Título | Resumo |
---|---|
FORMULARIO AMPLIACIÓN BIBLIOTECA #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #VolunatriadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A opinión do alumnado voluntario ten moito valor, por iso vos agradecemos que cubrades o formulario sobre a ampliación de biblioteca. Pode realizalo calquera alumna ou alumno de 5º e 6º de Educación Primaria. Podedes cubrilo dende aquí:
Agradecemos a vosa sinceridade. Gracias!
|
PLANTAMOS NA HORTA CON CHEMA DO COUZADOIRO #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º planta na horta acelgas, espinacas e leitugas brancas e moradas. Teñen de axudante a un dos mellores, Chema de Couzadoiro, que lles explica como manter sá a coilleita e a eliminar os caracois da horta, sen matalos, por suposto.
|
2º e 3º XORNADAS BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O mércores 8 e o xoves 9 de xuño escolle un libro e apúntate no 615143625, mandando unha mensaxe de Whatsapp poñendo o teu nome e apelido e o libro que queres ler/escoitar. Aberto a tódolos públicos. Non perdas a ocasión! Cada libro dura uns 15 minutos e logo terás uns 5 minutos para preguntar e conversar. Cantas veces tiveches a posibilidade de conversar co seu autor/a? Desta volta será na Biblioteca Escolar Punta Candieira, no Ies.
|
VISITA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 4º tivo a honra de entrevistarse de primeira man co naturalista Rafael López Loureiro, máis coñecido como Calel. Un naturalista que emana coidado, respecto e re/coñecemento pola natureza. El é o autor das fotografías que leva o Álbum de Flora e Fauna da nosa contorna. Esta rapazada tivo o pracer de saciar tódalas curiosidades que tiñan de cada unha das fotografías, animais, plantas... forma de traballo do naturalista... Pero antes tiveron que pasar unha proba. Estamos moi orgullosos da rapazada pois a superaron sen dificultade e conseguiron saber todo o que era do seu interese. Se queredes profundizar no estudo da natureza, Calel, ten un blog chamado "Ao noroeste, do Noroeste", onde fai publicacións de gran interese naturalista. Pequenas e pequenos naturalistas, vos tamén podedes ser como Rafael López Loureiro, só hai que desexalo, esforzarse, estudar e seguir amando e coidando de tódolos seres vivos. Este álbum é un enredo, para seguir aprendendo. Aquí temos as nenas e nenos de 1ºA. Agradecer a colaboración do Concello de Cedeira e das persoas que fixeron posible este soño!
|
OBRADOIROS DOS CLUBS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa |
Os dous clubs I love Animals e Sylvanian Families continúan amosando autonomía e bo facer. Organizan, preparan, difunden e levan a cabo toda clase de obradoiros. Esta é unha pequena mostra dos seus traballos. |
ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O xogo é unha das actividades máis importantes na infancia, por iso na BE "Carlos Labraña" o promocionamos, propoñemos espazos e recursos e afirmamos que unha fonte de aprendizaxe e fomenta as habilidades sociais.
|
TEATRO SYLVANIAN - V XORNADAS DE TEATRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club Sylvanian Families sacou adiante a súa obra de teatro de sombras. Un traballo feito pola rapazada, organizaron ata o último detalle, crearon cartaces,
entradas, votaron canta decisión tomaron. Alumnado organizado e crítico ao poder.
Un orgullo!! Moitos parabéns!!
|
DESEÑANDO EN CANVA #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cando o alumnado quere realizar un obradoiro ou faladoiro, sempre ten as portas abertas, pero ten que seguir unha serie de recomendacións e sempre dispón da axuda e recomendación do equipo de biblioteca. Unha de esas recomendacións é a creación de cartaces para difundir a actividade que queren levar adiante. Este é un deses momentos, utlizan os ordenadores táctiles para crear na aplicación Canva, dende cartaces ata invitacións.
|
DESPEDIDA CLUBS LECTURA "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Un club de Lectura que leva por nome "Chocolate con libros" tiña que rematar cun gran xeado lendo na praia. Pero o tempo non acompañou. Aínda así non impediú que pasásemos un tempo xuntos conversando, pasando a avaliación do club e falando dunha das nosas paixóns os libros. De agasallo unha bolsa de tea para encher de libros e aventuras neste verán!
|
ÁREAS E PLANO NA HORTA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Profesorado e alumnado priorizan espazos ao aire libre e sácanlles o maior partido. Cálculo de áreas e planos en 5º de Educación Primaria.
|
ANUNCIO RADIOFÓNICO BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 23 de maio comezamos coas lecturas dos libros humanos. Escoitade atentamente o podcast que elaborou o alumnado, collede lápis e papel e apuntade!
|
VIAXAMOS POLO MUNDO |
O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA INICIA UNHA VIAXE PARA COÑECER A XEOGRAFÍA. PARTEN DA NOSA VILA PARA VIAXAR POLO MUNDO. |
"COMA CABRAS" POR NOA LÓPEZ VIDAL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 17:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
Unha historia de saúde mental, sen que asuste. Porque é un mundo do que hai que falar.
|
PROXECTO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA #ABP #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Neste outono tivo lugar un proxecto de inmersión lingüística con sede en León.
Ata alí desprazouse un grupo de alumnas e alumnos para compartir un proxecto sobre como a ciencia pode mellorar o mundo.
Temos aquí unha pequena mostra das actividades realizadas.
Unha experiencia para repetir! |
OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Un obradoiro cun produto natural do noso outono. Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a base dun telar que a modo de xogo desenvolverá a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón os palillos rompen! Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un voluntario ou voluntaria para participar. Ten aforo, pero estará varios días para poder probar todas e todos os que desexedes.
|
MBOT SEMÁFORO PARA A SEGURIDADE VIAL #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa |
Rematamos a Semana da Seguridade Vial coa creación dun semáforo.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, realizou un obradoiro para mellorar as competencias TICs, observar a súa aplicación na vida cotiá e reducir conductas inapropiadas fronte a seguridade vial.
|
QUE CARALLO FAGO EU AQUÍ? DE ANDY BRAÑAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Que carallo fago eu aquí? de Andy Brañas.
Ser sempre o que quixen.
Ás veces non estás onde debes pero o camiño faise andando
e se persegues os teus soños sempre están agardando aí por ti.
E conséguense. Abofé que si.
O día 9 de xuño ás 10h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
PRESENTACIÓN E TITORIAL "A viaxe de Percebiño" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Por fin chegou! Dende o mércores podedes vir coller en empréstito o libro "A viaxe de Percebiño" de Quique Vázquez e Diego Cheda. Ademáis, este martes 31 na Ferira do Libro, teremos a Diego Cheda!
|
VOLUNTARIADO #ODS17 #Axenda2030#aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Bravos e bravas ese voluntariado de 5º e 6º que coordinan actividades nos recreos. Elas e eles adican o seu tempo ás labores da biblioteca: realizan préstamo de libros, xogos, preparan materiais, obradoiros, aconsellan, coordinan...
Traballan cunha biblioteca móbil debido ás restriccións e ao mesmo tempo opinan e colaboran no deseño da ampliación. Ampliación que pretende compensar a brecha que está a provocar a pandemia e utilizar un espazo que a día de hoxe está inutilizado.
|
Provocación QUEN VIVE NO BOSQUE? #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Quen vive no bosque? Baixo esta pregunta xorde un novo espazo de xogo no noso espazo argalleiro. Un espazo para crear, xogar, ler, inventar, provocar, explorar... da man e acompañamento do noso voluntariado todo o alumnado do centro poderá pasar no tempo de lecer. Tamén poden facelo durante titorías ou especialidades coas mestras e os mestres. Podes seguir as instrucións, xogar ou ler. Tedes fondos para acompañar a proposta. Para quen desexe crear ten os materiais nun apartado da mesa.
Idea do obradoiro extraída de Divertoloxía.
|
GRUPOS INTERACTIVOS |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos (aínda sen poder convidar ás familias) pero co mesmo entusiasmo por aprender, colaborar e compartir o aprendido. A biblioteca, centro de recursos e espazo.
Máis información no anexo |
OS NOSOS LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
BIBLIOTECA HUMANA
23 de maio, de 10:00 a 13:00h.
Apúntate a ler un libro humano!
Manda un whatsapp ao 615143625, co teu nome e apelidos
e o título que queres escoitar. Aforo de 10 persoas por libro!
Carlos Labraña 10:00h. Fabiana Feijóo Musi 11:00h
Bibiana Córdoba Piñeira 12:00h Jose de Vigo 13:00h
|
"NO TODO ES SUERTE!" POR JUAN RODRÍGUEZ MARTÍNEZ - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 18:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña"
Apúntate! Aberto a tódolos públicos.
Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,
pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
Unha experiencia de vida para chegar a xogar en primeira división.
|
PISANDO O ESCENARIO CON TRES ANOS! TEATRO #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ser pequeno non é un inconvinte para pisar forte. O alumnado de tres anos deleitounos coas seguintes cancións dramatizadas:"A vaca Lola", "El cocodrilo se metió en la cueva", "Yo tengo una casita" y "El cocodrilo Dante". Todo isto na aula de teatro da escola! Arte, expresión corporal, ritmo, música e ilusión a raudales! Mil parabéns rapazada!! Sodes inmens@s!
|
DOCES DE NADAL - COCIÑA ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta semana foron moitos os cursos que elaboraron doces de Nadal! Aquí unha pequena mostra.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »