Título | Resumo |
---|---|
RECICREA! |
Exposición dos traballos do noso alumnado para o Recicrea. Agora viaxarán para a exposición no Ies Punta Candieira e a posterior decisión do xurado. Moita sorte a todas e todos!
|
8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Poema do libro “Poemar o mar” de Antonio García Teijeiro
“A saúde dos océanos é fundamental para sustentar a vida na Terra” (Ban Ki-Moon, secretario Xeral da ONU dende o ano 2007 ao 2016)
Os océanos son os pulmóns do noso planeta, e ao mesmo tempo son o fogar de milleiros de especies de animais e plantas. Nun curso escolar coma o presente, preocupado especialmente por todas as actividades relacionadas co coidado do medio, o día de hoxe non podía pasar desapercibido. 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos. Unha das actividades que se fixeron nas aulas da escola, foi a seguinte:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ESTAMOS DE PARABÉNS!! |
AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA ESTAMOS MOI FELICES! "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE, RESULTOU PREMIADO NO VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESTA AVENTURA QUE SOÑAMOS HOXE AGROMA, DESPOIS DE RECIBIR MIMOS E COIDADOS DO ALUMNADO PARTICIPANTE, DAS AVOAS, ATURUXEIRAS, FAMILIAS EN XERAL, DIVERSOS AXENTES SOCIAIS E DAS MESTRAS. QUEREMOS AGRADECER A TODOS E TODAS OS QUE PUXERON UN POUQUIÑO DE ILUSIÓN EN QUE ISO FÓRA POSIBLE. COMO SEMENTE QUE PLANTAMOS ESTE ANO ESTÁ MEDRANDO, ESTE ALUMNADO TEN MOITO MÁIS QUE OFRECER, ATENTOS! PROXECTO "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE
|
CONTINUAMOS UN PROXECTO! INTERCENTROS IES E VAGALUMES. |
OS VAGALUMES DESPRÁZANSE ATA A BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA PARA COÑECER AOS SEUS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CAMIÑO. ESTE ANO VIAXAN 1º DE BACHERELATO DE ANTROPOLOXÍA, DE CULTURA CIENTÍFICA E OS VAGALUMES EN 4º DE PRIMARIA. ESPÉRANNOS MOITAS AVENTURAS E DESCOBREMENTOS.
|
Rosalía de Castro |
Os Vagalumes achegan a biografía de Rosalía baseándose na obra da Fundación Rosalía, de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer. Parabéns rapazada! |
Seguimos traballando o corpo... cun experimento! |
Sen case darnos de conta, chegamos xa a novembro, mes que no celebramos o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Na nosa biblioteca podedes atopar un montón de materiais relacionados coa ciencia pero, neste caso, queremos mostrarvos un experimento moi chulo. Nas clases de segundo están traballando sobre o corpo humano e para afondar sobre a respiración e cómo funcionan os órganos relacionados con este proceso fixeron este sinxelo experimento no que se pode observar moi facilmente o intercambio de gases mediante a inspiración e expiración.
|
Exposicións deste mes! |
Fai uns días vos ensinamos a exposición de libros de Rosalía e, nesta ocasión, queremos contarvos outras dúas exposicións que temos este mes! Por un lado, no noso polbo, temos unha pequena escolla de libros sobre mulleres relevantes, có motivo do Día internacional da muller (e que en breves se completará có libro que vos anunciamos aquí!!) e, na estantería, xa podedes ver materiais sobre poesía xa que o 21 de marzo conmemórase o Día mundial da poesía.
|
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS |
UN DOS MAIORES PATRIMONIOS É A FALA, A NOSA E A DA NOSA CONTORNA, A DOS QUE VEÑEN E A DOS QUE QUIZAIS VISITAREMOS. PALABRAS, A BASE DO ENTENDEMENTO! DENDE AQUÍ O NOSO SAÚDO!
|
XOGAMOS COA SÉPTIMA ARTE #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
A proposta de hoxe vén da man das profes de 5 anos.
Coñecedes este xogo?
Parécese moito á zoadeira de botón. É un xoguete que consiste nun disco con dúas imaxes diferentes, unha por cada lado. Ao facelo xirar, as imaxes mestúranse e aparece o movemento. Chámase taumatropo, e pode considerarse un dos inicios do cine. O cine… a séptima arte… Hoxe, amigos e amigas… vai de cine.
Gustaríanos, coma sempre, transmitirvos unha mensaxe nestes días que empezamos a saír á rúa, e decidimos facelo tal que así:
Hoxe podedes escoller entre dúas actividades:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
EXPOSICIÓN E ACTO PROXECTO INTERCENTROS |
QUEDADES TODAS E TODOS CONVIDADOS! |
5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE - PROTOCOLO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
"Contra o cambio...eu cambio. E ti?" é o proxecto anual proposto desde a biblioteca escolar. O obxectivo é concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente e actuar en consecuencia, respectando a contorna máis próxima. Para abordar estas aprendizaxes tomamos como referente o currículo. No 4.º curso de educación primaria atopamos: - Contido e estándar de aprendizaxe da área de ciencias da natureza B4.7. Desenvolvemento de actitudes individuais e colectivas fronte a determinados problemas mediombientais. CNB4.1.3. Elabora protocolos para mellorar os problemas medioambientais da súa contorna. - Contido e estándar de aprendizaxe da área de ciencias sociais B2.20.Desenvolvemento sostible e consumo responsable. Elaboración dunha campaña de concienciación no centro educativo. CSB2.9.2. Propón algunhas medidas para o desenvolvemento sostible e o consumo responsable.
O alumnado de 4.º de educación primaria organizouse en grupos e acordou medidas de actuación no centro escolar para mellorar os problemas medioambientais.
Reuníronse coa directora para achegarlle as súas propostas. E este é o protocolo
O seguinte paso era dar a coñecer este documento a todas as compañeiras e compañeiros do colexio, mais o confinamento fixo que se pospuxera ata... Mirádeo ben, seguro que podedes aplicar algunha destas medidas no voso día a día na casa, na rúa...
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Onde vai a auga que usamos? |
O Concello de Cedeira a través da súa técnica de Medio Ambiente ven de ofertar ao alunado de 4º, 5º e 6º unha charla sobre os sumidoiros e os seus coidados. A vista da súa información, hoxe sabemos de tres hábitos que se están dando na nosa vila que perxudican en gran medida o coidado do noso saneamento. Toallitas, bastoncillos para a limpeza dos oídos e aceite son eliminados no aseo ou lavados, dando lugar a grandes atascos na rede de augas residuais. As superheroínas e os superheroes do medio ambiente serán os encargados de transmitir tan valiosa mensaxe a todas as casas e locais da vila. Esta charla complementa o proxecto de Medio Ambiente "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" Agradecer ao Concello de Cedeira e a Ana por transmitirnos tan valiosa información a través do seu programa: "A ría de Cedeira comeza no sumidoiro"
|
LEGO WEDO 3º B e C |
|
PATRIMONIO INMATERIAL - A REFLEXIÓN PROVOCA UN DEBATE RADIOFÓNICO |
A DISCUSIÓN CON EDUCACIÓN CREA COÑECEMENTO, ENLAZA IDEAS, PROVOCA NOVAS ACTIVIDADES PARA CONSEGUIR INFORMACIÓN. SE CON OITO ANOS SON CAPACES DE ISTO! QUE BO PORVIR NOS ESPERA. BLOG VAGALUMES |
III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - ESTRELA... FUGAZ? #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
"Creo que se nace escritor, pintor ou músico. Nácese coa vocación e en moitos casos coas condicións físicas para a danza e o teatro, e cun talento propicio para o xornalismo escrito, entendido como un xénero literario, e para o cinema, entendido como unha síntese da ficción e a plástica. Nese sentido son un platónico: aprender é lembrar. Isto quere dicir que cando un neno chega á escola primaria pode ir xa predisposto pola natureza para algún deses oficios, aínda que aínda non o saiba. E tal vez non o saiba nunca, pero o seu destino pode ser mellor se alguén o axuda a descubrilo. Gabriel García Márquez
A Convención dos dereitos do neno, no seu artigo 29, recolle como obxectivo da educación o desenvolver as capacidades de cada un dos pequenos e pequenas, ata o máximo das súas posibilidades. Gabriel García Márquez fala do seu xoguete, ese xoguete é a excelencia que cada unha das rapazas e rapaces posúen. A escola é a encargada de descubrila e desenvolvela.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
DEREITO AO VOTO... GRACIAS CLARA CAMPOAMOR!! |
O DÍA 1 DE OUTUBRO CELEBRAMOS UNHA DATA MOI ESPECIAL. FAI 90 ANOS QUE A LOITA DA DEPUTADA CLARA CAMPOAMOR ABRÍU AS PORTAS ÁS MULLERES NO DEREITO AO SUFRAXIO. POR MOITAS MÁIS QUE VIRÁN PORQUE AÍNDA QUEDA MOITO CAMIÑO POR PERCORRER.
Podedes atopar moitos máis libros sobre valores, emocións... na nosa Biblioteca. Ven a visitarnos! |
ROBÓTICA CON DOC |
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS TRABALLA NUMERACIÓN E LECTOESCRITURA CON DOC. PARABÉNS!
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA - INTERCAMBIO CEP LOIS TOBIO |
OS VAGALUMES DE 4º A VIAXAN ATA VIVEIRO PARA COMPARTIR UNHA XORNADA COS SEUS AMIGOS DE CORRESPONDENCIA DO CEP LOIS TOBIO. CONTINÚAN ASÍ, UN PORXECTO INICIADO O CURSO PASADO, ONDE SE COÑECERON A TRAVÉS DAS CARTAS E QUE ESTE VINDEIRO ANO TRAERÁ DIVERSAS NOVIDADES. |
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
DESPOIS DA CREACIÓN DE BORRADORES, CORRECIÓN E PASADO A LIMPO. ESFORZÁNDOSE NA PRESENTACIÓN, AS CARTAS DO 2º TRIMESTRES XA FORON ENVIADAS AO ALUMNADO DE VIVEIRO POLOS VAGALUMES.
|
Contacto Biblioteca Carlos Labraña |
Podes contactar connosco de varias formas: Correo electrónico: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Facebook Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Twitter Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" @beCarlosLabraña |
Benvida biblioteca escolar "Carlos Labraña" |
Benvida dende a "Biblioteca Carlos Labraña" para este novo curso 2020/21. Ola, dende o equipo de dinamización da biblioteca escolar damos a benvida a todo a comunidade educativa do noso centro educativo. Neste curso tan complicado, marcado polas adaptacións ao protocoloco do Covid-19, queremos compartir unas pautas xerais reflexadas no noso protocolo da biblioteca. Un saúdo e vémonos neste blog, no facebook e no twitter da nosa biblioteca. |
TERTULIAS DIALÓXICAS |
OS VAGALUMES CONTINÚAN COAS SÚAS TERTULIAS. UNHA ACTIVIDADE INCLUSIVA NA QUE TODOS SOMOS IGUAIS E ESTAMOS NO MESMO NIVEL. DIVERSIDADE DE ALUMNADO E DIVERSIDADE DE ADULTOS. PRIMEIRO DEBATERON DIFERENTES PROPOSTAS E OLLARON UNHA VARIEDADE DE LIBROS PROPOSTOS POLO ALUMNADO, FAMILIAS E MESTRA.
O MÁIS VOTADO FOI "A INCREÍBLE HISTORIA DA AVOA GÁNSTER" DE DAVID WALLIES. ESTE CURSO SERÁN MODERADORES DIEGO (ADULTO) E MIGUEL (ALUMNO).
A LER, REFLEXIONAR, CONVERSAR, RIR, DEBATIR, GOZAR, VIAXAR, DISFRUTAR, INVENTAR...
|
Symbaloo actividades en castelán -#euquedonacasa |
Actividades en castelán contra o aburrimento. |
FORMACIÓN DE USUARIOS COMO INICIO DUN NOVO PROXECTO |
EMPEZAMOS O CURSO COMA OS ANOS ANTERIORES COA FORMACIÓN DE USUARIOS. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA CONVIDAR ÁS FAMILIAS A PARTICIPAR COS NENOS E AS NENAS EN GRUPOS INTERACTIVOS. FORON REPARTIDOS NOS SEGUINTES OBRADOIROS:
CREACIÓN DUN PLANO DA BIBLIOTECA COLOCACIÓN DUN LOTE DE LIBROS TENDO EN CONTA A CDU MARCADORES PERSONALIZADOS DECORADOS AO SEU GUSTO
AS NORMAS DA BIBLIOTECA NO KAHOOT
LECTURA LIBRE BUSCA DE INFORMACIÓN ATENDENDO Á CDU PERO ADEMÁIS, APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA DAR INICIO AO PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA: A EDUCACIÓN DA CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL.
A MODO DE EXPERIMENTO, ESTRAMOS ENVASES, PAPEIS, PLÁSTICOS... POLO CHAN (iso si, todo estaba limpo), PARA VER CAL ERA A REACCIÓN DOS NOSOS NENOS E NENAS: SE RECOLLÍAN E TIRABAN SEPARANDO PARA RECICLAR, SE NON RECOLLÍAN, SE LLES PRESTABA ESTAR NUN SITIO ASÍ OU NON...
OUTRAS NOTICIAS: CONTAMOS CON NOVOS ESPAZOS, QUE AÍNDA ESTÁN BALEIROS. PERO XA OS NENOS SE ESTÁN AFACENDO A ESTAR NELES: UN XARDÍN EXTERIOR E UNHA NOVA SALA PARA DIVERSAS ACTIVIDADES.
|
STEAM OBRADOIRO "Argalla a túa letra" |
Neste primeiro trimestre, no Espazo Argalleiro, mantivemos un obradoiro semanal para traballar a nosa competencia STEAM. O alumnado de primaria argallou con cravos e madeira o deseño da letra inicial do seu nome, tendo presente o libro escrito por Pablo Otero, "ABC diario". Este obradoiro xurdiu tras a asistencia ás Xornadas de Biblioteca Creativa que leva a cabo a Asesoria de Biblioteca Escolares de Galicia e nas que gozamos dun obradoiro de creación co mencionado ilustrador. Agradecer a José Antonio García a madeira de soporte para este taller. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »