Skip to Content

Responder ao comentario

SOMOS 21!!!

Bos días nenas e nenos!!!

 Xa estamos a luns outra vez!!!

Ánimo!!!

Hoxe  propóñovos pasar lista como facemos no cole todos os días. ¿Lembrades cantos nenas e nenos sodes?

21, correcto!!!

Pois tedes que ir escribindo  os nomes dos vosos compis e das vosas compis en dúas columnas: unha de nenos e outra de nenas.

¿Cantas nenas hai? ¿E nenos?Contade e poñede o número. E logo facede a suma, ten que dar como resultado 21.

A continuación déixovos as actividades que vos propón teacher Nuria porque xa sabedes que os luns temos inglés.


 

Hello families! Como estades? Espero que todos sigades ben e sobre todo con moito ánimo!!! Esta semana mándovos a nova versión do Baby Shark de Pinkfong que explica moi ben como teñen que lavar as mans os nosos nenos e nenas para non contaxiarse do virus. Espero que lles guste e que a practiquen moito na casa. Se vos apetece xa sabedes que podedes enviarme algún video de como bailan un trociño da canción ao meu correo electrónico

A partir desta semana tamén teredes acceso ao libro dixital “Amanda and Friends” no que os nenos e nenas poderán practicar o vocabulario dos temas a través de xogos e cancións. Para acceder necesitades introducir os datos que aparecen a continuación:
Entrades na páxina web www.amanda.richmonddigital.net


 Username: richmond 2020


Password: richmond

Level: 3
Esta semana gustaríame que todos os que poidades practicárades os xogos do

tema 1. Animádevos, son moi divertidos!
E recordade que podedes escribirme ao meu correo se tedes algunha dúbida.
See you soon!
Teacher Nuria

Biquiños!!!

 

Responder



by Dr. Radut