Título | Resumo |
---|---|
Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo". |
Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). |
FALTAN 2 DÍAS #bescolaresgalabertas #euquedonacasa |
FALTAN 2 DÍAS!
Gracias a todos os que participástedes na actividade de onte, resulta moi agradable ver que vos gustan os contos. Resultou unha maneira divertida de recoller retallos de historias. E falando de retallos… Moitas veces atopamos pedaciños nas historias que nos gustan tanto se quedan gravados na nosa memoria, ou mesmo contos enteiros que os nenos e nenas máis pequenos son capaces de lembrar e reproducir sen fallar nin unha soa palabra… Parece sinxelo, pero…canto tempo lle puido levar ao escritor dese conto, dese libro, desa fábula…escribir ese pedaciño? E canto tempo todo o conto? e…ocorréuselle facilmente, ou por casualidade? Sería se cadra nunha viaxe?… Hai veces que os contos tamén van acompañados dalgún tema musical. Aquí poderiamos aplicar o mesmo que cos textos. Hai cancións de contos que se nos quedan gravadas e ao escoitalas se nos veñen á cabeza os contos que as conteñen. Sucederá o mesmo coa música que cos textos? Amigos e amigas…cada historia é un mundo e cada autor ten os seus, pero nosoutros estes días tivemos unha conversa con Quique Vázquez, e desa conversa saíu este vídeo. Igual nos pode axudar un pouquiño.
E agora, a actividade para o día de hoxe:
Seredes capaces de adiviñar a que contos pertencen os seguintes fragmentos? Pincha na imaxe Gustaríanos adicar o día de hoxe a todos os artistas das palabras… aqueles que as enfían con tanto agarimo e precisión que fan que sexamos capaces de enfundarnos nas historias coma nun traxe perfectamente cosido e rematado. |
Día Mundial do Teatro |
O teatro na Vila de Cedeira ten un longo percorrido. Non podemos esquecer a figura de Fusa Guillén que con asociacións como A Garola, levou o mundo teatral a toda a Vila, creando canteira de artistas. Como é o caso de Carlos Labraña, alumno seu, dramaturgo e persoa que da nome á nosa biblioteca. Alguén sempre disposto a axudar e colaborar con nós.
|
Teatroteca -#euquedonacasa |
A teatroteca do Centro de documentación teatral, pertencente ao Ministerio de Cultura e Deporte de España, ofrece 1.500 obras de teatro.
PINOCCHIO (imaxe da teatroteca)
|
karaoke Ua, Ua, Ua! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe toca cantar karaoke e que mellor que co noso karaoke de A viaxe de Percebiño! Veña queremos escoitarvos dende todas as ventás! |
Recomendación - #euquedonacasa |
Un xogo para previr e asegurar que se lavan acotío.
|
Eu experimento na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Como facer que o metal flote na auga?
|
SONGS AND TALES |
|
Experiencias viaxeiras en 5 anos |
Nas aulas de 5 anos retomaron fai pouco unha dinámica moi chula. Cada semana, un par de alumnos ou alumnas leva en préstamo durante uns días para a súa casa unha mochila que contén un conto pero tamén algún material pensado especialmente para completar a experiencia lectora coa familia. Así, a través desta acividade achéganse á lectura e crece a motivación cara os libros e as boas historias. E, por suposto, unha vez a traen de volta e pasan uns días de corentena, a mochila volve a viaxar! |
Aprender a investigar en 4º |
O alunado de 4º de primaria na súa asignatura Aprender a investigar, programa os Mbots dende os ipads
para que realicen diferentes percorridos, acendan ou apaguen luces das cores asignadas na actividade... etc.
A tecnoloxía está en todas partes e as bibliotecas temos que ensinar a ler nos diferentes códigos que se presentan. A motivación está asegurada.
|
O Coronadiario |
A semana do 8 ao 12 de marzo conmemórase a Semana da Prensa e, o voluntariado da biblioteca participou creando esta exposición que vos ensinamos hoxe. Concretamente, traballaron con prensa escrita escollendo en diferentes xornais novas destacadas relacionadas có coronavirus, a vacinación, o traballo dos sanitarios... |
OS NENOS MOVEMOS O MUNDO |
NO PRIMEIRO TRIMESTRE E CO OBXECTIVO DE AXUDAR AO MEDIO AMBIENTE, UN GRUPO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA FORMA UN EQUIPO DE TRABALLO QUE TEN COMO CENTRO NEURÁLXICO A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA. TEÑEN MOREAS DE IDEAS E GANAS DE FACER COUSAS E MENOS TEMPO DO QUE REALMENTE NECESITAN PARA PODER SACALAS TODAS ADIANTE. ESTA É A SÚA PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN RADIO EXPERIMENTAL. UN AGASALLO PARA TODOS NESTES TEMPOS DE FESTAS EN FAMILIA. ASÍ VIVEN EMMA, MARA, ADRIÁN E LUNA O SEU NADAL. PARABÉNS AO NOSO TÉCNICO DE SONIDO, ÓSCAR! |
Aprendemos a facer préstamos de libros na biblioteca |
|
PAPIROFLEXIA E CORONAVIRUS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe compartimos a historia creada por Loida Fernández. Agardamos que vos guste.
E se vos atrevedes a facelo...compartide!
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
CONTRA O CAMBIO... EU CAMBIO. E TI? |
AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA VILA CONTINUAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DO MEDIO AMBIENTE. APOSTAMOS POLA RECICLAXE, PERO QUEREMOS DEIXAR CLARO QUE O MÁIS IMPORTANTE É A REDUCCIÓN DO USO DE CERTOS MATERIAIS, POR EXEMPLO O USO DO PLÁSTICO. ASÍ ARGALLAMOS UN CONCURSO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. OLLADE AS BASES AO FINAL DA ENTRADA.
DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA PROPUXEMOS UN OBRADOIRO, TODOS OS VENRES, PARA QUEN DESEXE REALIZAR BOCEXOS E MAQUETAS NA XORNADA DO RECREO.
MOITA SORTE A TODAS E TODOS! |
FLORENCIO DELGADO - VERBAS E RADIO #Radionabiblio #poéticasdiversasnabE #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriaran #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este ano o homenaxeado nas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán, cronista, poeta e escritor que tivo que emigrar de Galicia na dictadura de Franco.
Marchou a México onde formou unha familia e continúo espallando as nosas verbas galegas, aínda que non foi fácil e tivo que traballar en mil oficios. Investigando nas súas creacións, atopamos unhas poesías moi creativas e ricas en verbas. E como este ano, a biblioteca escolar ten a palabra, pois decidimos propoñer á comunidade educativa a creación de poemas crioulos.
En que consiste un poema crioulo? Pois tedes que crear un par de versos ou estrofa, con algunhas palabras doutros países a onde emigraron moitos dos nosos avós/as e bisavoas/os e moitos outros familiares, pois todos temos alguén: México, Uruguai, Brasil, Arxentina, Cuba, Venezuela... e escoller un par de palabras típicas destes países, xunto con palabras galegas, creando un par de versos con rima.
Atopadas as palabras e feita a poesía, tedes que enviala nunha mensaxe de audio ao correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com engadindo no texto o voso nome e apelidos e o país de onde escollestes as palabras. Engadimos a ligazón a unha páxina con información e xogos sobre Florencio Delgado. A primavera das Letras, onde atoparedes a biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán e adaptada a un público infantil.
|
Charla: O lixo que nos ameaza! |
Esperámosvos!
|
Chega o composteiro! |
Unha das medidas dentro do proxecto de medio ambiente "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" foi a solicitude dun composteiro ao Concello de Cedeira. Aqui realizando a sua montaxe. Na vindeira semana todo o centro poderá darlle uso. Podedes documentarvos no seguinte pdf.
|
DECONSTRUÍNDO A LUÍS SEOANE |
O Museo de Belas Artes de Coruña aproxima o proxecto Correspondencias pensando en achegar a arte á escola nestes tempos tan complicados. Luís Seoane é o artista escollido e estas son as deconstrucións dos Vagalumes de 1º C. Podedes ver máis creacións clicando na imaxe. |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 2 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aquí temos o segundo podcast para homenaxear a Rosalía de Castro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable, que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo. Parabéns Rosalía!!
|
Obradoiro de baile - #euquedonacasa |
Na última quincena de cole, Aroa e Elisa, viñeron todos os recreos á biblioteca para deseñar un obradoiro de baile. Xa estaban cos últimos retoques no seu cartaz cando tivemos que marchar. Neses dous últimos días de clase, outras compañeiras e compañeiros uníronse ao obradoiro, para poder levalo a cabo con máis soltura. A súa proposta é semanal. Todos os xoves. Intentando continuar coa rutina e sempre que vos apeteza. Aquí vai a proposta! Prepara unha coreografía dunha destas cancións. Se che apetece podes mandar o teu vídeo a un deste enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ROTEIRO: SAN ISIDRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) realizan un roteiro por San Isidro para coñecer o límite entre dúas parroquias.
Durante a saída a rapazada tiña que conseguir tres retos, identificando plantas e cunchas, sempre respectando á natureza.
O reto máis importante era recoñecer e situar o límite natural entre dúas parroquias: Piñeiro e Esteiro, que é o Rego do Medio. Podedes ver a súa documentación no Diccionario toponímico do Concello e da Ria de Cedeira, de Xosé-Álvaro Porto Dapena, na páxina 369-370.
Tamén se aproveitou para colgar os adornos realizados por Baba Marta (actividade que xurde polo interese dun neno búlgaro) e para xogar, crear, imaxinar tan necesario nun ano que deixou de lado a socialización tan necesaria na infancia. |
Día do libro. 23 de abril. |
|
O PERIPLO DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Pasaron xa moitos días desde que Percebiño comezou a súa viaxe polo mundo. Nos vosos barquiños de papel vai visitando lugares moi diversos. Se premedes no mapa podedes acompañalo no seu periplo e engadir algún outro destino (máis indicacións aquí).
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Día Mundial do Teatro |
O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »