Título | Resumo |
---|---|
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A actividade central ao comezo do curso é a formación de usuarias e usuarios da nosa biblioteca. Este curso xa coa ledicia de abrir as portas ás familias. Comezamos refrescando e conversando sobre as normas e actividades que poden gozar na biblioteca e continuamos con tres grupos interactivos (comunidades de aprendizaxe) da man de familias voluntarias que nos agasallaron co seu tempo e bo facer.
O alumnado traballou a identificación dun libro, a CDU e os tejuelos. Sendo Biblioteca Creativa como somos, non podían faltar actividades como maxia, para representar logo na casa e canción tradicional. O alumnado aprendeu e interpretou unha pequena estrofa típica da nosa vila. Para valorar dende pequenos a tradición oral. O empréstito (de libros, xogos, película e música) e a lectura na sala foi outra das actividades.
Creamos unha pequena presentación para a actividade inicial que aquí compartimos.
Recordamos que a biblioteca está aberta ás familias en horario de tarde.
|
Disfrutando nos recreos! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os recreos son unha parte da xornada escolar con moito potencial e na biblio teñen unha chea de opcións para pasar un rato divertido cos amigos e amigas afianzando aprendizaxes case sen darse conta... Por mor dos protocolos COVID temos que organizar por grupos para respectar os grupos burbulla pero todos e todas están esperando con ganas cando lles toca e non é para menos!
|
PISANDO O ESCENARIO CON TRES ANOS! TEATRO #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ser pequeno non é un inconvinte para pisar forte. O alumnado de tres anos deleitounos coas seguintes cancións dramatizadas:"A vaca Lola", "El cocodrilo se metió en la cueva", "Yo tengo una casita" y "El cocodrilo Dante". Todo isto na aula de teatro da escola! Arte, expresión corporal, ritmo, música e ilusión a raudales! Mil parabéns rapazada!! Sodes inmens@s!
|
BIBLIOTECA HUMANA - LUNS 20 DE XUÑO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
HAI LIBROS NA BIBLIOTECA - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Por que as Bibliotecas son e deben ser tan fundamentais para a formación integral das persoas. Abandonamos xa hai tempo a idea das Bibliotecas como espazos elitistas e herméticos. Hoxe en día son lugares de creación, motivación, xogo e experimentación.
Ermitas contaranos a súa experiencia en Suíza.
O día 8 de xuño ás 12h na Biblio do IES.
|
2º e 3º XORNADAS BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O mércores 8 e o xoves 9 de xuño escolle un libro e apúntate no 615143625, mandando unha mensaxe de Whatsapp poñendo o teu nome e apelido e o libro que queres ler/escoitar. Aberto a tódolos públicos. Non perdas a ocasión! Cada libro dura uns 15 minutos e logo terás uns 5 minutos para preguntar e conversar. Cantas veces tiveches a posibilidade de conversar co seu autor/a? Desta volta será na Biblioteca Escolar Punta Candieira, no Ies.
|
AS BRUXAS - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este venres o alumnado de 4º C representará "As Bruxas", unha adaptación do conto de Roald Dahl. En dous pases no Auditorio de Cedeira amosarán o traballo dun ano. Un traballo feito enteiramente por eles: decorados, encargaranse do son... e coa colaboración das familias para os disfraces.
Os inicios comezaron coa lectura do libro e onte mesmo así estaban na biblioteca. Moita merda rapazada!!
|
DOCES DE NADAL - COCIÑA ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta semana foron moitos os cursos que elaboraron doces de Nadal! Aquí unha pequena mostra.
|
CARLOS LABRAÑA PARABÉNS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carlos Labraña, dramaturgo que da nome á nosa biblioteca acaba de recibir un premio nada sinxelo. O primeiro premio estatal dunha obra en galego! Mambrú volveu da guerra unha obra de teatro infantil. A peza reinvindica a importancia da memoria histórica, a través de Xana, a protagonista. Orgullo de escritor e de lingua! A túa biblioteca quere darte os parabéns! Gracias por tanta sensibilidade!
Podedes coller algunhas das súas obras na biblioteca!
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - 5 ANOS E 4º PRIMARIA #DíaDoCómic #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 4º de Primaria e 5 anos gozou da Formación de Biblioteca Creativa da Asesoria de Bibliotecas, sobre banda deseñada. A actividade estivo a cargo de Diego Cheda, ilustrador de tódalas personaxes que forman parte da vida da nosas salas e de dous libros onde elas son protagonistas. Hoxe na biblioteca escoitaron e falaron dos fanzines, realizaron bocadillos, debuxaron a Percebiño, o polbo Ataulfo, a gaivota Casilda... crearon historias e pasaron unha mañá fermosa na compaña de Diego.
|
CLUB DE LECTURA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
PRESENTACIÓN E TITORIAL "A viaxe de Percebiño" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Por fin chegou! Dende o mércores podedes vir coller en empréstito o libro "A viaxe de Percebiño" de Quique Vázquez e Diego Cheda. Ademáis, este martes 31 na Ferira do Libro, teremos a Diego Cheda!
|
II RUTA INTERXENERACIONAL #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Convidamos a toda a veciñanza e á comunidade educativa á II Ruta Interxeneracional (calquera persoa de calquera idade) pola Fraga dos Casás. Nela, Toñito do Barqueiro - Antonio Martínez Pernas, ofertará unha documentación sobre especies da nosa contorna. Recoméndase traer cámara fotográfica e prismáticos (en caso de ter) e a rapazada un caderno de campo. Podedes visitar o seu blog: Cousas do Norte Nesta ocasión o lugar de encontro será a Pizzeria "O Tropezón", pero logo iremos un pedaciño en coche ata preto da Fraga, onde aparcaremos e xa visitaremos andando.
Este roteiro pertence ao proxecto "Aprendendo, naturalmente!", esta é unha das actividades voluntarias fóra do horario escolar.
|
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE #DiaMundialDoMedioAmbiente2022 #UnhaSoaTerra #bescolaresgal #bescolartesgalabertas |
No universo hai miles de millóns de galaxias, na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas, pero só hai unha Terra. Día Mundial do Medio Ambiente. Nacións Unidas.
|
FORMULARIO AMPLIACIÓN BIBLIOTECA #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #VolunatriadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A opinión do alumnado voluntario ten moito valor, por iso vos agradecemos que cubrades o formulario sobre a ampliación de biblioteca. Pode realizalo calquera alumna ou alumno de 5º e 6º de Educación Primaria. Podedes cubrilo dende aquí:
Agradecemos a vosa sinceridade. Gracias!
|
ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O xogo é unha das actividades máis importantes na infancia, por iso na BE "Carlos Labraña" o promocionamos, propoñemos espazos e recursos e afirmamos que unha fonte de aprendizaxe e fomenta as habilidades sociais.
|
CHEMA DE COUZADOIRO, PRODUTOS DA HORTA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Chema de Couzadoiro explícalle ao alumnado de 5º a variedade inmensa de flora que podemos ter na horta, como combinar a súa plantación,
cal é a estación recomendable. Pero non só queda na teoría, senón que
enchen o bancal de produtos deste tempo. Agora toca coidalos, hai que regar
e manter á fauna afastada, pero de xeito natural!
Chema tamén é o home do tempo da comarca, podedes seguilo no Facebook co nome de Meteo Ortegal.
Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"
|
ENCONTROS PLAMBE 2021-2022 #EPLAMBE22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" presente nas xornadas Plambe. Un lugar de encontro para compartir experiencias e continuar unha formación que nunca remata. Pois a escola ten que ir cos cambios sociais, dixitais... coa vida! Unha foto dun intre da xornada e a nosa aportación co obradoiro: Unha carta a Percebiño!
|
OBRADOIROS DOS CLUBS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa |
Os dous clubs I love Animals e Sylvanian Families continúan amosando autonomía e bo facer. Organizan, preparan, difunden e levan a cabo toda clase de obradoiros. Esta é unha pequena mostra dos seus traballos.
|
DURANTE A LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois da primeira parte, antes da lectura, do libro "O Principio" que aborda o alumnado do 4º de primaria. Agora sumerxímonos na segunda actividade, durante a lectura. A proposta comeza coa lectura do libro, pero sen ver libro nin imaxes, sendo a titora a contadora oral do conto. O alumnado bota man da súa sensibilidade e creatividade para crear eles as ilustracións e realizar e na RadioExperimental grabar as súas voces, dando unha nova vida ao mesmo conto da autora Paula Carballeira. Historias que nos achegan a realidades moi próximas pero ao mesmo tempo afastadas, coñecer para querer, para valorar, para axudar, para cooperar, para ser críticos, sensibles, humanos... Agora esta historía, a historia de Paula Carballeira, Sonja Danowski e de todalas alumnas e alumnos de 4º B voará pola biblio e polo cole e de seguro que desa semente saírá un froito.
|
O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 3º B estrenara o próximo 20 de xuño a súa obra "O casamento da pulga e do piollo" na aula de teatro. Aquí os vemos nuns ensaios.
|
PARÍS EN PARÍS - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Un avó no mundo do mar ó que lle chamaban París. Unha experiencia vital traballando en París como profesora de galego na Universidade. Está claro que esta cidade representa moito na vida deste libro humano.
Cóntanos Ánxela…temos moitas gañas de saber.
O día 8 de xuño ás 11h na Biblio do IES.
|
BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS A CIDADANÍA VOLTA Á ESCOLA!! #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A Biblioteca Humana volta este ano con novidades dentro do proxecto "Lectura e familias"!
Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa. Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos consciente do poder motivador que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña, a veciña, o curmán, mamá, papá... veña á escola e forme parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento. Por todas estas razóns e moitas máis, este curso abrímonos á creación dun banco humano para abarcar tres grandes obxectivos:
a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente unha vivencia, experiencia, saber... a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción a facer preguntas sobre o comentado).
b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.
c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática que se solicita co alumnado.
O centro recibíu unha gran dotación de recursos materias de Polos Creativos. Somos moi afortunadas e afortunados pois temos un centro con gran cantidade de material. Agora é necesario sacarlle o máximo partido para aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!!
|
RICITOS DE ORO E OS TRES OSOS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ricitos de Oro e os tres osos é o conto escollido para as vindeiras
tertulias dialóxicas, dentro do Club de Lecturas, o alumnado realiza actividades relacionadas co entroido e a teatrealización da historia que complementan a lectura.
|
DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante esta semana as e os pequenos naturalistas conmemoraron o Día do Naturalismo e realizaron un un mini libro sobre a flora e a fauna da nosa contorna.
Agradecer a Rafael López Loureiro impulsor da iniciativa, ao que hoxe queremos darlle voz a través deste blog, na súa denuncia conxunta con outras asociacións sobre a planificación de parques eólicos mariños no sector noroccidental de Iberia e o que isto afectará as diferentes especies de aves mariñas que utilizan esta zona, así como das aves terrestres que o atravesan nas súas migracións. Para máis información podedes consultar algúns dos blogs: - Sociedade Galega de Historia Natural Agradecer á infancia a recollida da semente, estamos certos que ha agromar!
Engádese o mini libro en pdf para gozar quen o desexe do seu uso.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »