Skip to Content

Responder ao comentario

A CASA DA MOSCA CHOSCA!!!

 

 Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar con un contiño que xa coñecedes:

 

Como vistes no conto, os animais van aparecendo en orde: 1º,2º,…

Recordades os números ordinais?

 

Ahora que xa recordamos os número ordinais, propóñovos facer  varias actividades:

- Facer unhas tarxetas con un folio ou unha cartolina onde escribades1º, 2º, 3º, 4º,

5º, 6º e 7º (tedes que ter en total 7 tarxetas). Logo colocar filas de animais,

peluches, coches, ... e ir colocando e verbalizando en que posición están.

-Facer a lista dos animais que van chegando á casa da Mosca Chosca  e o número

ordinal no que aparecen.

Empezo eu:     1º.- Escaravello Revello

-Facer unha tarta con materiais que teñades na casa, podería ser de plastilina para

logo poder repartila en sete pedaciños. Tamén podedes facela de papel ou cartolina

e repartila coas tesoiras.

 

Biquiños!!!

 

Responder



by Dr. Radut