Skip to Content

Blogue de Raquel

PIÑEIRO!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

Que tal estades? Espero que moi ben!!! Comezamos un novo día!!!

Hoxe imos comezar con un conto cantado, atendede ben porque logo tedes que facer vós os debuxos.

 

Despois de ver o conto, propóñovos facer os debuxos que van aparecendo no conto e no lugar que vai dicindo: enriba, debaixo, no medio.

 

Ánimo!!! Sairán xenial!!!

 Cando rematedes os debuxos,  podedes escribir 5 palabras que comecen pola p de PIÑEIRO.

 

E tamén podedes facer unhas sumas con este xoguiño (para sumar podedes utilizar diferentes materiais que teñades pola casa: xoguetes, boliñas de papel, rotuladores, lentellas,...)

SUMAS

 

Por último, un pouquiño de IOGA :

 

 

Biquiños!!!

 

 

 

FROITAS E VERDURAS!!!

 

Bos días nenas e nenos!!!

Xa estamos a mércores, mércores 27 de maio!!!

Lembrades que fai uns días vimos un vídeo sobre a alimentación saudable? Entre os alimentos máis saudables está a FROITA e a VERDURA. Aquí vos deixo un vídeo sobre froitas e verduras.

 

Despois de ver o vídeo, propóñovos facer dúas listas de alimentos, unha de froitas e outra de verduras. Podedes escribir os seus nomes, debuxalas ou as dúas cousas.

Ánimo!!! E xa sabedes que hai que comer moitas froitas e verduras!!!

Ahora un pouquiño de música!!!

 

Despois da canción,  podedes facer un mosaico  dunha froita ou verdura.Para facelo só necesitades folios, papeis de cores (poden ser cartulinas, follas de revistas, xornais, ...), tesoiras e pegamento.

Aquí tedes algunhas ideas.


Biquiños!!!

 

 

 

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

 

 Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar  recordando  os nomes das figuras xeométricas, atentos!!!

 

Despois de ver o vídeo, tedes que intentar debuxar as figuras xeométricas que aparecen no vídeo e escribir os seus nomes.

E ahora podedes ir buscando pola casa obxectos :

1 con forma de CÍRCULO

1 con forma de CADRADO

1 con forma de TRIÁNGULO

1 con forma de RECTÁNGULO

1 con forma de ROMBO

1 con forma de ÓVALO

Podedes facerlles fotos,  escribir o nome dos obxectos, debuxalos ou as dúas cousas. Ánimo!!!

E para rematar, uns xoguiños:

 

EL CUERPO HUMANO

 

XOGO FORMAS E TAMAÑOS

 

Biquiños!!!

UNIT 3: BODY

 

Bos días nenas e nenos!!!

Que tal a fin de semana? Seguro que fantástica!!!

 Empeza unha semana nova. Xa estamos a luns outra vez!!!

Hoxe imos comezar cunha canción!!!

 

Ahora propóñovos un xogo de números. Espero que vos guste moito!!!

 

ROMPECABEZAS: DO 1 ao 10

 

A continuación déixovos as actividades que vos propón teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.

UNIT 3: BODY

 

Hello families! Como estades? Espero que levando esta situación o mellor posible e disfrutando ao máximo dos paseos e dalgunha reunión familiar tan esperada . Pouco a pouco iremos saíndo desta. Ánimo!
Esta semana imos repasar as partes do corpo con algunhas cancións:

Das tres cancións deberán escoller a que máis lles guste e aprendela (enteira ou un anaquiño) sinalando as partes do corpo e facendo a coreografía. E se vos animades xa sabedes que podedes mandarme o vídeo do resultado ao meu correo nuriapv2@gmail.com.

 

Ademais, tamén podedes repasar facendo as actividades da “Unit 3: Body” no libro dixital de Amanda and Friends.
Antes de facer as actividades, no apartado de Videos entrades en dúas seccións diderentes:
-Unit songs: que escoiten as cancións “My Body” e “Long and Short”.
- Animated Stories: que vexan o conto “Little Red Ridding Hood”
No apartado Games facedes todas as actividades da Unit 3: vocabulary, concepts, story and consolidation.


Que teñades unha boa semana. Saúdos!
Teacher Nuria.

 

Biquiños!!!

 

O COELLIÑO BRANCO

 

Ola nenas e nenos!!!               

Xa  chegou outro  venres, venres 22 de maio. E, coma todos os venres, xa sabedes que temos que ir á biblioteca. Así que aquí vos deixo un conto moi bonito!!!

 

O COELLIÑO BRANCO


 

¿Que vos pareceu o conto?¿Gustouvos? Espero que sí.

Despois de ver o conto, propóñovos tres cousiñas:

1.-Escribir o título do conto.

2.-Debuxar os personaxes que aparecen no conto.

3.- Facer un coelliño. Aquí vos deixo algunhas ideas.

 

Para rematar, tamén podedes escoitar o conto en forma de canción!!!

 

Biquiños e boa fin de semana!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut