Título | Resumo |
---|---|
SAN VALENTÍN |
Decoración de San Valentín
Na biblioteca hai nova decoración!!! Debido ao mes de San Valentín decorouse a biblioteca con corazóns vermellos, tamén cando colles un libro danche un corazón. Pero só se tes o gusto de ler. Non e só pola biblioteca senón tamén por fóra.
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA) |
PORTAS ABERTAS ÁS FAMILIAS |
AS FAMILIAS XA PUIDERON GOZAR DO SEU ESPAZO PARTICULAR NA BIBLIOTECA E COÑECER O QUE REALIZA O ALUMNADO NELA. DESFRUTARON DE TRES XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ONDE RECIBIRON UNHA PEQUENA CHARLA SOBRE O MATERIAL DO QUE DISPÓN CADA SALA, COMO E CANDO SE USA, OS PROXECTOS NOS QUE ESTAMOS INMERSOS, COMO É O TEMPO DE RECREO, OS PRÉSTAMOS AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS... E PARA QUE TAMÉN TIVERAN UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA PASARON POLOS DIFERENTES OBRADOIROS NOS QUE TAMÉN TRABALLA O ALUMNADO: ESCORNABOTS, LEGO, PANTALLAS TÁCTILES, OBRADOIRO DE ESCRITURA...
|
Recomendacións lectoras nadal 2020/21 |
|
CÁNTALLE A ROSALÍA #EuQuedoNaCasa |
#EuQuedoNaCasa Este luns tiñamos xa organizado o noso karaoke a Rosalía de Castro nos recreos da biblio. E se cantamos desde casa? Cantade baixiño, a berros pola ventá, en parellas, con coreografía... E se queredes compartilo: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Aí van as nosas propostas!
|
RICARDO CARVALHO CALERO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero.
Compartimos este vídeo no que podemos coñecer a súa biografía.
Nestas ligazóns poderedes atopar actividades para aprender máis sobre Ricardo Carvalho Calero.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Voluntariado Obradoiro de manualidades - #euquedonacasa |
Hoxe, na hora do recreo, tocaba Obradoiro de manualidades con reciclados, da man de: Lucía, Lara, Aloe, Carol, Lucía Rodríguez e Alex.
Dende a biblioteca ofertamos as seguintes propostas para quen desexe seguir co obradoiro dende a súa casiña. Algo fácil e motivador: realizar un arco da vella con revistas que peguemos nun papel. Poñer unha mensaxe positiva, por exemplo: Todo vai saír ben! Cando estea seco, pegalo na ventá da casa. Outras opción de deseños con reciclados: Podedes animar con todos os vosos modelos nas ventás das casas e se vos apetece, mandar unha foto a través dos seguintes enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
CRÓNICAS DUN MAR AZUL E NEGRO |
Que vaia a nosa gratitude ás familias e veciños por acompañarnos esta mañá. EMOCIONANTE.
|
O PREGOEIRO DA VILA - RADIO EXPERIMENTAL #bescolaresgalabertas |
O Pregoeiro da Vila, un programa informativo, realizado pola rapazada de 1º de Primaria. Non vos perdades todas as súas noticias, pois neste mes hai moito do que falar!
Uns pequenos intermedios de anuncios publicitarios aderezan a sesión e seguro que son ben agradecidos. Pois nenas e nenos son conscientes dos cambios que estamos vivindo e saben a quen teñen que acompañar. Aínda que só sexan con verbas e cancións.
Un traballo para informar e mellorar a expresión oral, porque aínda que están aprendendo a ler; a entoación, as pausas, o volume, a pronuncia... é algo que tamén teñen que aprender e a radio é un recurso completo para a lectoescritura.
|
CONCURSO DE DEBUXO E FELICITACIÓNS DE ANO NOVO |
O ALUMNADO PARTICIPOU NO TRADICIONAL CONCURSO DE DEBUXO E POSTAIS DE ANO NOVO. GRACIAS A TODOS POR PARTICIPAR!
|
Lendo a Antía Yáñez |
A rapazada de 6º de Primaria, despois de botar un ollo ás recomendacións que se fixeron polo día das Escritoras, decidiron aproveitar a hora de ler para empezar có libro de Antía Yáñez titulado Plan de rescate, gañador do premio Agustín Fernández Paz pola igualdade en 2019! E mirade que concentrados están!
|
EL LIBRO DE LA SELVA. |
UNHA NOTICIA PROVOCA A EMOCIÓN DO ALUMNADO NAS TERTULIAS. EN GALICIA VIVE UN SEÑOR QUE SE CRIOU ENTRE LOBOS! A VER SE O LOCALIZAMOS... CADA VEZ SON MÁIS AS FAMILIAS QUE COMPARTEN AS TERTULIAS E HAI QUE AMPLIAR O ESPAZO.
|
ENTREVISTA A ANTÍA YÁÑEZ #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega. O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela. Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:
O misterio de Portomarín (2016). Galaxia. Senlleiras (2018). Galaxia. O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. Be Water (2019). Cuarto de inverno. A Reconquista (2018). Baía Edicións.
Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros: - Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras. - I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista. - Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego. - III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado. Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela. E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas. Pensándoo ben… Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir... E…como se lle ocorren as historias? E…que fai estes días de corentena? Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias… Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:
Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA EN INGLÉS |
O ALUMNADO DE 3º, 5º E 6º REALIZA DIVERSAS ACTIVIDADES PARA MELLORAR A SÚA EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA EN INGLÉS. ESTA É UNHA PEQUENA MOSTRA.
|
BAILAMOS E PRACTICAMOS INGLÉS "CON MASAKA KIDS AFRICANA DANCING" #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Estes rapaces de Masaka Kids Africana Dancing teñen moito ritmo, non paran! E tamén nos aprenden moitas cousas do coranavirus covid-19, ese bichiño que fai que esteamos na casa. En inglés, claro!
|
FRASES DE CERVANTES NAS PORTAS DAS AULAS |
|
O ALUMNADO DE 4 ANOS VISITOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL |
O VENRES VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL, ONDE POIDEMOS DESFRUTAR DUNHA CONTACONTOS! E, COMO NON, ESCOITAMOS A HISTORIA O BIGOTE DE MIMÍ, ESCRITA POR MANUEL MARÍA.
|
OBRADOIRO DE MEDO - STEAM |
|
PROXECTO O CORPO HUMANO |
O ALUMNADO DE 4 ANOS ESTÁ INMERSO NUN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO. ESTES DÍAS RECIBIRON A VISITA DE TRES FAMILIARES NA NOSA BIBLIOTECA.
A MAMÁ DE LUCAS VEU ENSINARLLES COMO SE COIDAN OS BEBÉS.
COA MAMÁ DE LÍA APRENDERON DISTINTAS PARTES DO CORPO HUMANO.
A AVOA DE NEREA QUE É ENFERMEIRA ENSINOULLES DIFERENTES APARELLOS E O SEU FUNCIONAMENTO. |
TERTULIAS DIALÓXICAS 2º T. |
NOVAS TERTULIAS DIALÓXICAS DOS VAGALUMES E "EL LIBRO DE LA SELVA". UNHA DAS SESIÓNS...
BLOG DOS VAGALUMES: http://vagalumes.net/2019/04/03/tertulias-dialoxicas-2o-t/ |
OBRADOIRO DE POESÍA |
A NOSA VOLUNTARIA, INÉS GARCÍA VERGARA DE 6º A PREPAROU ESTA FERMOSA POESÍA CANTADA PARA CONVIDARNOS A PARTICIPAR NOS PRÓXIMOS OBRADOIROS. DARÁN COMEZO O LUNS 21 DE XANEIRO NO HORARIO DE RECREO. PODEDES PASAR POLA ENTRADA DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA A APUNTARVOS! https://drive.google.com/file/d/1zpCm2ch61Sycw1zpmnT3xgRjG1ALnsNu/view?u... |
ENTREVISTA AO ALCALDE - RADIO EXPERIMENTAL - MEDIO AMBIENTE |
DENTRO DO PROXECTO DA BIBLIOTECA "CONTRA O CAMBIO EU CAMBIO... E TI?" OS VAGALUMES REALIZAN UNHA ENTREVISTA NA RADIO EXPERIMENTAL, AO ALCALDE DE CEDEIRA, PABLO MOREDA, PARA COÑECER CALES SON AS ACCIÓNS LEVADAS A CABO POLO CONCELLO NO QUE SE REFIRE AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. AGRADECER AOS TÉCNICOS MIGUEL E ANXO POLA SÚA COLABORACIÓN E, POR SUPOSTO, AO ALCALDE POR ADICARNOS O SEU TEMPO.
|
CANDELORIA "De festas pola vila" |
A CANDELORIA, UNHA NOVA DATA PARA CELEBRAR, COMO BEN NOS ILUSTRA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO, TEMPO DE APEGOTAS (bromas permitidas que debemos aturar estoicamente) E DE LUZ, CON ENREDOS COMO AS LUMINARIAS. NESTA OCASIÓN ADEMÁIS DO ALUMNADO DE 2º A, TEMOS A PARTICIPACIÓN DAS ALUMNAS DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA. AGRADECER A COLABORACIÓN DA SÚA PROFESORA ROSANA FREIRE CALVIÑO, DE RAFA POR DOCUMENTARNOS, DE MONTOUTO SOUNDMACHINE POLA MÚSICA E CREATIVIDADE, DE QUIQUE VÁZQUEZ E ANDY BRAÑAS, POLO REXISTRO E DAS BIBLIOTECAS POR ESTAR SEMPRE ALÍ!
|
24 Febreiro: Día de Rosalía |
Os libros na biblioteca pódense atopar nos andeis pero tamén contamos con unha zona de exposicións temporais onde temos unha pequena selección de libros arredor das diferentes datas especiais que van sucedéndose ao longo do curso. Neste caso, vos ensinamos obras relacionadas con Rosalía escollidas polo equipo da biblioteca para axudar e acompañar as aulas no traballo o día de Rosalía que tivo lugar o 24 de febreiro (e sabemos que houbo actividades ben chulas!) co gallo do nacemento da autora. |
14 DE XUÑO. DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
O 14 de xuño do ano 1936 constituiuse a CNSE (Confederación Estatal de persoas xordas). Por este motivo, o 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.
As Aulas ao aire tomaron a proposta achegada por unha das familias.
E todo o alumnado aprendeu un pouquiño da Lingua de Signos Española (LSE).
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
OBRADOIROS DE RECICLAXE DE NADAL STEM |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »