Título | Resumo |
---|---|
PROXECTO CORRESPONDENCIA - CONVIVENCIA VIVEIRO - CEDEIRA |
OS VAGALUMES DE 3ºA E UNHA AULA DE 3º DO CEIP LOIS TOBIO DESPIDEN O SEU PROXECTO DE CORRESPONDECIA CUNHA CONVIVENCIA. |
AVALIACIÓN GRUPOS INTERACTIVOS |
AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO IMPLICADOS NOS GRUPOS INTERACTIVOS CUBRAN AS ENQUISAS PARA AVALIAR A ACTIVIDADE E PODER MELLORAR. MOITAS GRACIAS. FAMILIAS VOLUNTARIADO GRUPOS INTERACTIVOS
|
TERTULIAS DO NICOLÁS. O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE |
HOXE INICIAMOS AS "TERTULIAS DO NICOLÁS".
REPRESENTANTES DE DIFERENTES GRUPOS ACUDIRON Á RADIO ESCOLAR.
FALARON DO QUE ACONTECEU ESTES DÍAS NA NOSA BIBLIOTECA.
CONTARON O QUE FIXERON ANTE TREMENDA SITUACIÓN.
E EXPLICARON AS CONSECUENCIAS QUE TEÑEN AS NOSAS ACCIÓNS NO MEDIO AMBIENTE, NO FUTURO DO PLANETA. XA VOS IREMOS CONTANDO.
|
A NOSA BIBLIOTECA CREATIVA! |
ACTIVIDADES REALIZADAS NA NOSA BIBLIOTECA CREATIVA E INCLUSIVA. O LABORATORIO DE APRENDIZAXE QUE ACOLLE A TODOS E TODAS, UN ESPAZO FLEXIBLE CON MATERIAS DIVERSOS QUE OFERTA OPORTUNIDADES PARA ARGALLAR, CREAR, EXPRESARSE E APRENDER. |
APRENDER A INVESTIGAR 4º PRIMARIA |
O ALUMNADO DE 4º COMEZANDO UNHA SESIÓN DA ASIGNATURA APRENDER A INVESTIGAR.
|
Podcast Día da Muller 8 M |
Desta volta cinco rapazas dos Vagalumes empodéranse e realizan un podcast para explicarnos porque celebramos o 8 de marzo. Comentan accións e actitudes para conseguir a igualdade. Aínda queda moito por facer, pero aquí vai a súa aportación! Marina como moderadora da entrevista, Noa, Sara, Elena e Marta entrevistadas. Dende as Bibliotecas Escolares colaboramos co Concello de Cedeira no préstamo de fondos relacionados con esta temática.
Por todas! Mulleres na ciencia. Material para traballar na aula.
|
OBRAS AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
CARA UN ESPAZO CREATIVO. AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA XA COMEZARON! |
CURRÍCULO CEDEIRÉS - "De festas pola vila" |
DENDE A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA POTENCIAMOS A CREACIÓN DUN CURRÍCULO DA NOSA VILA, DE CEDEIRA. CURRÍCULO QUE XA FIGURA NA LOMCE EN DIVERSOS ESTÁNDARES E QUE O ALUMNADO DEBE TRABALLAR. NESTE CASO É UN PROXECTO INTERCENTROS E INTERETAPAS, POIS ADEMÁIS DE PARTICIPAR O ALUMNADO DE 2º A DE PRIMARIA, NEL TAMÉN PARTICIPAN FAMILIAS E O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 2º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA. ESTA É UNHA BREVE MOSTRA DO QUE LEVAN REALIZADO.
|
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR |
UNHA PEQUENA MONTAXE, PARA DEIXAR CONSTANCIA, DO QUE FORON AS II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO. POR MOR DUN PROBLEMA TÉCNICO NA CÁMARA DE VÍDEO, GRAVOU SEN SON, PERO TODOS OS QUE ASISTIRON SON TESTEMUÑAS DO BO FACER DESTA RAPAZADA. PARABÉNS ACTRICES E ACTORES!! |
VERBAS DE CEDEIRA - PROXECTO INTERCENTROS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Antes do confinamento o alumnado de 1º de bacherelato de Antropoloxía e Cuci, xunto cos Vagalumes de 4º A estaban realizando unha recollida de verbas, palabras da nosa vila. Unha actividade integrada no Proxecto Intercentros que o estado de alarma non puido parar. Continuaron este traballo nas casas, escoitando ás familias, solicitando a colaboración de todo o pobo a través do Facebook e en especial de Andrés Toxeiro e Cris Bustabad, quenes compartiron un pequeno esbozo da súa recollida con eles. Esta é a súa colleita, unha colleita de verbas que arrecende a mar, a xente, a vila.
Gracias por pronunciar as cousas polo seu nome. Que as verbas perduren igual que no texto de Pablo Neruda
PALABRAS …Todo lo que usted quiera, sí señor, pero son las palabras las que cantan, las que suben y bajan. Me posterno ante ellas… Las amo, las adhiero, las persigo, las muerdo, las derrito… Amo todas las palabras. Las inesperadas… Las que glotonamente se esperan, se escuchan, hasta que de pronto caen… Vocablos amados. Brillan como piedras de colores, saltan como platinados peces, son espuma, hilo, metal, rocío… Persigo algunas palabras… Son tan hermosas que las quiero poner en mi poema. Las agarro al vuelo cuando van zumbando, y las atrapo, las limpio, las pelo, me preparo frente al plato, las siento cristalinas, ebúrneas, vegetales, aceitosas, como frutas, como algas, como ágatas, como aceitunas… Y entonces, las revuelvo, las agito, me las bebo, las trituro, las libero, las emperejilo… Las dejo como estalactitas en mi poema, como pedacitos de madera bruñida, como carbón, como restos de naufragio, regalos de la ola. Todo está en la palabra. Una idea entera se cambia porque una palabra se trasladó de sitio, o porque otra se colocó dentro de una frase que no la esperaba… Tienen sombra, transparencia, peso, plumas. Tienen todo lo que se les fue agregando de tanto rodar por el río, de tanto trasmigrar de patria, de tanto ser raíces… Son antiquísimas y recientísimas. Viven en el féretro escondido y en la flor apenas comenzada… Qué buen idioma el mío, qué buena lengua heredamos de los conquistadores torvos. Estos andaban a zancadas por las tremendas cordilleras, por las Américas encrespadas, buscando patatas, tabaco negro, oro, maíz con un apetito voraz. Todo se lo tragaban, con religiones, pirámides, tribus, idolatrías… Pero a los conquistadores se les caían de las botas, de las barbas, de los yelmos, como piedrecitas, las palabras luminosas que se quedaron aquí, resplandecientes… el idioma. Salimos perdiendo… salimos ganando. Se llevaron el oro y nos dejaron el oro. Se llevaron mucho y nos dejaron mucho… Nos dejaron las palabras. “La palabra”, Confieso que he vivido,Pablo Neruda (Buenos Aires, Losada, 1974)
|
Hai disfraces!!! |
Neste entroido Percebín e os seus amigos trouxéronnos uns disfraces para que nos recreos os nenos e nenas poidan disfrazarse. Hai disfraces como: Brancaneves Carapuchiña Vermella Lobo feroz Peter Pan ... e moitos máis que ti tes que descubrir!!!
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA) |
GUÍA DE LECTURAS DOS XOGOS OLÍMPICOS |
|
ORGULLOSOS DA NOSA BIBLIOTECA LÍA. 2!! |
CHEGAR A ONDE ESTAMOS NON FOI DOADO, PERO A CREACIÓN DUN GRUPO ESTABLE DE PROFESORADO, SEMPRE ARROUPADO POLO ALUMNADO VOLUNTARIO, LEVOU Á BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA A SER UN REFERENTE. SOMOS UNHA BIBLIOTECA LÍA.2, NA QUE ADEMÁIS DE LER, A COMUNIDADE EDUCATIVA PODE ARGALLAR: COSER, PROGRAMAR, IMPRIMIR EN 3D, DRAMATIZAR, EXPLORAR... INVESTIGAR. DENDE HAI ANOS A VIDA DA NOSA BIBLIOTECA ESTÁ ABERTA ÁS FAMILIAS, AO POBO E ENLAZADA Á VIDA DAS OUTRAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DO POBO, CREANDO COMUNIDADE. INICIATIVAS QUE SE CONCRETAN EN TRABALLOS POR PROXECTOS INTERCENTROS, RADIO ESCOLAR, FORMACIÓN DE USUARIOS, APADRIÑAMENTOS LECTORES.... ASÍ NACERON PROXECTOS PREMIADOS POLA ASESORÍA COMO: "MARES DE CEDEIRA", "DE FESTAS POLA VILA", "CRÓNICAS...", "PEGADAS NA IAUGA". ESTE ORGULLO QUE TEMOS, VÓLTASE AGRADECEMENTO CARA A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, POIS SOMOS CONSCIENTES DE QUE ESE BO FACER FOI RECOMPENSADO CON AMPLIACIÓN DE ESPAZOS E MATERIAL. NÓS CONTINUAREMOS COA NOSA MIRADA FIXA NA AMI (Alfabetización Mediática e Informacional), PRIORIZANDO A PRODUCIÓN PROPIA DO ALUMNADO. GUIANDO OS SEUS PASOS PARA AXUDALOS A SER CRÍTICOS COA INFORMACIÓN QUE MANEXAN. INTEGRANDO A TODOS, TODAS E CADA UN, POIS XUNTOS SOMOS MELLORES. E, SOBRE TODO, OFERTANDO E CUBRINDO AS NECESIDADES DE LER, DE DESCOBRER, DE IMAXINAR. |
FANZINE - PROXECTO DE ESCRITURA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Durante o confinamento, o alumnado fixo diversas actividades na casa. A escritura ten un peso importante e era necesario que pequenas e pequenos seguiran escribindo, imaxinando, cohesionando os textos, cinguíndoos a unha ortografía e gramática precisa.
Pero todo isto, tiña que partir dos seus intereses, da súa imaxinación, das cousas da vida que para nada son impostas. Así, os Vagalumes, decidiron realizar Fanzines, publicacións curtas, libres, persoais e moi, moi creativas.
A través de esta imaxen interactiva, poderedes ver pequenos retazos dos seus traballos e quen se anime facer o seu, quen sabe... A imaxinación non ten límites, hai que deixala voar! |
ILUSTRANDO A CARLOS LABRAÑA |
|
DÍA DAS ESCRITORAS |
O luns 19 de outubro celebramos o Día das Escritoras na nosa Biblioteca escolar
|
Preparándonos para un documental... |
|
APRENDIZAXE COOPERATIVA E LECTURA |
O ALUMNADO DE 1ºB ESTÁ APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS, PERO O QUE MÁIS LLE GUSTA E COMPARTIR AS SÚAS APRENDIZAXES. AO IGUAL QUE A SÚA MESTRA, DULCE, QUEN TAMÉN COMPARTE O SEU TRABALLO CON TODOS NÓS E CON TODOS OS QUE QUEIRAN! POIS PARTICIPA NO BLOG "PALABRAS AZULES" (galardoado co Premio Nacional de Proxectos Colaborativos). E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, APRENDERON CON ESTRATEXIAS COOPERATIVAS COMO CHEGAR A FACER UNHA LECTURA PARA OUTROS RAPACES E RAPAZAS DO NOSO COLE. PODEDES VELO NO SEGUINTE ENLACE http://elmarescolorazul.blogspot.com.es/2016/04/un-cuento-para-tres.html |
MARÍA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS |
CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, NA BIBLIOTECA ACOLLEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS REALIZADA POR IAGO LÓPEZ E A VARIOS BOOKTUBERS DE MARÍA VICTORIA MORENO, RECOMENDÁNDONOS ALGUNHAS LECTURAS. GRACIAS A TERESA, MORENA, DANIEL E JORGE!!
|
HAS DE LAVAR Á BEIRA DO RÍO |
AGRADECER A COLABORACIÓN DE FERNANDO, MARCOS, LARA, ANXO, ANDREA E O PROFE ALEJANDRO PARA LEVAR A CABO UNHA DAS CANCIÓN QUE APARECERÁ NO DOCUMENTAL DO LAVADOIRO DAS SAIÑAS, ENMARCADO NO PROXECTO INTERCENTROS: "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. |
Symbaloo contos - #euquedonacasa |
Se vos apetece distraervos... Aquí tedes un symbaloo de contos e actividades en galego! |
LIBROS, LIBROS E MÁIS LIBROS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Chegamos ao final deste curso tan peculiar. Son moitos os momentos compartidos dende moitas casas neste tempo de confinamento. Agardamos poder vernos moi prontiño con novas propostas. Despedímonos compartindo os vosos libros favoritos e achegando recomendacións lectoras para este verán. Unha aperta!
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
OBRADOIRO DE CARTAS |
NA BIBLIOTECA PERCEBÍN ESTÁ SEMPRE DISPOSTO A RECIBIR E CONTESTAR CARTAS AO NOSO ALUMNADO. TENDO EN CONTA A SÚA OPINIÓN, DECIDIMOS PLANIFICAR UN OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA MELLORAR A COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ASÍ QUE MIRAMOS O CURRÍCULO E ESTABLECEMOS OS ESTÁNDARES DE LINGUA GALEGA PARA CADA NIVEL (mirar anexo). A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E TIVO UNHA GRANDE AFLUENCIA.
|
MAIOS "De festas pola vila!" |
Nesta ocasión o alumnado de 2ºA e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato celebran os Maios no Auditorio Municipal de Cedeira participando no Festival Lóva. |
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN |
OS RELATOS DE SAMAÍN ENCHERON ESTES DÍAS AS AULAS.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »