Skip to Content

LETRAS POLA CASA!!!

Ola nenas e nenos!!!

Hoxe imos comezar con música, cunha canción que vos vai recordar as letras do abecedario  en galego:


Ahora propóñovos un xogo divertido. Consiste en repartir un folio en catro partes e en cada parte tedes que poñer unha letra destas:

 

P-T-L-S

 

A continuación, tedes que ir por toda a casa buscando cousas que comecen por esas letras e cando atopedes unha, a correr a escribila no apartado que lle corresponde, por exemplo:  vexo un tomate pois escribo a palabra TOMATE onde está a letra T. Divertido, ¿verdade? Pois veña, ánimo!!!

 

 

 

Para rematar, propóñovos xogar un pouco ao DOMINÓ

 

Biquiños!!!



blog | by Dr. Radut