Skip to Content

Blogue de Raquel

A MIÑA CARIÑA!!!

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar con un vídeo para repasar as partes do corpo humano. Fixádevos ben!!!

Ahora  propóñovos debuxar a vosa cabeza con todo detalle. Tedes que facer un debuxo grande para que se vexa ben bonito. Non olvidedes nada:  os ollos, cellas, pestanas, pelo longo ou curto, orellas,…..

Cando rematedes o debuxo ben coloreadiño, podedes ir poñéndolle nome as partes da cabeza que debuxastes. Ánimo!!! Van sair debuxos preciosos.

 

Para rematar, aquí tedes un xogo de números. Espero que o pasedes ben xogando!!!

COLOCAR O NÚMERO CORRECTO

 

Biquiños!!!

 

RELIXIÓN

 

Estas actividades son só para o alumnado de Relixión.

A profe Belén ten algo que decirvos:

Queridos niños/niñas y familias:

 

Espero que estéis bien y un poquito más animados.Os mando un enlace donde aparece un vídeo de Querubín, un angelito muy alegre que ya trabajamos en el aula.

 

 

  Además, os mando un cuento de nuestra moscota, el burrito Dion, con el que espero que paséis un momento agradable. Para ver el cuento teneis que clicar en el ADJUNTO que aparece al final.

Os quiero un montón y espero veros pronto.

Muchos besos, Belén.

 

ABECEDARIO!!!

Bos días nenas e nenos!!!

Hoxe propóñovos recordar o abecedario en letra maiúscula e en minúscula.Aquí tedes as letras en maiúscula, copiádeas nun folio e logo debaixo de cada maiúscula tedes que escribir a minúscula correspondente.

Cando acabedes de escribir as letras, poñedes o voso nome e apelidos.

 

É mui fácil!!!

 

A B C D E F G H I J K L M N Ñ

 

------------------------------------------

O P Q R S T U V W X Y Z

-----------------------------------

NOME E APELIDOS:

 

Ahora aquí tedes un xoguiño de sumar moedas. Seguro que vos sae xenial!!!

SUMAR MOEDAS

 

 

Podedes escribir no folio algunhas das sumas con moedas que acabades de facer. Ánimo!!!

E xa para rematar un pouquiño de música:

Biquiños!!!

 

 

 

 

 

THE HOUSE!!!

Bos días nenas e nenos!!!

 Empeza unha semana nova. Xa estamos a luns outra vez!!!Pero xa non estamos en abril, ¿en que mes estamos ahora? Lembrade mirar o calendario todos os días.

Hoxe imos recordar os meses do ano en galego:

¿Gustouvos?¿Que di do mes de maio? Podedes escribilo ou debuxar o que di.

 

 

 

A continuación déixovos as actividades que vos propón teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.

 

THE HOUSE


Hello families! How are you? Antes de nada espero que tod@s sigades ben e que poidades disfrutar un ratiño no aire libre. Ánimo, xa queda menos!
Para esta semana mándovos unhas cards (tarxetas) das partes da casa para que as pinten e as recorten. Logo teñen que pegalas no debuxo da casa. Para iso tedes que clicar no ADXUNTO.

Aquí vos mando o enlace de dúas cancións máis das partes da casa para que sigan repasando:


Xa sabedes que podedes mandarme os traballiños ao meu correo electrónico nuriapv2@gmail.com. Boa semana!
Teacher Nuria.

 

 

Biquiños!!!

 

 

O ARCO DA VELLA!!!

Ola nenos e nenas!!!

Hoxe toca un pouquiño de poesía!!!

Como sabedes, o arco da vella converteuse nunha consigna especial nestes tempos, por iso aquí vos deixo un poema de Manuel María que ten por título: “O arco da vella”.

O ARCO DA VELLA

 

O arco da vella

no ceo subido

co seu colorín

co seu colorido.

 

O arco da vella

con sete colores

que teñen, no ceo,

 beleza de flores.

 

 O arco da vella

 no ceo chantado

 co seu colorín,

co seu colorado.

 

O arco da vella

 é un arco triunfal

con sete guerreiros

que a ninguén fan mal.

 

 O arco da vella

 de luz feito é.

 ¡Resulta un milagre

que siga de pé!

Manuel María: «Os soños na gaiola»

Tamén vos deixo a súa versión musicalizada:


 

Agora  podedes facer :

  1.         Un arco da vella pintado e decorado como vós queirades, con calquera tipo   de material e escribir nel un anaquiño de poema.
  2.     ¿Cantas cores ten o arco da vella? Escribe o número.
  3.    ¿Cales son esas cores? Podedes escribir o nome de cada cor  e debuxar algo que     sexa desa cor.

 

Para rematar, un pouquiño de exercicio. Hoxe é xoves e toca psicomotricidade.

Ánimo!!!

 

E recordade que mañá non hai cole, así que BOA FIN DE SEMANA!!!

Xa volvemos o luns.

Biquiños!!!

 

O ESQUELETO

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos traballar un pouquiño sobre o noso corpo. Toca lembrar os nomes dalgúns dos nosos ósos. Para iso, imos comezar coa canción do ESQUELETO de Migallas. Lembrádela??

Ahora imos ver un vídeo no que vos van presentando os ósos e decíndovos como se chaman:

 

 

 

Pois ahora tócavos a vós elaborar o voso propio esqueleto. Podedes facer un debuxo dun esqueleto  ou  elaboralo utilizando materiais que teñades pola casa:

 

Aquí vos deixo algunhas ideas por si vos animades!!!

Xa para rematar a actividade,  tedes que escribir algúns nomes de ósos no esqueleto que elaboredes, non fan falta moitos, os que vós queirades. Veña, ánimo!!!

Biquiños!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut