Título | Resumo |
---|---|
LECTURA E FAMILIAS "Libro de familia" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este curso escolar, as bibliotecas escolares (BE Punta Candieira e BE "Carlos Labraña) xunto co Concello de Cedeira, aunamos esforzos para poñer en marcha o proxecto: Biblioteca Humana. Este proxecto foi seleccionado dentro da convocatoria de "Lectura e familias".
A BE "Carlos Labraña" é unha biblioteca LÍA e entre outras actuacións incide no desenvolvemento de experiencias de lectura para toda a comunidade escolar. A experiencia creativa "Libros de familia" a cargo de Pablo Otero, permitiú traballar historias cunha inmensa carga emotiva e crear un libro obxecto.
|
Percebiño responde... |
É algo coñecido por todos e todas que a Percebiño encántanlle as palabras, as boas historias... e por suposto, as cartas! Por iso, retomamos unha das dinámicas máis especiais: Cartas a Percebiño! É dicir, o lugar onde se xuntan inquedanzas, dúbidas, pequenas historias, anécdotas e moito mais... en formato escrito e cun destinatario moi especial: Percebiño. Como vedes nas imaxes xa funciona a pleno rendimento e sabemos de algúns e algunhas que incluso tiveron xa carta de resposta! Asique para que vos animedes os que aínda non escribichedes... aquí vos deixamos os pasos!
E, por suposto, na escola toda actividade ten a súa razón de ser polo que deixamos adxunto a fundamentación pedagóxica. Non esquezas facer un borrador e logo pasar a carta a limpo. Incluímos un modelo, pero tamén podes apuntarte ou pasar pola biblioteca para coller o formato de carta que máis che guste!
|
PROXECTO: CEDEIRA É UNHA VILA! #ABP #ALFIN #AMI #Axenda2030 #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria investiga sobre o noso concello, o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución Española.
A biblioteca Carlos Labraña é un lugar de pesquizas e creacións. O producto final é a creación dun lapbook para recoller toda a información.
Posteriormente, aproveitan a celebración da Constitución para visitar o Concello de Cedeira. Alí ven as instalacións, coñecen a persoas que traballan no Concello, preguntan polas súas funcións, sentan na sala de pleno e realizan unha serie de preguntas preparadas na biblioteca. Deste xeito, relacionan contidos aprendidos dun xeito práctico e vivenciado.
Materias creados pola mestra Dulce e o blog de amestraCris.
|
BIBLIOTECA HUMANA - PROXECTO INTERCENTROS |
As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial, reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon, pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.
Este ano o Proxecto intercentros consiste na creación dunha Biblioteca Humana. Un encontro entre lectores e libros humanos, unha experiencia de transmisión oral e cultural. A Biblioteca Humana presenta a oportunidade de 'tomar en préstamo' a persoas co obxectivo de achegalas, valorando as historias, os coñecementos que nos habitan e nos constrúen. Nas Bibliotecas Humanas existentes a xente le persoas, que son prestadas polas bibliotecas, con datas acordadas, durante 10 ou 30 minutos, aproximadamente: os primeiros 20 minutos a persoa/libro conta a súa historia e nos últimos 10 a(s) persoa(s) que escoitan teñen a oportunidade de conversar sobre o escoitado.
Convidamos a todas e cada unha das persoas a tecer redes compartindo a súa experiencia. Tomádevos un tempo para ler a carta. e despois cubride o formulario.
Posteriormente, con todos os libros humanos voluntarios as bibliotecas brindarán asesoramento para crear a portada do voso libro vivinte e axudarán na creación dun breve resumo do que ides contar, como a sinopse dun libro escrito. Feito isto poderiamos realizar unha xornada de encontros.
|
Coronavirus - #euquedonacasa |
Ante o estado de alarma, "suspéndense as clases lectivas dende o luns 16 de marzo e durante 14 días". Pero dende a Biblioteca Carlos Labraña queremos seguir propoñendo actividades didácticas que axuden a levar este encerro necesario dun xeito máis ameno. |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
Xa temos voluntariado na biblio! |
Na nosa biblio hai moito que facer polo que a labor dos voluntarios e das voluntarias é fundamental! Estes días están aproveitando para formarse e ir familiarizándose con algunhas das funcións máis relevantes que terán que facer coma bibliotecarios e bibliotecarias: facer os préstamos, catalogar algunhas das moitas novidades que están enchendo os estantes (coma unha colección enteira de Harry Potter!!)... e a verdade é que o están facendo xenial!!
|
COIDAMOS A TERRA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
As profes de inglés achégannos recursos moi interesantes para aprender a coidar o noso planeta. Tomade boa nota!
|
VERBAS NAS AMÉRICAS #ABEtenapalabra #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Viaxando polo mundo sen moverse da biblioteca o alumnado realizou unha investigación para recoller unha pequena mostra de palabras dos diferentes países onde emigraron os galegos na dictadura franquista. Unha vez máis solicitamos a colaboración da comunidade educativa para facer medrar as palabras.
Podedes enviar a vosa aportación ao correo: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
LECTURA E FAMILIA - PABLO OTERO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este ano a Asesoría de Bibliotecas convocou a primeira edición do programa "Lectura e familias", que ten por obxectivo estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. Na biblioteca sempre pensamos en comunidade, cada vez que deseñamos un proxecto ou actividade. Este ano, estamos no proceso de crear unha Biblioteca Humana coa participación das nosas xentes, un proxecto entre as bibliotecas escolares e o Concello de Cedeira. Comezaremos cunha proposta de formación. Se aínda non estás apuntado podes facelo!
Este venres, imos ofertar un recurso de formación e disfrute en familia, a actividade ten por nome "Libros de familia" e estará a cargo de Pablo Otero.
Pablo Otero, naceu en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego. Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. De seguro será unha gran oportunidade para asistir coa familia á biblioteca!
|
Xornada de teatro escolar |
O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina. Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios.
Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa, manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais, poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade.
Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos! Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña. |
A POESÍA TEN A PALABRA #poéticasdiversasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Lectura de poesía escollida polo alumnado. En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas
métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas
de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir
a poética do máis pequeno e próximo...
Hai moitos ollos no mundo,
ollos ledos e baleiros,
pequerrechos, preguiceiros,
ollos tristes e profundos.
Ollos ollando os abrentes,
ollos con olladas frías,
ollos de noites e días,
olladas de ollos doentes.
Ollos claros e marróns,
azuis, negros, verde escuro,
ollos que baten nos muros,
ollos-corisco e limón.
Ollos das pombas feridas,
ollos limpos, meiguiceiros,
ollos que aluman carreiros,
ollos de olladas perdidas.
Hai moitos ollos na terra,
ollos ollando as olladas
doutros ollos e as moradas
de tantos ollos que berran.
Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro
|
PFPP - FORMACIÓN COCIÑA |
Formación do profesorado, dentro do PFPP, nesta ocasión Cociña: economía circular e alimentación sustentable.
|
OBRADOIRO PASTA DE SAL #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º e 4º de Primaria segue as instruccións e realiza a receita da pasta de sal. Posteriormente realizan figuras para adornar o Nadal.
|
Tertulias dialóxicas |
Os Vagalumes xa están moi adiantados na lectura de "A increible historia da avoa ganster" de David Wallies.
Os nosos moderadores Miguel (aluno) e Diego (familiar adulto) darán remate á ultima tertulia dialóxica por este libro o luns 9 de marzo.
De seguro aparecerán unha manchea de novas proposta de lectura para dialogar, gozar e debater. Agradecer ás familias a súa implicación. |
ANUNCIO NADAL CO COMERCIO LOCAL |
O alumnado de 2º de Primaria (Esquíos, Duendes e Vagalumes) xúntanse para promocionar o Comercio Local, o da nosa vila. Así deseñan un anuncio de Nadal para convencer da importancia de mercar na vila, pretiño, con persoas de confianza ás que vemos tódolos días e sabemos que se preocuparán por cumprir os nosos desexos. Por elas e eles, o anuncio de nadal: No Nadal merca no Comercio Local!
As tendas nas que estamos a diario son importantes para a sostibilidade do planeta. Apostar polo comercio local é sinónimo de posicionarse firmemente do lado da sostibilidade: do consumo responsable, da conservación do territorio, de velar polo medio ambiente. Por iso, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2.030) aos que máis contribúe o Comercio Local son os relacionados co cambio climático. O Comercio Local contribúe de xeito decisivo na diminución da pegada de carbono que deixa cada persoa. Cando o consumidor merca no seu barrio, na súa vila, é moi probable que o faga a pe, reducindo as emisións que proveñen de distintos medios de transporte e diminúe de maneira clara sobre o medio ambiente.
O Comercio Local tamén axuda a loitar contra a desertización rural, xa que a supervivencia destes comercios nunha vila pequena coma a nosa, permiten que teñamos os produtos e servizos de primeira necesidade.
O obxectivo de loitar por unha produción e consumo responsables constitúe a esencia do Comercio Local, xa que o mercar "preto" favorece a substitución do "mercar e tirar" pola de "encher e reparar".
Ademáis, o Comercio Local fomenta a actividade emprendedora de pequenas/os empresarias/os e autónomas/os e xera moitos empregos, cumprindo así outro ODS sobre a loita polo traballo decente e o crecemento económico.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 6 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía! O fai a través do programa Música, poesía e estrelas! Hoxe imos co podcast nº 6. Agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron que isto fose posible. Parabéns Rosalía! Seguide nas nosas ondas, pois isto aínda non rematou. Volvemos o xoves que ven con máis Música, poesía e estrelas!
|
LECTURAS COMPARTIDAS - DÍA DO LIBRO #DíadoLibro2023 #Lecturascompartidas #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta |
Nesta ocasión Catuxa, Leire e Noa escollen un conto para lerlle ao
alumnado de 3 anos. Cambian verbas por bicos e abrazos. Nada tan simple, fermoso e valioso coma unha historia para facer felices ás persoas. Porque iso somos e diso nos alimentamos,
de contos, palabras... Unha iniciativa do alumnado de 5º de primaria que está colmando de felicidade á rapazada máis pequena. Moitos parabéns!
|
A biblio sempre actualizándose! |
A biblioteca é un espazo que non para de actualizarse grazas a suxerencias de mestres/as e da rapazada, melloras que se nos ocorren durante o día a día, actividades que se van demandando... Neste caso vos temos que contar que ademáis de libros novos (que damos fe que están moi solicitados!!), temos dúas cousiñas moi chulas: unha escaleira para facilitar que todo o alumnado que o desexe sexa quen de chegar a parte alta das estanterías e poida disfrutar de todos os libros que queira e, unha ampliación do espazo argalleiro que agora conta cunha zona xenial para carpintería, cunha mesa e moitos materiais adecuados a estas labores! Seguro que en breve vos contamos algún proxecto chulo resultado deste espazo!
|
CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs seguen co seu funcionamento. Pero iso require inspiración e moita organización, creación de foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear. Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos. Parabéns rapazada! Sodes como a marea, poden baixarvos pero volvedes subir.
Unha mostra de I love animals! |
MULLERES NA CIENCIA - INVESTIGAMOS |
Pequena investigación sobre o importante papel das mulleres na ciencia. Creación de banderíns.
|
Aprendemos cós Bolechas sobre o 112 |
Hoxe a clase de 2ºA traballou sobre o 112 cós Bolechas nunha das salas da nosa biblio, aproveitando as novas gradas!
E ao rematar... un agasallo xenial: dous libriños para seguir coñecendo sobre o servicio tan importante que da o 112 e cómo empregalo!
|
DOCES DE AMÉNDOA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CLUB DE LECTURA |
A BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" XA TEN UNHA PEQUENA TRAXECTORIA NO CLUB DE LECTURA. PERO ESTE ANO A XUNTA AMPLIOU A CONVOCATORIA A PRIMARIA E POR SUPOSTO IMOS PARTICIPAR! PABLO, CATA, XABIER E BASMA SON OS ENCARGADOS DE PUBLICITALO NA RADIO.
ESCOITA O SEU ANUNCIO!!
SE SODES DE 4º, 5º OU 6º PODEDES APUNTARVOS NAS TÁBOAS QUE ESTÁN XUNTO AO CARTAZ, NO CORCHO DA BIBLIOTECA OU NO DO AREAL.
BENVIDOS AO VOSO CLUB DE LECTURA! |
DÍA DAS ESCRITORAS - INTERVIMOS O COLEXIO! |
O 18 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar a súa labor, para iso intervimos o centro cuns marcapáxinas realizados por todo o alumnado e expostos á vista de toda a comunidade educativa. Este é o resultado!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »