Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Letras Galegas 2024

Esa semana realizamos unha morea de actividades! Comezamos visualizando os carteis das Letras Galegas, amais dos murais adicados á autora homenaxeada, Luísa Villalta. Tamén visitamos a biblioteca, para crear contos en equipos, que logo serían recitados ante outras unidades.

Doutra banda, e grazas ó bo tempo, efectuamos un amadriñamento/apadriñamento lector no patio, que foi moi significativo e entretido, tecendo así vínculos entre as diferentes idades. Alén disto, gozamos cun miniconcerto de música galega a cargo de 4º, 5º e 6º de Primaria.

E xa para rematar, contamos eses contos ante as/os nosos compañeiras/os doutros niveis, e o alumnado de 5º e 6º de Primaria expuxo a súa reportaxe sobre persoeiros públicos, tras unha investigación.

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

Queridas familias:

Un ano máis estamos a elaborar o calendario escolar no que o alumnado será o encargado das ilustracións.

Este ano, o tema seleccionado son os animais. Temos de prazo ata o día 4 de decembro para entregar os debuxos.

A debuxar!!!

 

Calendario 2015

Calendario anual elaborado coa participación de todas as clases co tema de personaxes de cómic.

Copia para imprimir no seguinte arquivo adxunto:

Distribuir contido


by Dr. Radut