Skip to Content

Letras Galegas 2024

Esa semana realizamos unha morea de actividades! Comezamos visualizando os carteis das Letras Galegas, amais dos murais adicados á autora homenaxeada, Luísa Villalta. Tamén visitamos a biblioteca, para crear contos en equipos, que logo serían recitados ante outras unidades.

Doutra banda, e grazas ó bo tempo, efectuamos un amadriñamento/apadriñamento lector no patio, que foi moi significativo e entretido, tecendo así vínculos entre as diferentes idades. Alén disto, gozamos cun miniconcerto de música galega a cargo de 4º, 5º e 6º de Primaria.

E xa para rematar, contamos eses contos ante as/os nosos compañeiras/os doutros niveis, e o alumnado de 5º e 6º de Primaria expuxo a súa reportaxe sobre persoeiros públicos, tras unha investigación.



story | by Dr. Radut