Skip to Content

Responder ao comentario

O ARCO DA VELLA!!!

Ola nenos e nenas!!!

Hoxe toca un pouquiño de poesía!!!

Como sabedes, o arco da vella converteuse nunha consigna especial nestes tempos, por iso aquí vos deixo un poema de Manuel María que ten por título: “O arco da vella”.

O ARCO DA VELLA

 

O arco da vella

no ceo subido

co seu colorín

co seu colorido.

 

O arco da vella

con sete colores

que teñen, no ceo,

 beleza de flores.

 

 O arco da vella

 no ceo chantado

 co seu colorín,

co seu colorado.

 

O arco da vella

 é un arco triunfal

con sete guerreiros

que a ninguén fan mal.

 

 O arco da vella

 de luz feito é.

 ¡Resulta un milagre

que siga de pé!

Manuel María: «Os soños na gaiola»

Tamén vos deixo a súa versión musicalizada:


 

Agora  podedes facer :

  1.         Un arco da vella pintado e decorado como vós queirades, con calquera tipo   de material e escribir nel un anaquiño de poema.
  2.     ¿Cantas cores ten o arco da vella? Escribe o número.
  3.    ¿Cales son esas cores? Podedes escribir o nome de cada cor  e debuxar algo que     sexa desa cor.

 

Para rematar, un pouquiño de exercicio. Hoxe é xoves e toca psicomotricidade.

Ánimo!!!

 

E recordade que mañá non hai cole, así que BOA FIN DE SEMANA!!!

Xa volvemos o luns.

Biquiños!!!

 

Responder



by Dr. Radut