Título | Resumo |
---|---|
ROBÓTICA - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CARLOS LABRAÑA VISITA A BIBLIOTECA! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carlos Labraña é unha figura de referencia en Cedeira, é dramaturgo (aínda que non é ao único que se adica) e a nosa biblioteca leva o seu nome. Moitos o coñecerán pola súa colaboración cos Amigos do Samaín. Chegou o día e tivemos o pracer de escoitar e facerlle moitas preguntas.
Hoxe Carlos Labraña tivo a palabra! Gracias por compartir o teu tempo con nós!
|
CONVITE XORNADA DE MONICREQUES #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN EN CREATIVA CON PABLO OTERO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 6º de primaria xogou coas palabras. Baixo o lema das bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra", realizou dúas experiencias creativas co escritor e ilustrador Pablo Otero.
Está actividade está enmarcada na biblioteca creativa, é unha formación para o alumnado que temos que agradecer á asesoría de bibliotecas. Unha experiencia onde se evidencia que a biblioteca escolar acolle todo tipo de linguaxes (oral, artística, escrita...). Este ano afondamos nas verbas e as súas posibilidade estéticas e creativas.
Pablo Otero, estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É disléxico, pero isto en ningún momento foi un impedimento, senón ao contrario, un reto para profundizar no poder creativo das letras, da súa contorna, da súa estética. Podedes consultar na biblioteca diversos libros ilustrados ou escritos polo autor. Unhas fotografías e un vídeo para ilustrar a xornada.
|
PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA |
Nos Patios Vivos lévanse a cabo diferentes obradoiros e tamén moito xogo libre. Nestas últimas semanas, dous obradoiros tiveron unha repercusión maior. Un deles o realizaron na zona de cociña e auga, onde pelaron e picaron cenouras.
Logo inventaron as receitas máis fantásticas con anaquiños e algunhas herbas da horta. O que para o alumnado era un xogo tiña un obxectivo moi claro, mellorar a motricidade fina de cara á escritura no alumnado de 1º de primaria. Outro dos obradoiros foi o de construcción, con pezas de madeira con forma de triángulos, rectángulos e cadrados que poden dar lugar a diversas edificacións, mundos imaxinarios.
A rapazada non defraudo, crearon e difrutaron e xurdiron as coleccións por arte de maxia. Usaron a lóxica, traballaron conceptos espaciais, leis de física e melloraron as súas habilidades motrices. Para eles foi xogar, para nós preparalos para a vida. |
SOLEDAD FELLOZA NA BILBLIO DO IES - PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O vindeiro luns 20 de xuño, dentro do programa Lectura e Familias e no marco
da elaboración da Biblioteca Humana que se está levando a cabo nas bibliotecas escolares,
agrádanos anunciar a presenza de Soledad Felloza no Ies Punta Candieira.
Esta artista polifacética (actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora...)
sorprenderanos cun taller sobre a lectura.
Porque ler está de moda.
Invitamos ás familias a que acudan ao taller.
Poden comunicalo no WhatsApp indicando o seu nome e poñendo Soledad Felloza
no número 665602142. Turno 1 as 10h e turno 2 as 12h.
|
O MELLOR AGASALLO PAZ E PAN! ANUNCIO NADAL! #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Por un Nadal de Paz e Pan! A rapazada de 1º de Primaria escoita o conto adaptado pola aula de 4ºB, baseado en O Principio de Paula Carballeira. Así deciden realizar a terceira fase nunha lectura "Despois da lectura". Un anuncio que pretende abrir os ollos sobre realides actuais. Sobre as necesidades reais de países e xentes (incluso moi próximas a nós). De que non todo o importante é algo material e que a paz pode conseguirse con un bico, unha conversa, unha aperta, unha mirada ou un sorriso, estas cousas alimentan e sanan os problemas do mundo. Unha semente para todas e todos, pero en especial para os que poden plantar o bosque. Felices Festas! Esta actividade non sería posible sen a colaboración do pai dun alumno ao piano: Antonio Rodríguez Bustabad, a profe de Música: Antía Pita Martínez que realizou a tradución da letra ao galego e a grabación radiofónica, as mestras de 1º de E.P (Dulce, Carlota e María José) e o mellor que temos na escola: as nenas e os nenos!
|
DÍA DA ILUSTRACIÓN - TEXTURAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Escollendo como tema de base a Paz para celebrar o Día da Ilustración,
en plástica, nas seccións bilingües, o alumnado experimenta con diversas texturas.
Estes son os resultados.
O traballo das texturas quizais non se aprecia pero visto en directo é impresionante!
|
DESCUBRIMOS O 2º RETO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois de dar voltas por un lado, por outro, estimar pesos, caídas, estudar tipos de sons e todo o que pode facer, cunha caixa pechada con algo dentro que non podes ver. Desvelamos o contido do 2º reto da Biblioteca Inclusiva.
Era dífícil, ninguén acertou exactamente, pero si moitos se achegaron. O alumnado de 1º foi o encargado de abrir a caixa e ver o que contiña.
A pesares da derrota, foron quen de repoñerse e aproveitar o achado para facer un obradoiro de pulseiras!
|
Os clubes seguen... a pleno rendemento! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como xa vos contamos, o alumnado de 5º leva a cabo dous clubes: I love animals e Sylvanian Families. Tiñan todo perfectamente organizado e plantexado pero chegaron xaneiro e febreiro e con eles, as novas restricións do protocolo COVID coma non poder xuntarse as aulas do mesmo nivel. A pesar de todo, o alumnado conseguiu reinventarse e poder continuar sacando adiante non só un obradoiro senón catro! Fixeron guirnaldas de corazóns, decoraron tarros para usar de candeas, crearon caixiñas e hasta tiveron algunha sesión de tatuaxes!
|
PERSOAS LIBRO - 23 DE MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
23 MAIO - LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sara, Olivia, Marina, Ailin, Miranda e Elena realizan un anuncio na Radio Experimental. Preséntannos as autoras e autores, títulos e sinópse dos nosos libros humanos para o 23 de maio en xornada de mañá.
|
Aprendendo a facer mándalas! #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O noso alumnado ten unha chea de talentos que non dubidan en compartir e, nesta ocasión puidemos disfrutar con Carla dun obradoiro de mándalas moi entretenido no que traballamos esta fantástica técnica artística que axuda a relaxarse, fomenta a creatividade e moito máis. Se vos animades, vos deixamos tamén este descubrimento: Mandala Creator, unha web onde podedes deseñar as vosas propias creacións.
|
PROXECTO INTERCENTROS |
O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA E DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO COMEZAN UN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE A MÚSICA NA NOSA VILA. INFORMAN ÁS FAMILIAS E SOLICITAN A SÚA PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN.
FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN |
RIMAS CON LETRAS NA HORA DE LER! |
Na hora de ler pódense facer actividades moi diversas, pero en ocasións as sorpresas son tan gratas coma esta. Sara, Celia e Martina abaneando a poesía coas súas máns. Poñendo música ás verbas! Gracias rapazas pola vosa creatividade! Gloria Sánchez e as súas Rimas con letras estarán felices de escoitarvos.
|
Novidades recén chegadas! #colección #VoluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa biblio non para de crecer e desta volta tivemos unha chea de novidades dentro dos fondos que o alumnado voluntario axudou a rexistrar e colocar. Traballaron arreo para que poidades desfrutar dun montón de novos títulos que estamos seguros que vos encantarán! Asique non dubidedes en pasar a botar unha ollada!
|
PROXECTO INTERXENERACIONAL "Naturalmente aprendendo!" #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa escola atópase mergullada nunha contorna natural chea de cousiñas por descubrir. Son moitas as especies de animais e plantas que podemos ver nun simple paseo e que ás veces non somos quen de ollar ou de percibir sexa por descoñecemento, por non darlle importancia ao ser cousa habitual ou polo simple ir e vir da vida de hoxe que cada día se fai máis rápida e non nos deixa pararnos a pensar, observar ou apampar. Temos multitude de fauna miúda, paxariños que cantan ao noso paso, flores únicas, unha reserva mariña ou simples felgos, que por non ser tan simples sobreviven dende a Era Terciaria.
Co obxectivo de reconectar e de tecer redes interxeracionais queremos fomentar o encontro e o intercambio de coñecementos e valores cun proxecto de traballo que vén da man da nosa biblioteca. Trataremos de tomar tempo e observar a natureza: ulila, escoitala, explorala, prestarlle atención e descubrir un mundo cheo de vida.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2023 #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #UnhaBEenViñetas #mercaencedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 4º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
O PODER DAS PALABRAS #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dúas mestras do equipo de biblioteca realizamos un Erasmus Plus en Pistoia. Chegamos con ideas renovadas e libros! Gracias ao alumnado de 1º de Educación Primaria, hoxe dámoslle voz á primeira historia. Unha historia que está enmarcada no Día da Infancia e que será o comezo de algo fermoso! Escoitade a historia e estade moi atentas e atentos! En breves teredes novidades!
|
A ESTRELA DE ROSALÍA - OBRADOIRO STEAM - A MULLER, A NENA E A CIENCIA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A Unión Astronómica Internacional rebautizó en 2020 a estrela HD 149143 co nome da escritora galega máis universal, a nosa Rosalía de Castro. Este 23 de febreiro quixemos reinvindicar o gran papel que teñen nenas e mulleres na ciencia realizando un obradoiro. Traballamos as constelacións, observamos a de Ofiuco e deseñamos un catalexo á nosa maneira. Para poder albiscala debemos mirar cara ao norte a partir da 1 da madrugada. Desde ese momento, e ata a saída do Sol e o seu brillo, o astro será visíbel no horizonte. A medida que nos acheguemos á primavera, a situación da estrela de Rosalía no ceo irase movendo cara ao sur, e despois ao oeste. Así, ao longo de marzo, só haberá que agardar á medianoite para vela erguerse no ceo co paso das horas e indo cara ao sur. Arredor do solsticio de verán, será visible durante as horas de noite.
Pero este non é o primeiro lugar que leva o nome da nosa ilustre escritora fóra da Terra. Desde 1994 xa tiña un cráter en Venus, concedido no marco dunha campaña para bautizar con nomes de muller os accidentes xeográficos deste singular planeta.
|
BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
"VENTO A FAVOR, PALADAS DE VIDA" DE CANDELA MARTÍNEZ PERNAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Vento a favor, paladas de vida" de Candela Martínez Pernas.
Remarlle á vida, tirar para adiante. Como o deporte che pode ensinar doutro modo.
As metas son infindas e buscar outras novas é o que che fai seguir máis alá.
O día 9 de xuño as 11h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
LEGO WEDO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de terceiro realiza un obradoiro de LEGO WEDO.
|
LECTURAS COMPARTIDAS DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade |
O alumnado de 6º e 1º de primaria xúntanse para ler lecturas inclusivas.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »