Título | Resumo |
---|---|
"LER PERSOAS, EN VEZ DE LIBROS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 23 de maio celebramos a primeira xornada da Biblioteca Humana. Tivemos o pracer de escoitar catro títulos marabillosos da voz dos seus autores e autoras. Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo, para cando quen queira decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.
Agradecer a Carlos Labraña, Fabiana Feijóo, Bibiana Córdoba e Jose de Vigo todas e cada unha desas verbas.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 7 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Volvemos con outra marea de poesía co noso programa Música, poesía e estrelas! Un programa realizado coas aportacións de toda a comunidade educativa, adicando poesía a quen máis queremos. Aquí o noso séptimo podcast!
|
FORMACIÓN PROFESORADO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os mestres tamén recibimos formación contínua. |
OBRADOIRO DE COLMEAS - BIBLIOTECA CREATIVA |
No mes da ciencia en galego argallamos un obradoiro de colmeas.
En grupos cooperativos de 4 ou 5 persoas o alumnado tivo que ser quen de secuenciar as tarefas, ler as instruccións, chegar a acordos e conseguir un produto final. Pero durante este proceso tiveron que traballar a pinza e o recortado (que mellora a escrita), conversar (expresión oral), buscar a información (isto conleva ler e filtrar os datos, decidir que é o importante e que non).
Aquí un vídeo resumo do proceso.
|
MARES DE CEDEIRA - TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O venres 3 de xuño o alumnado de 2º de primaria representou "Mares de Cedeira" unha obra inédita de Carlos Labraña. Realizada con especial agarimo durante o curso escolar, un texto que foi revisado e corrixido en diversas reunións e tendo en conta a voz da rapazada. Ese pracer e bo facer, non é algo habitual.
Infinitamente agradecidos a Carlos Labraña por permitirnos mergullarnos no seu mundo creativo. A toda a rapazada, profesorado, familias e xente da vila que arroupou a obra e aos seus protagonistas. A Andy Brañas e Pili por encargarse da fotografía. Á biblioteca por ser espazo de ensaio, aínda que non foi o único, pois patios e aula de teatro tamén o foron. E posteriormente chegaron os ensaios no Auditorio, gracias Quique Vázquez.
Non hai verbas para felicitar ás actrices e actores, son inmensas e inmensos. Só recordar, que hai un gran traballo detrás. Moita organización, dramatización, ensaios, conversas, resolucións de conflictos... días mellores e días peores, hai vida. O proceso é espectacular, iniciaron de cero e remataron a mil! Parabéns rapazada!!
Unhas fotografías, mostra dunha das invitacións (todas diferentes e con debuxos do alumnado) e o tríptico realizado para a data. Pois hai que engadir, que todo está feito polas nenas e nenos: atrezzo, invitacións, disfraces... Un gran proxecto!!
|
OBRADOIRO COMECOCOS - ORGANIZADO POLO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aquí temos o primeiro obradoiro deseñado polo noso alumnado. Elena agasallou o alumnado cun obradoiro de comecocos. O primeiro paso foi cubrir a solicitude e explicar o seu obradoiro, material necesario, número de persoas que podían asistir...
Entregou a solicitude e puxémoslle unha data para realizar a formación e un selo. Antes de chegar o día fixo o cartaz, nun ordenador da biblioteca, e unha cunha táboa para apuntarse. Imprimimos e pegamos o cartaz no corcho dos avisos. Así a xente que o desexou puido apuntarse.
Elena, desenvolveu un obradoiro que todas e todos gozaron. Soubo expoñer estupendamente os pasos para realizar a manualidade. Estamos ledos de empoderar ao noso alumnado!
|
OBRADOIRO TAUMATROPOS - MES DA CIENCIA EN GALEGO #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado gozou dun obradoiro que os deixou abraiados. Construiron un taumatropo! En breves máis novidades e non esquezades que podedes facer as vosas propostas!
|
MARES DE CEDEIRA - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CREA O TEU OBRADOIRO OU FALADOIRO! #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Sabedores do voso potencial, xa o tedes amosado en moitas ocasións, queremos propoñervos que deseñedes os vosos propios obradoiros ou faladoiros. Seguro que sabedes facer algo de marabilla: lettering, unha manualidade, un experimento, un actividade de costura, reciclados... Ou falar, diso tamén temos constancia, pero hai temas dos que sabedes a moreas e quedamos pasmados escoitándovos: un animal, un fenómeno físico, unha lenda, o mar, un conto, a recomendación dun libro... Pasade pola biblioteca e apuntádevos! Vos estamos esperando! Todos temos algo que contar!
|
DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #semanadolibro #diadolibro #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Queremos celebrar o Día do Libro e os Dereitos de Autor cun gran agasallo. Aló polo 2020, con todos confinados, nacía "A viaxe de Percebiño", unha historia fantástica escrita por Quique Vázquez e ilustrada por Diego Cheda. Este ano, esa historia cobra vida, poderemos pasar as súas follas, ulir cada páxina, observar as ilustracións... Este 22 de abril achégate á biblioteca e dalle cor!
|
A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA! #Axenda2030 #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
E non será a pandemia quen nola quite! Por este motivo e dadas as novas restriccións, o equipo de biblioteca decidíu establecer un espazo para a conversa, dentro da aula virtual do centro. Neste lugar son ben recibidos todas e todos, a comunidade educativa ao completo: familias, alumnado e mestras/es. Comezaremos con catro foros: dous para os clubes, outro para o voluntariado de biblioteca e outro aberto a toda a comunidade educativa. Agradecemos teñades en conta as normas de uso dos foros e vos identifiquedes con nome e apelido. É imprescindible a lectura e aceptación das normas de uso do foro para entrar en eles. Podedes acceder dende aquí.
|
STEM - CONSTRUCIÓNS - POLOS CREATIVOS #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado pon a en marcha a súa creatividade nas construcións kapla e os imantados. Primeiros contactos co material de Polos Creativos.
|
PROXECTO: ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria continúa poñendo en valor o noso patrimonio. O proxecto "Roteiros en Familia" iniciado o curso pasado, pretende coñecer en profundidade a nosa vila, da man das familias e do profesorado. É unha actividade compartida onde teñen que atopar á mascota da nosa biblioteca, o noso famoso percebe Percebiño! Comezaron enviando unha carta ás familias.
Posteriormente, realizaron na aula virtual un xogo de fuga, onde conseguiron pistas para a localización de Percebiño. No transcorrer do xogo tiñan que documentarse na biblioteca, preguntando a algún avó ou avoa... investigando. Aquí temos a algúns deles na localización. Chegamos a Castro Sarridal!! En breves as súas obras... Parabéns rapazada e familias!
|
9 XUÑO - 3º XORNADA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa voz da rapazada do Ies presentamos a terceira xornada da Biblioteca Humana. Libros contados dende a cercanía e a intimidade. Esta vez vémonos na Biblioteca Escolar Punta Candieira o mércores 9 de xuño.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 9 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Gozade do penúltimo programa de Música, poesía e estrelas! Agradecemos a colaboración de todas e cada unha das persoas que fixeron que isto sexa posible. Poesía no ar! Rosalía no ar!
|
IV CONCURSO DE PODCASTS: POEMAS CRIOULOS! #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega |
Chegou o día! Xa podemos escoitar e difundir o podcast "Poemas Crioulos". Queremos celebrar con toda a comunidade educativa este premio e agradecer a súa colaboración. Todas/os e cada un/unha somos importante e todos temos algo que aportar. Gozade do podcast! |
COÑECES A BE "CARLOS LABRAÑA"? #bescolaresgal #bescolarersgalabertas |
Somos sabedores das dificultades das familias para acudir á nosa biblioteca de xeito aberto, como antes da pandemia, debido ás restriccións. Moitas delas incorporáronse xusto neste período e non saben nin coñecen os espazos dos que gozan os seus fillos e fillas. Queremos poñer un pequeno parche e abrir un buratiño na Biblioteca Carlos Labraña, así podedes ollar como é un Laboratorio Creativo de Aprendizaxe, a nosa biblioteca Lía. Imos recuperar algúns arquivos para amosarvos... Polo 2019 veñen gravarnos dende a Asesoría de Bibliotecas e publican este vídeo tan bonito. Dende aquela xa choveu e a biblioteca sufriú novas remodelacións. Nunha das salas incorporamos ata unha cociña, si na mesma biblioteca non lestes mal, non! Nela tamén hai uns asentos bancadas para escoitar exposicións, autores, contacontos e mesas de montaxe rápida para realizar os obradoiros. As mestras/es e incluso alumnado deseñan estas actividades para poder gozalas todas as semanas. É un espazo que oferta múltiples usos.
Tamén temos un xardín interior para ler, conversar e facer zumes de limón no verán!
A Biblioteca "Carlos Labraña" está aberta a todo o alumnado e profesorado. Por suposto tamén a toda a comunidade educativa. Temos habilitados uns foros para que calquera persoa que se identifique faga as súas consultas. Tamén podedes facelo a través do correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com ou seguirnos no Facebook ou no Twitter. Nestes cursos buscamos proxectos para ter ás familias moi presentes e achegalas o máis que nos permiten, como é o caso da Biblioteca Humana e que vos convidamos a participar. Confiamos que para o vindeiro curso, o burato se abra totalmente deixando que a vosa marea nos inunde e que as portas abertas para as familias sexan a nosa nova realidade.
|
Expoñendo a ciencia |
Xa estamos en novembro, mes no que dende Bibliotecas escolares de Galicia se impulsa a celebración do Mes da ciencia en galego polo que Ataúlfo, o noso polbo favorito, xa ten nas súas patas un montón de recomendacións moi chulas en relación a esta temática polo que... si estades pensando en experimentar, argallar ou descubrir os segredos da ciencia, non dubidedes en botar unha ollada!!
|
LECTURA EN FAMILIA DENDE OS COMEZOS! #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
O noso alumnado máis pequerrecho tamén goza en familia da lectura. Luns e xoves levan unha bolsiña cun tesouro para as súas casas: un conto e un xogo relacionado coa temática. Unha actividade que realizarán cos que máis queren para fomentar o pracer pola lectura, deixar voar a imaxinación, crear novas historias e gardar estes intres como tesouros. Pois sen darlle importancia estamos creando bos cimentos cara a lectoescritura, deixando que as emocións xoguen un papel vital como en calquera aprendizaxe.
Os xoves as bolsiñas voltarán cheas de novas historias e vivencias. Espallade pitufiñas e pitufiños!
|
Día do teatro #teatrogalego #Teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O teatro sempre está presente na bilblioteca, ten o seu espazo creativo, pero tamén hai aulas que utilizan esta arte para fomentar a lingua galega, a expresividade, perder medos e vergoñas, aprender a traballar en gran grupo, sendo todos un. Así crean compañías que sacan adiante pezas teatrais. Este ano o alumnado de segundo de primaria, leva traballando arreo no texto e xa comezan co atrezzo. Nesta ocasión representarán unha obra inédita, escrita por Carlos Labraña, dramaturgo da nosa vila que da nome á nosa biblioteca. É unha honra representar unha peza feita coas mascotas que acompañan as nosas vivencias na biblioteca.
Tamén alumnado de cuarto de primaria prepara unha adaptación das Bruxas de Roald Dahl. Poderedes ver as estreas no mes de xuño! Esperámosvos!
|
POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Proposta obradoiros de postais.
Hai que poñer moito amor e creatividade.
O destinatario será calquera amig@ do centro.
Estas son algunhas fotos das creacións.
Artistas!! Felices Festas! |
SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado. Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.
Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.
Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos roces pois quería participar máis xente da apuntada,... Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.
Parabéns rapazada!
|
PARABÉNS ROSALÍA!! #DiadeRosalia #_rdc_2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe asistimos á lectura de poemas de Rosalía. Realizado pola Biblioteca López Cortón e o Concello de Cedeira. Un acto especial, tanto pola data dun referente como tamén por ser o primeiro no que facemos unha saída a un acto público.(*) Ogallá, as raiolas veñan para quedarse! (*) No acto gardáronse tódalas medidas de seguridade establecidas no protocolo.
|
2º RETO BIBLIOTECA INCLUSIVA #biblioinclusiva #bescolaresgal |
|
Volcáns ao noso xeito! |
Hoxe, derradeiro día de este mes da ciencia en galego, vos queremos deixar unha pequena mostra do ben que traballa o alumnado desta escola. Como é obvio, o volcán da Palma entrou nas conversas do día a día das aulas dende o inicio de curso e moitos grupos non quixeron deixar pasar a oportunidade de aproveitar para achegarse a este fenómeno natural e, por suposto, a experimentación tiña que estar presente xa que é un método maravilloso para descubrir o mundo que nos rodea mentres que desenvolvemos o pensamento científico, traballamos en equipo...
Aquí vos deixamos un Genially coa mostra do traballo de diferentes aulas para que as imaxes falen por si mesmas pero xa vos avanzamos que foi unha gran experiencia!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »