Título | Resumo |
---|---|
CLUBES DE 5º #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os dous clubes de 5º de primaria seguen sorprendendo coa súa autonomía e bo facer. Neste trimestre, utilizan os foros creados pola biblioteca para organizar as súas actividades e contactar co resto do alumnado que non pertence á súa aula. Agora, están cos ensaios dunha obra de teatro, creación de monicreques e marcapáxinas. Admirados ante o traballo de Club "I love animals" e "Silvanian Families"!
|
ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria, Duendes, Esquíos e Vagalumes continúan coñecendo a vila e poñendo en valor o patrimonio. Deste xeito, continúan propoñendo actividades para realizar en familia e solventar o non podelas ter máis presentes aínda na aula (polas restriccións sanitarias). Nestes roteiros, as familias teñen que atopar a Percebiño, a nosa mascota da biblioteca, nun lugar da vila, en calquera das súas parroquias. Desta volta, comezan superando un xogo virtual de fuga, sobre a nosa vila. Superado o reto, conseguen pistas para a localización de Percebiño. Comezan presentándonos o reto.
|
DÍA MUNDIAL DA AUGA - FALADOIRO "O dereito á auga" #DíaMudialdaAuga #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Polo Día Mundial da auga tivemos a visita de Miño Guerreiro, voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras. Realizou un faladoiro sobre o dereito do acceso á auga.
Quedamos con moitas ganas de saber da súa experiencia en Honduras, así que volveremos a velo.
|
BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros!
|
PERSOAS LIBRO - 23 DE MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
O PODER DAS PALABRAS #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dúas mestras do equipo de biblioteca realizamos un Erasmus Plus en Pistoia. Chegamos con ideas renovadas e libros! Gracias ao alumnado de 1º de Educación Primaria, hoxe dámoslle voz á primeira historia. Unha historia que está enmarcada no Día da Infancia e que será o comezo de algo fermoso! Escoitade a historia e estade moi atentas e atentos! En breves teredes novidades!
|
EXPERIMENTO REPRODUCIÓN PLANTAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto anda a experimentar polo mes das ciencias. Reprodución sexual e asexual das plantas, necesidades... Realizaron diversas hipóteses sobre que pasaría coas sementes dendo de terra ou auga, metidas nun globo (a modo de crear o efecto invernadoiro). Plantaron un xeranio pola técnica agricultora do gallo. Colocaron sementes a diferentes profundidades... fixeron moitas hipótese. Agora toca esperar e probar ou refutar.
|
ALICIA FREIRE VERA EN ACCIÓN! #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coñecer a Alicia Freire Vera como a estamos coñecendo é un auténtico privilexio. O alumnado voluntario da biblioteca está gozando dunha experiencia que non esquecerá nas súas vidas.
Damos fe, que Alicia tampouco. Ela é unha muller dinámica, non para, ten un nivel de traballo que chega á excelencia.
Na súa cabeza ten todo organizado, planos, montaxe... Fai que a cativada se sinta plena, pois ten moi en conta o que din, os escoita,
agradece as súas aportacións, sabe guialos e eles e elas seguir as súas instruccións. É directora, pero meténdose na pel do que ten diante, sentido ledicias, medos, inseguridades... dándolles o impulso se o necesitan e freando cando é necesario.
Ela ten un Quijote, o seu Sherpa, Juan Ares, o seu compañeiro e axudante, unha peza fundamental.
Esta semana faranse as últimas tomas, Alicia, leva días e horas de gravacións, pero tamén de montaxe. Ela, está a realizar un traballo espectacular, o dunha profesional como o que é. Familias ide preparando panos!
|
BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa estamos na fase final do proxecto "BIBLIOTECA HUMANA". Un proxecto no que as bibliotecas escolares de Cedeira e o Concello unimos esforzos para dar voz ao pobo, porque todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio, reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon, pois todas/os imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade. A nosa rapazada de Antropoloxía de 1º de Bacherelato e o alumnado de 6º de Primaria, están ultimando os preparativos para levar a cabo as lecturas e difundilas.
|
TEATRO SYLVANIAN - V XORNADAS DE TEATRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club Sylvanian Families sacou adiante a súa obra de teatro de sombras. Un traballo feito pola rapazada, organizaron ata o último detalle, crearon cartaces,
entradas, votaron canta decisión tomaron. Alumnado organizado e crítico ao poder.
Un orgullo!! Moitos parabéns!!
|
CREACIÓNS FICTICIAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado segue sorprendendo cos seus obradoiros, desta volta Xabier de 4º de primaria, organizou unha actividade cos Legos. Este é o cartaz que realizou e co que deu difusión á actividade.
Creatividade, organización, deseño e planificación todo mediante o xogo.
Arte e imaxinación ao poder!
|
INICIATIVAS DO NOSO ALUMNADO - CREACIÓN DE CLUBS - #Axenda2030 #bescolaresgal |
Fomentar a autonomía e o espíritu crítico no noso alumnado sempre da froitos. Mostra disto é a creación dos clubs. O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou a súa andaina e son imparables. Na actualidade coexisten dous clubs, os do Sylvanian Families e I love animals.
Dende o primeiro intre, organizaron as normas de pertenza ao club, nomearon presidentas e presidentes, axudantes e creadores dos mesmos. Prepararon os lugares destinados á actividade para que fosen agradables, realizaron xuntanzas nas que tomaron decisións importantes, realizaron cartaces para difundir, trípticos para brindar información, deseñaron as actividades, así como a distribución de diferentes obradoiros e organización do material e dos espazos para a súa realización.
Entre os seus obradoiros: manualidades de Nadal: Papá Noel, renos... con materiais de refugallo. Tamén a realización de proxeccións referidas a animais e realización plástica dos mesmo.
Por suposto, sempre cumprindo o protocolo Covid. Este alumnado ten o apoio e a supervisión do equipo da BE Carlos Labraña. |
38 CONCURSO ONCE #igualdade #ODS #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O camiño que nos torna iguais é o lema baixo o cal o Grupo Social Once convidou a participar aos centros nunha actividade para traballar a inclusión e converter ao alumnado en axentes de cambio. O grupo de 4º C de Educación Primaria saíu gañador coa súa participación.
Dende a Biblioteca "Carlos Labraña" queremos darlles os parabéns! Dende este enlace podedes gozar todos do audio que enviaron.
|
Novidades recén chegadas! #colección #VoluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa biblio non para de crecer e desta volta tivemos unha chea de novidades dentro dos fondos que o alumnado voluntario axudou a rexistrar e colocar. Traballaron arreo para que poidades desfrutar dun montón de novos títulos que estamos seguros que vos encantarán! Asique non dubidedes en pasar a botar unha ollada!
|
POLO CORREO DO VENTO - CIBERSEGURIDADE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas #AMI |
Aprendemos sobre ciberseguridade cunha proposta musical, ilustrada e contada. Tres marabillosos profesionais de "Polo correo do vento" ofrecéronlle, ao alumnado de 4º de primaria, estratexias efectivas para poñer en práctica e non deixarse enganar na rede.
Deixáronnos unha infografía para ollar, recordar e compartir con todas as amigas e amigos.
Pois recalcaron que é moi importante que entendamos que todo o que chega de internet non é fiable, que hai que pasarlle un filtro, alí rapazada e adultos temos moito que facer. E recordade, ter un bo contrasinal!!
|
EXPOSICIÓN FONDOS CIENCIAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasa pola BE "Carlos Labraña" para estar documentado.
Exposición Mes da Ciencia!
|
OBRADOIROS DO ALUMNADO -#bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Uxía agasallounos cun obradoiro de marcapáxinas! Ela cubriú a solicitude para levar a cabo un obradoiro voluntario, sen deixar ningún apartado. Posteriormente fixo o seu cartaz co asesoramento do equipo de biblioteca. Colgouno ca cortiza xunto a un cadro para apuntarse. Orgullo de rapazada que temos que amosa autonomía e bo facer! Parabéns Uxía!
|
DÍA DA MULLER A NENA E A CIENCIA #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto experimenta coa masa e o volume. Cunha das experiencias descobren que a masa de auga non cambia cando cambian as formas dos recipientes. No outro pesan e comparan a masa dunha pedra coa dunha pinza. Calculan a densidade... Aprender facendo!
|
ARQUITECTURA INSPIRADOS NO CASTRO SARRIDAL #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocan. Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey. Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar. De seguro sacará máis dun sorriso!
|
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA - RECURSOS EN GALEGO #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hai recursos que compartir, achégase o Día da Muller, a nena e a ciencia. Ollade que recursos máis interesantes. Toupiciencia: Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas. O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros. Xeoclip:materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.
|
PLANTAMOS NA HORTA CON CHEMA DO COUZADOIRO #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º planta na horta acelgas, espinacas
e leitugas brancas e moradas. Teñen de axudante a un dos mellores,
Chema de Couzadoiro, que lles explica como manter sá a coilleita
e a eliminar os caracois da horta, sen matalos, por suposto.
|
XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS CON PACO VEIGA, ZELTIA LABRAÑA E ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A tarde do xoves foi unha tarde de convivencia para toda a comunidade educativa da escola. Paco Veiga, Zeltia Labraña, Antón Cortizas e a Asociación do Xogo Tradicional Galego de Melide agasalláronnos cunha xornada de xogos e a posterior presentación do seu libro: Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida.
Xogamos moito e tamén conversamos da necesidade de recuperar na vida diaria o xogo tradicional. Podedes baixar no Play Store do móbil, a súa app dos Xogos Tradicionais Galegos, onde irán engadindo xogos. Na biblioteca xa podedes ler o seu libro ou mercalo nas librerías da vila.
Así mesmo, podedes ver a súa web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, onde atoparedes unha morea de recursos para o xogo.
Agradecer aos autores/a e á AGXPT por semellante xornada! Ogallá todas foran así e as crianzas recuperasen espazos e xogos.
|
EXPERIENCIAS CREATIVAS CON PABLO OTERO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Baixo o lema das bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra", o alumnado de 4º de primaria brincou coas verbas e realizou dúas experiencias creativas a cargo do escritor e ilustrador Pablo Otero.
Pablo Otero, estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É disléxico, pero isto en ningún momento foi un impedimento, senón ao contrario, un reto para profundizar no poder creativo das letras, da súa contorna, da súa estética. Podedes consultar na biblioteca diversos libros ilustrados ou escritos polo autor. Está actividade está enmarcada na biblioteca creativa, é unha formación para o alumnado que temos que agradecer á asesoría de bibliotecas.
Unha experiencia onde se evidencia que a biblioteca escolar acolle todo tipo de linguaxes (oral, artística, escrita...). Nesta ocasión, Ideogramas e Falsas noticias falsas foron os divertimentos escollidos. Unhas fotografías e un vídeo para ilustrar a xornada.
|
FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos.
Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO.
Ven buscalo!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »