Skip to Content

A historia do noso cole!

Os comezos en 1992!

   Chámome "O Cantel", ou polo menos, é o nome que me dan dende hai uns anos, debido á zona onde medrei.

Se queres saber un pouco da miña vida, vouche contar que nacín en setembro de 1992 e daquela, tiña ó meu coidado a 18 profesores e uns 326 rapaces de E.X.B., aínda que dende o curso 98-99, só teño nenos de Infantil e Primaria.

Foi un ano difícil para todos. Case tódolos nenos viñan dende as parroquias e, ¡pobriños!, eran "transportados" ata mín; pero,... en que condicións chegaban ás miñas portas... Así que, mellor que vos conte un pouco máis polo miúdo algunha das cousas que tivemos que padecer naqueles primeiros meses despois do meu nacemento.

A rúa pola que tiñan que chega-los meus nenos (se me permitides, eu voulles chamar "os meus pícaros"), mestres, pais,... máis que unha rúa, parecía unha corredoira, toda enlamada e chea de atrancos. ¡Xa vos podedes imaxinar o panorama! : o transporte deixaba ós nenos na Rúa Corporacións; tivemos só xornada de mañá durante un tempo porque a cisterna de propano non podía chegar ata mín para traerme a bebida que facía funciona-la miña cociña e quenta-los meus radiadores. ¡Eu morría de frío! pero non podíamos permitir que os meus pícaros morreran de fame e de frío tamén.

E cando chovía...! Cando chovía, aquelo era "O acabouse". Para que vos deades conta, un día de moita, moita, moita choiva, quedei illado con toda a miña xente dentro. ¡Volvíanme tolo! ¡Aqueles pícaros cos seus berros e asubíos luxando e pateando as miñas relucentes baldosas!
 
Ata que ¡por fin! alguén tivo a xenial idea de saca-los meus pobriños de alí en varios coches deses todoterreo que lles chaman "Land-Rover".¡Aiiii..., que tranquiliño quedeiiiiii...!  
 
Como isto non podía seguir así, houbo que poñerse duro. Entón, un grupo de boa xente púxose a cavilar... e dicidiron organizar unha cousa que creo que se chama "Folga" para pedir que, dunha vez, se melloraran os meus accesos.
 
Por fin! As obras leváronse a cabo e todo comezou a funcionar con normalidade. Agora, eu estou tranquilo, feliz, espléndido...                  
  
Vide, vide a verme á miña páxina!

10º aniversario

O día 21 de decembro de 2002, celebramos unha conmemoración co motivo do 10º aniversario do noso colexio. Tivemos unha comida homenaxe, no comedor escolar, a que asistiron moitos dos compañeiros vinculados a este centro dende que empezou a funcionar en setembro de 1992. Elaborouse tamén un Libro Aniversario que recopila o máis destacable destes dez anos.

Poesía co gallo do 10º aniversario

Poesía composta por un compañeiro xubilado do Cantel, Manuel Carballo Pérez, e adicada aos dez primeiros anos do noso colexio, co gallo do seu 10º aniversario.

El año noventa y dos
un gran centro en Foz se abría;
el Grupo Número Dos.

Hermoso y grandioso Centro
en una extensa explanada,
aunque encharcada su entrada.

Cien metros de sufrimiento,
para alcanzar el recinto,
cien metros de encharcamiento
y a las pruebas me remito.

Alumnos y profesores
necesitábamos chanclas
y botas de cazadores
para badear esos charcos.

Así transcurrió un año
en esa monotonía,
con esa triste atonía
y un invierno muy mojado.

Comenzamos nuevo curso
y seguía la atonía;
agua y barro, barro y agua
y así era nuestra vía.

El pueblo encolerizado
comunicaba en la prensa
su gran disgusto y enfado
contra el Consejo, su ofensa.

Y ésta es la triste historia
del inicio de este Centro,
que es en el pueblo un portento
y en sus anales, memoria.

Ya pasados unos años
y reunido el Consejo,
se acordó llamar al Centro
O Colexio do Cantel.

Dieciocho profesores
formarían su plantilla;
el conserje y cuidadora,
tres amables cocineras
y también tres limpiadoras.

Como una balsa de aceite,
como pipas en la piña,
como granos de granada
y como pez en el agua,
así ha sido este Colegio,
así ha sido nuestra casa.

Diez años han transcurrido
desde el inicio del Centro
y aquí estamos reunidos
a celebrar tal evento.

Sesenta o sesenta y uno
en los archivos del centro
pienso no falte ninguno
a este grandioso encuentro.

Don Celestino Reimondo,
hombre afable y santa calma,
ha dirigido este coro
con aplomo y bonanza.

José Luis, "El Conserje"
mostró aquí su gran valía,
pues, ha estado omnipresente
en cuanto se le pedía.

Bienvenidos los presentes

y disculpas si alguien falla.

25º aniversario: saímos nas novas!

O pasado mes de maio do ano 2018, celebramos o noso 25º aniversario! Con motivo desta data tan especial, saímos nas novas de La Voz de Galicia. Concretamente, un dos actos máis relevantes foi a charla-coloquio de Antón Niñez acerca da historia do cole!

- El CEIP O Cantel inicia  hoy con juegos y una charla-coloquio los actos del 25 aniversario

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/foz/2018/05/03/ceip-cantel-foz-inicia-hoy-juegos-charla-coloquio-actos-25-aniversario/00031525365941654726925.htm

 

- 25 años de memorias escolares con O Cantel en Foz

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2018/05/06/25-anos-memorias-escolares-cantel-foz/0003_201805X6C11996.htm

 

Distribuir contido


by Dr. Radut