Título | Resumo |
---|---|
Comezamos a lectura! |
O Club de lectura xa tiña unha pequena andaina no noso cole e, aínda que o curso pasado estivo parado por mor da pandemia, este curso voltou con forza baixo o nome de "Chocolate con libros" grazas ademais a iniciativa de Bibliotecas Escolares que inclúe na convocatoria de Clubs de lectura deste ano aos cursos de primaria. E se fai pouco contábamos que saira o anuncio da radio de que xa podía apuntarse o alumnado interesado... a resposta foi tan boa que xa temos varios grupos formados! Tiveron a primeira xuntanza onde, a partir da ficha de traballo que adxuntamos, iniciaron unha conversa fantástica arredor da lectura: os seus gustos e preferenzas, hábito lector...
|
ENTREVISTA A PABLO RAÑALES - SIERVOS DE TINTA #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Entrevista a Pablo Rañales, autor de Siervos de Tinta, escritor e xornalista.
Valentina, Rodrigo, Iago e Basma, alumnas e alumnos de 6º de primaria dirixen a entrevista para amosarnos a parte máis creativa de Pablo Rañales.
Pablo Rañales, deixou pegada no noso alumnado de sexto.
|
ALFABETIZACIÓN DIXITAL |
O alumnado de 1º de E.P. realizou varios obradoiros de Lego WeDo, coa intención de tratar a brecha dixital e formar dun xeito crítico ás nenas e nenos de cara á tecnoloxía.
A intención non é seguir simplemente as instruccións de montaxe, senón ser quen de programar outras ordes para conseguir que o robot creado realice.
Hai que pensar, reflexionar, tamén equivocarse e volvelo intentar. Aprender a traballar xuntos e compartir esa información con outros e, así, poder mellorar as ordes entre todos, para que o robot realice algo útil para nós.
|
CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs seguen co seu funcionamento. Pero iso require inspiración e moita organización, creación de foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear. Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos. Parabéns rapazada! Sodes como a marea, poden baixarvos pero volvedes subir.
Unha mostra de I love animals! |
Carlos Labraña visitará este venres 28 de xaneiro a biblioteca! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
Aprendemos cós Bolechas sobre o 112 |
Hoxe a clase de 2ºA traballou sobre o 112 cós Bolechas nunha das salas da nosa biblio, aproveitando as novas gradas!
E ao rematar... un agasallo xenial: dous libriños para seguir coñecendo sobre o servicio tan importante que da o 112 e cómo empregalo!
|
ARGALLANDO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
BIBLIOTECA HUMANA - 23 MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
Analizando a publicidade! - SEMANA AMI |
Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o mercado de productos e a súa publicidade, dende a BE Carlos Labraña, creamos un xogo na aplicación Genially para que analicen e sexan máis conscientes á hora de adquirir un producto. Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.
Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).
|
TEATRO #aBEtenapalabra #teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria leva xa un trimestre cos ensaios de teatro na biblioteca. Están a preparar unha obra entre as tres aulas, será unha peza de Carlos Labraña, que aínda está en proceso de creación. Eles sacarán adiante a dramatización do borrador. Esta peza ten un valor especial pois a persoa que da nome á nosa biblioteca a fixo pensando en nós, nas personaxes que vemos a cotío cando entramos nas distintas salas. Agradecer a Carlos Labraña e á rapazada que pon todo o seu empeño en mellorar día a día. E sen deixar de rir e disfrutar!
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL |
Xa chegan as vacacións e ler é unha actividade de ocio ben divertida. Quen quere viaxar coa imaxinación? Aquí as recomendacións lectoras da BE Carlos Labraña.
|
PATIOS VIVOS - DÍA DA INFANCIA |
O 20 de novembro é o Día da Infancia.
Elas e eles serán os que cambien o mundo, necesitan espazos para medrar, explorar, crecer...
Nos Patios Vivos da nosa escola o alumnado goza de xogo libre e en ocasións, de actividades dirixidas.
Asi descobren como funcionan as máquinas, pequenos insectos, vermes..., as mesturas, as disolucions,
asi achan a ciencia dun xeito placentero e respectuoso co medio e con eles/elas mesmos.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 4 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe é festa! Celebramos o nacemento da nosa ilustre Rosalía de Castro! Con aromas mariños, aquí tedes o cuarto podcast de Música, poesía e estrelas! Un programa noso, feito por familias, alumnado e mestres. A comunidade educativa en pe, berrando poesía! O mellor agasallo para Rosalia, o maior legado para nós. Parabéns Rosalía!!
|
CARTAS QUE VENCEN CANCELAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas23 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns! O programa, Cartas que vencen cancelas, presentado ao
V Concurso de Podcast de Radio na bilblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares en colaboración coa CRTVG (Radio Galega), resultou gañador na convocatoria. A proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao intelectual, escritor, activista político e cultural, articulista, editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego. En breves poderemos escoitar o podcast na Radio Galega a través da páxina do Diario Cultural; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; e por suposto, no blog da biblioteca escolar e nas súas redes.
|
DÍA DAS BIBLIOTECAS #BiblioTEcuida #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A biblioteca é hoxe e tódolos días un lugar para ler, escribir, para imaxinar, inventar e por suposto xogar con e grazas á literatura. Parabéns bibliotecas!
ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
|
DÍA DA DEMOCRACIA |
Para conmemorar o Día da Democracia as diferentes equipas de dinamización fan a seguinte proposta.
Estas son algunhas das actividades levadas a cabo.
|
PODCAST XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS - FAMILIAS NA ESCOLA |
Este podcast xorde da investigación da biografía de Xela Arias, pescuda no seu compromiso coa lingua galega e na loita dos seus dereitos. O alumnado afonda nun período histórico recente e o relaciona coa historia da nosa vila, nese momento. Todo isto da man das familias, coa guía da mestra e da documentación escrita que alberga a biblioteca. Unha rapazada moi pequena, os Vagalumes, coñecen a Xela, unha muller que desmontou barreiras con verbas.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 8 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía! O fai a través do programa Música, poesía e estrelas! Hoxe imos co podcast nº 8. Aledade oídos e corazóns! |
TEATRO CLUB SYLVANIAN FAMILIES #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
A finais do primeiro trimestre o alumnado do Club Sylvanian Families sorprendeunos cunha actividade. Tiñan unha obra e querían facer teatro de sombras e a iso se puxeron! Este o seu primeiro ensaio na aula de teatro! Parabéns mozas e mozos!
|
O alumnado ten a palabra! |
E se onte falabamos do buzón de Percebiño, hoxe vos ensinamos unha nova iniciativa para promover que o alumnado forme parte activa da biblioteca e que saiban que eles e elas tamén teñen a palabra: creamos un buzón de suxerencias! Onde poden plasmar as súas ideas para talleres, solicitar libros que botan en falta... ou o que se lles ocorra, posto que a biblioteca é un espazo de toda a comunidade educativa e así se debe reflectir! Ademais, dicir que foi unha labor na que tivemos unhas axudantas moi especiais: Blanca, Marina e Claudia! Que fixeron un traballo bárbaro!! Moitas grazas rapazas!!
|
NOVIDADES EN FONDOS! #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ven a ollar as novidades e leva a que máis che preste!
|
COCIÑA DE SAMAÍN #Samaín #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O venres o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou diversas receitas de Samaín.
Escribindo e lendo os pasos dun texto instructivo conseguiron realizar unhas creacións moi saborosas.
Aquí están en acción. Hai un anexo en pdf por se queredes probar na casa! A gozar dun Samaín de medo e sabor!
|
DÍA DA ILUSTRACIÓN |
A ilustración é un medio de comunicación, dende a Prehistoria ven agasallando con datos sobre a forma de vida, gustos, talentos... e hoxe, na era Covid é un medio para coñecer e expresar o noso estado de ánimo e deixar saír todo o que temos dentro.
A ilustración na vida non se pode conmemorar nun día, está presente permanentemente, pero os Vagalumes de 1º C quixeron afondar máis no seu coñecemento.
Escolleron un libro: "Alén. A arte de explorar" de Lièbana Goñi, que ademáis de contar unha fermosa historia, ten unhas ilustracións magníficas e nas súas follas podes atopar retallos de moitas obras de arte. A busca de estas obras e o debate sobre o conto, fixo que foran conscientes de que elas e eles tamén son ilustradores cotiás e por que non replicar esas obras? E nesas están!
Ademáis, están creando quebracabezas das obras traballadas no espazo argalleiro da biblioteca creativa. Esta é a primeira remesa. Pódese cambiar o número de pezas, o fondo... A xogar!!
CLICA EN CADA OBRA: AUTORRETRATO CON MONOS - FRIDA KAHLO A PERSISTENCIA DA MEMORIA - SALVADOR DALÍ LABIRINTO - LEONORA CARRINGTON MATERIAL CREADO PARA USO DO PROFESORADO:
|
DÍA DA PAZ #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Valorando a nosa terra berramos alto para sementar a PAZ a cada paso. Unha actividade coordinada por tódolos equipos do centro onde xuntos ilustramos un desexo. Debuxemos a paz tódolos días! Non hai fronteiras! Terra! Tanxungueiras!
Pequena mostra de fondos polo Día da Paz.
|
GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #Axenda2030 #grupos interactivos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos das comunidades de aprendizaxe. Así aprenden xogando e reforzan os contidos traballados na aula.
A biblioteca convértese nun gran laboratorio de aprendizaxe.
Sempre respectando o protocolo Covid.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »