sobre o conto que podedes enviar se queredes.

 

A TOUPIÑA

ORDENA OS ANIMAIS

 

E para rematar, aquí tedes a canción do conto. Espero que vos guste!!!

 

 

Biquiños!!!

RIMA CON MOVEMENTO

Bos días!!!

Xa estamos a xoves. Ánimo!!!

Que vos parece se hoxe comezamos aprendendo unhas rimas? Seguro que vos encanta. Fixádevos ben para intentar imitar os xestos. Imos alá!!!

RIMAS TAMARA CHUBAROVSKY

Que tal? Xa vos sae?

Agora o que podedes facer é un debuxo sobre o que di a rima. Terá que aparecer un ananiño, unha montaña,….

Se vos apetece máis pintar, déixovos un adxunto no que podedes imprimir dous traballiños sobre a canción dos Números que vos puxen o venres: número 5 e número 6. Podedes repasar números e letras con rotulador e pintar os debuxos con ceras, lapis de cores, pincel,…como queirades.

Para rematar, uns xoguiños!!!

 

ARRASTRAR E SOLTAR

 

PARELLAS DE ANIMAIS

 

Biquiños!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut