Título | Resumo |
---|---|
23 MAIO - LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sara, Olivia, Marina, Ailin, Miranda e Elena realizan un anuncio na Radio Experimental. Preséntannos as autoras e autores, títulos e sinópse dos nosos libros humanos para o 23 de maio en xornada de mañá.
|
LECTURAS COMPARTIDAS DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade |
O alumnado de 6º e 1º de primaria xúntanse para ler lecturas inclusivas.
|
"UNHA HISTORIA DE VOLUNTARIADO EN HONDURAS" POR MIÑO GUERREIRO - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 16:00 h. Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 3 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As verbas saen dos nosos beizos e seguimos adicando poesía. Nestas datas Rosalía e a Radio Experimental son protagonistas. Aquí vai o noso terceiro podcasts do programa: Música, poesía e estrelas! Continuade nas ondas!
|
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER #8M #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta semana nos recreos de biblio podes investigar sobre mulleres que marcaron a historia. Unhas aparecen nos libros outras, a meirande parte, son descoñecidas para moitos. Empodérate e dalles voz!!
ONU DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
|
"VENTO A FAVOR, PALADAS DE VIDA" DE CANDELA MARTÍNEZ PERNAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Vento a favor, paladas de vida" de Candela Martínez Pernas.
Remarlle á vida, tirar para adiante. Como o deporte che pode ensinar doutro modo.
As metas son infindas e buscar outras novas é o que che fai seguir máis alá.
O día 9 de xuño as 11h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son
illas, son oasis, son espazos entornados,
silenciosos, en que podemos camiñar entre o
pasado e o futuro. Espazos que acubillan os
artefactos perfectos que nos conectan coa
eternidade.
Desde os andeis das bibliotecas os lombos
chaman a nosa atención.
Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,
nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha
imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza
creativa.
Con esa materia prima necesaria, o editor deulle
forma: alquimia.
Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e
actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección
do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria
gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os
roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar
imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.
Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.
Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.
Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez
e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial
que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.
Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros
complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,
aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso
o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca
do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.
Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre A viaxe de Percebiño!
Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!
|
BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
ERASMUS SUECIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris, compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia. Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.
Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións, aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.
Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado senón tamén pola emoción da próxima visita.
|
MARES DE CEDEIRA MUSEO - A NENA E A CIENCIA #11F #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mareas, ese foi o título co que comezou unha tertulia levada a cabo polo Museo Mares de Cedeira, onde representaron os efectos da Lúa na producción das mareas. Foron tantas as preguntas da rapaza e tal o interese que o tempo estipulado quedábase curto. Gracias Mares de Cedeira por traer ciencia á escola.
|
OBRADOIRO DE CALCETA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carmen, Basma, Candela e Sabela, alumnas de sexto, levan varios días impartindo un obradoiro de calceta.
Motricidade fina, coordinación, orientación espacial, lateralidade... habilidades todas necesarias para a lectoescritura. Realizan unha peza artesá, pero é moito máis que iso o beneficio que están ofrecendo. Gracias rapazada por ofertar calidade, patrimonio e tradición.
|
CLUB DE LECTURA - "Chocolate con Libros" #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os diferentes Clubs de Lecturas formados por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, rematan este trimestre con lecturas moi diversas:
La isla del tesoro Un amor de libro Tow Sawyer El mar de la imaginación ¿Quieres ser el novio de mi hermana? Entre outras.
|
UN LUGAR PARA A EXPERIMENTACIÓN - PATIOS VIVOS - #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Redescobrer a terra, atopar un espazo para expresar, para atender á curiosidade, ver pequenas especies, construír comunidade dende o coidado mútuo e a solidaridade.
Todo iso é máis aportan os Patios Vivos.
|
FUNCIÓNS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA A #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A rapazada debece por participar na actividade de voluntariado escolar. Temos as preinscripcións abertas para quen desexe participar. Alumnado de 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria. Recordamos que se necesita autorización familiar, en breves recibiredes a documentación. Aportamos infografía para coñecer as labores do voluntariado.
|
SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Servizo de Voluntariado Europeo promove dende hai anos que persoas de diferentes orixes e culturas se reúnan, coa finalidade de realizar un proxecto de interese comunitario, no ámbito social, medioambiental ou cultural, como fundamento para construír unha sociedade máis solidaria e inclusiva.
Rebeca daranos a súa visión sobre a súa experiencia en Italia.
O día 8 de xuño ás 10h na Biblio do IES.
|
CREACIÓNS FICTICIAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado segue sorprendendo cos seus obradoiros, desta volta Xabier de 4º de primaria, organizou unha actividade cos Legos. Este é o cartaz que realizou e co que deu difusión á actividade.
Creatividade, organización, deseño e planificación todo mediante o xogo.
Arte e imaxinación ao poder!
|
EXPERIMENTO REPRODUCIÓN PLANTAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto anda a experimentar polo mes das ciencias. Reprodución sexual e asexual das plantas, necesidades... Realizaron diversas hipóteses sobre que pasaría coas sementes dendo de terra ou auga, metidas nun globo (a modo de crear o efecto invernadoiro). Plantaron un xeranio pola técnica agricultora do gallo. Colocaron sementes a diferentes profundidades... fixeron moitas hipótese. Agora toca esperar e probar ou refutar.
|
GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #PlanLIA #Axenda2030 #FamiliasnaBE #bescolatesgal #bescolaresgalabertas |
Ramón Flecha, catedrático da universidade de Barcelona é o creador do proxecto das comunidades de aprendizaxe. Dentro delas, temos aos grupos interactivos, que pretenden reducir conflitos e o fracaso escolar. Apostando polo diálogo como forma de enriquecemento. Pero non son polvos máxicos é ciencia.
A investigación INCLU-ED, realizada en 15 países, entre eles España, demostrou que ante diversas formas de organización de aula, os grupos heteroxéneos con familias voluntarias dan os mellores resultados de aprendizaxe e convivencia (pese a que a pandemia estragou a súa presencialidade, pero volverán).
Os grupos interactivos:
- AUMENTAN O NIVEL DO GRUPO.
-REDUCEN CONFLITOS.
O potencial da familia no entorno escolar, é un recurso que non se pode desaproveitar. Fai uns anos que se realizan na biblioteca, dependendo do curso, semanalmente ou quincenalmente. E tamén se empezaron a incorporar na formación de usuarios da biblioteca do inicio do curso.
Hai uns 5 grupos cooperativos na biblio que rotan cada 20 minutos. En cada espazo da biblioteca hai 5 actividades diferentes organizadas. En cada espazo hai un familiar adulto voluntario que se asegura de fomentar o diálogo igualitario, asegurándose que todos dan a súa opinión. A súa función é dinamizadora e o mestre programa, organiza e está presente guiando e atendendo onde xorden dificultades. Os voluntarios son moi bos reforzadores e cada un pode aportarlle diferentes modelos ao alumnado.
As familias voluntarias reciben un par de tardes de formación e asinan un contrato de confidencialidade.
|
OS VAGALUMES EN: "ESTRELA... FUGAZ?" DE CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Trinta e dous meses pasaron da montaxe desta obra tan peculiar, unha obra representada nun estado de alarma. Este venres 13 celebramos que o texto brillara.
Carlos Labraña está de parabéns e nós tamén, a súa obra está publicada. Non hai mellor momento para agradecer, agradecer ás familias e a esta promoción de Vagalumes
(agora xa en 1º da ESO) a súa infinita colaboración: aportando ideas, creando xuntos ás súas fillas e fillos atrezzo, disfraces, debuxos, grabando audios e facendo que todo isto viaxara polas canles necesarias para centralizar a información e poder facer unha edición da obra na que non nos podíamos xuntar. Agradecer a Diego Cheda, as súas ilustracións que dan vida ás personaxes. E por suposto, agradecer ao artífice de todo, Carlos Labraña, xa que son os seus textos os que proporcionan divertimento, aprendizaxe dramático e sobre todo temáticas controvertidas cheas de sensibilidade. Se quedastes sen ver a obra podes aproveitar agora.
Tamén podes coller as obras de Carlos Labraña na biblioteca e se queres tela en posesión xa está editada e a venda nas librerías da vila!
|
DESPEDIDA VOLUNTARIADO #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos a un alumnado que formou parte da nosa equipa de biblioteca. Unha rapazada que deu vida día a día á nosa biblioteca. Xuntos fixemos que esta maquinaria funcionase. Elas e eles agasallan co seu tempo e traballo para que todos gocen de recomendacións lectoras, organizan obradoiros, controlan préstamos de aparellos tecnolóxicos, xogos didácticos, libros... Son a alma da biblio. Gracias rapazada por acompañarnos nesta aventura!!
En recoñecemento pola súa labor un certificado, un bolígrafo de madeira de Percebiño e unha mochila. Parabéns rapazada!!
|
VOLUNTARIADO |
Recén saída a convocatoria para o voluntariado na biblioteca informámos ao noso alumnado sobre os dereitos e os deberes que conleva colaborar nesta tarefa. Este ano escolar, por mor da Covid19, poderá participar tamén o alumnado de 3º e 4º. |
UN PROCESO COMPLETO, da sembra áo xabrón de lavanda #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Voltemos atrás, fai 40 días o alumnado de sexto de primaria recolleu a colleita de lavanda, a desgranou, a mesturou con aceite e despois do tempo agardado e de xeito diario movendo e batindo para acadar unha boa mestura, prepararon o aceite de Lavanda.
O coaron e deixaron limpo e filtrado para facer o xabrón.
Un día despois, puxéronse mans a obra e comezaron por quentar pastillas de xabrón de glicerina ao baño maría e engadiron unhas gotiñas de esencia do aceite de lavanda (obtida da plantación na horta e recolectada ali mesmo).
Posteriormente, remexeron e coa axuda de pipetas foron enchendo uns moldes de silicona con formas, para que cando arrefriasen a empaquetasen individualmente.
Cada un levará unha mostra para agasallar na casa a quen eles e elas dispoñan! Un proceso completo que chega ao seu fin.
Destaca a capacidade de discorrer, tomar decisións (nun grupo tan numeroso de persoas), ser pacientes e constantes: estiveron cuarenta días removendo día si e día tamén. Mil parabéns a esta rapazada! Recursos de Polos Creativos e da biblioteca.
|
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado de biblioteca de 4º de primaria recibiú formación de radio para mellorar as súas competencias neste medio.
Laboratorio de radio foi o encargado da formación. O alumnado aprendeu a importancia da respiración, os distintos tons, creou, engadiú sons de creación propia, gravou e locutou...
Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.
|
INICIATIVAS DO NOSO ALUMNADO - CREACIÓN DE CLUBS - #Axenda2030 #bescolaresgal |
Fomentar a autonomía e o espíritu crítico no noso alumnado sempre da froitos. Mostra disto é a creación dos clubs. O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou a súa andaina e son imparables. Na actualidade coexisten dous clubs, os do Sylvanian Families e I love animals.
Dende o primeiro intre, organizaron as normas de pertenza ao club, nomearon presidentas e presidentes, axudantes e creadores dos mesmos. Prepararon os lugares destinados á actividade para que fosen agradables, realizaron xuntanzas nas que tomaron decisións importantes, realizaron cartaces para difundir, trípticos para brindar información, deseñaron as actividades, así como a distribución de diferentes obradoiros e organización do material e dos espazos para a súa realización.
Entre os seus obradoiros: manualidades de Nadal: Papá Noel, renos... con materiais de refugallo. Tamén a realización de proxeccións referidas a animais e realización plástica dos mesmo.
Por suposto, sempre cumprindo o protocolo Covid. Este alumnado ten o apoio e a supervisión do equipo da BE Carlos Labraña. |
DÍA MUNDIAL DA AUGA - FALADOIRO "O dereito á auga" #DíaMudialdaAuga #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Polo Día Mundial da auga tivemos a visita de Miño Guerreiro, voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras. Realizou un faladoiro sobre o dereito do acceso á auga.
Quedamos con moitas ganas de saber da súa experiencia en Honduras, así que volveremos a velo.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »