Título | Resumo |
---|---|
GUÍA DE LECTURAS DOS XOGOS OLÍMPICOS |
|
ILUSTRANDO A CARLOS LABRAÑA |
|
A NOSA BIBLIOTECA CREATIVA! |
ACTIVIDADES REALIZADAS NA NOSA BIBLIOTECA CREATIVA E INCLUSIVA. O LABORATORIO DE APRENDIZAXE QUE ACOLLE A TODOS E TODAS, UN ESPAZO FLEXIBLE CON MATERIAS DIVERSOS QUE OFERTA OPORTUNIDADES PARA ARGALLAR, CREAR, EXPRESARSE E APRENDER. |
APRENDIZAXE COOPERATIVA E LECTURA |
O ALUMNADO DE 1ºB ESTÁ APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS, PERO O QUE MÁIS LLE GUSTA E COMPARTIR AS SÚAS APRENDIZAXES. AO IGUAL QUE A SÚA MESTRA, DULCE, QUEN TAMÉN COMPARTE O SEU TRABALLO CON TODOS NÓS E CON TODOS OS QUE QUEIRAN! POIS PARTICIPA NO BLOG "PALABRAS AZULES" (galardoado co Premio Nacional de Proxectos Colaborativos). E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, APRENDERON CON ESTRATEXIAS COOPERATIVAS COMO CHEGAR A FACER UNHA LECTURA PARA OUTROS RAPACES E RAPAZAS DO NOSO COLE. PODEDES VELO NO SEGUINTE ENLACE http://elmarescolorazul.blogspot.com.es/2016/04/un-cuento-para-tres.html |
Carlos Labraña. E ti, de quen vés sendo? |
|
MAIOS "De festas pola vila!" |
Nesta ocasión o alumnado de 2ºA e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato celebran os Maios no Auditorio Municipal de Cedeira participando no Festival Lóva. |
OBRADOIRO DE CARTAS |
NA BIBLIOTECA PERCEBÍN ESTÁ SEMPRE DISPOSTO A RECIBIR E CONTESTAR CARTAS AO NOSO ALUMNADO. TENDO EN CONTA A SÚA OPINIÓN, DECIDIMOS PLANIFICAR UN OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA MELLORAR A COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ASÍ QUE MIRAMOS O CURRÍCULO E ESTABLECEMOS OS ESTÁNDARES DE LINGUA GALEGA PARA CADA NIVEL (mirar anexo). A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E TIVO UNHA GRANDE AFLUENCIA.
|
Preparándonos para un documental... |
|
ENTREVISTA A ANTÍA YÁÑEZ #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega. O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela. Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:
O misterio de Portomarín (2016). Galaxia. Senlleiras (2018). Galaxia. O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. Be Water (2019). Cuarto de inverno. A Reconquista (2018). Baía Edicións.
Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros: - Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras. - I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista. - Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego. - III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado. Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela. E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas. Pensándoo ben… Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir... E…como se lle ocorren as historias? E…que fai estes días de corentena? Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias… Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:
Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
EU APRENDO ARTE NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece se nos unimos a esa tendencia que anda polas redes na que se representan obras famosas da historia da arte? Uns fan as fotos con portadas de libros, outros con cadros de autores coñecidos… Quen non quixera ser parte da obra de autores como Velázquez ou Sorolla, por exemplo? Dende a Biblioteca da Escola pensamos que esta podería ser unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas a obras de pintores da historia da arte. Así que hoxe propoñémosvos que escollades unha obra dun pintor, que vos poñades no lugar dos protagonistas do cadro e fagades a foto para enviar. Os adultos tamén estades convidados a participar nesta actividade cos vosos fillos e fillas, por suposto. Seguro que o pasamos moi ben! Os nenos e as nenas de cinco anos xa teñen a súa galería nas Aulas no Aire. Se queredes ideas, podedes pasar, a entrada é de balde.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
PROXECTO RECICLAXE |
Dentro do proxecto da reciclaxe, o alumnado de quinto de Educación Primaria, recibíu unha charla sobre a economía circular e o proceso de reciclado dos neumáticos. Tarefa á que se adica a empresa, da que Isabel López-Rivadulla é a súa Directora de Comunicación e Marketing. Este coloquio tivo lugar despois de ler o conto de Signus titulado: "El increíble viaje de Neuman Tikín", agasallo enviado con anterioridade polo empresa. Gracias a Signus e a Isabel, por tan valiosa información.
|
EXPOSICIÓN E ACTO FINAL |
O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO. O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS. "PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.
|
RADIO EXPERIMENTAL - CREACIÓN DE ESCALETAS |
|
O PREGOEIRO DA VILA - RADIO EXPERIMENTAL #bescolaresgalabertas |
O Pregoeiro da Vila, un programa informativo, realizado pola rapazada de 1º de Primaria. Non vos perdades todas as súas noticias, pois neste mes hai moito do que falar!
Uns pequenos intermedios de anuncios publicitarios aderezan a sesión e seguro que son ben agradecidos. Pois nenas e nenos son conscientes dos cambios que estamos vivindo e saben a quen teñen que acompañar. Aínda que só sexan con verbas e cancións.
Un traballo para informar e mellorar a expresión oral, porque aínda que están aprendendo a ler; a entoación, as pausas, o volume, a pronuncia... é algo que tamén teñen que aprender e a radio é un recurso completo para a lectoescritura.
|
BÚSQUEDA DO TESOURO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Un dos obxectivos fundamentais da biblioteca escolar é o de contribuír á mellora das capacidades lectoras do alumnado. Porén, falar de lectura nesta altura do século XXI é falar de multialfabetismos. Unha persoa alfabetizada nestes momentos é aquela que amosa “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica”, segundo a definición do Consello de Europa en 2012. Plan LÍA 2016-2020 A interpretación de mapas é un bo exemplo de alfabetizacións múltiples.
As nenas e nenos de 4 anos realizaron unha búsqueda do tesouro...nas súas casas!
Que atoparían?
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
OBRADOIRO DE MEDO - STEAM |
|
LECTURAS VIAXEIRAS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS DE E.I. LEVA TODO O CURSO VIAXANDO CUNHAS PEQUENAS MOCHILAS DE LECTURAS AO SEU FOGAR. A LECTURA A AGARDAN CON AGARIMO, É UN AGASALLO. |
DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA? |
DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS... CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE. GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS! |
VISITA DE MANOLO RIVAS |
|
ENQUISA PARA MESTRAS/ES |
AXÚDANOS A MELLORAR A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR. |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL | |
VISITAS DOS GRUPOS |
OS DISTINTOS GRUPOS VISITARON A BIBLIOTECA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA FORMARSE COMO USUARIOS. APRENDERON E RECORDARON AS NORMAS, OS ESPAZOS, O USO DE MARCADORES CANDO VEÑEN LER Á BIBLIOTECA, COMO LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS EN PRÉSTITO PARA A CASA...
TAMÉN VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE CEDEIRA "LÓPEZ CORTÓN" |
Voluntariado Obradoiro de manualidades - #euquedonacasa |
Hoxe, na hora do recreo, tocaba Obradoiro de manualidades con reciclados, da man de: Lucía, Lara, Aloe, Carol, Lucía Rodríguez e Alex.
Dende a biblioteca ofertamos as seguintes propostas para quen desexe seguir co obradoiro dende a súa casiña. Algo fácil e motivador: realizar un arco da vella con revistas que peguemos nun papel. Poñer unha mensaxe positiva, por exemplo: Todo vai saír ben! Cando estea seco, pegalo na ventá da casa. Outras opción de deseños con reciclados: Podedes animar con todos os vosos modelos nas ventás das casas e se vos apetece, mandar unha foto a través dos seguintes enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS |
OS VAGALUMES CONTINÚAN COAS SÚAS ACTIVIDADES COAS FAMILIAS. AQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA.
ENTRADA DO BLOG DOS VAGALUMES: http://vagalumes.net/2019/04/02/interactivos-2o-t/
|
SAN VALENTÍN |
Decoración de San Valentín
Na biblioteca hai nova decoración!!! Debido ao mes de San Valentín decorouse a biblioteca con corazóns vermellos, tamén cando colles un libro danche un corazón. Pero só se tes o gusto de ler. Non e só pola biblioteca senón tamén por fóra.
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA) |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »