Título | Resumo |
---|---|
COLOREAR CEDEIRA |
A PINTURA TEN UNHA GRANDE IMPORTANCIA DENTRO DO CURRÍCULO CEDEIRÉS. NON TIVEMOS MELLOR OPORTUNIDADE PARA PROMOCIONALA QUE OFERTAR OS "COLOREO CEDEIRA", QUE SON UNS CADERNOS DE DEBUXOS DA NOSA VILA REALIZADOS POR ADRIÁN TARACIDO FERNÁNDEZ E PROMOCIONADOS POLO COLECTIVO RAMPLA. TAL FOI A CALIDADE QUE ADRIÁN NON SOUBO QUE OBRA ESCOLLER E PREMIOU A TODA A "BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA" CUNS MALETÍNS DE DEBUXO E UNHA OBRA DO ILUSTRADOR. QUEN O DESEXE PODE VER A EXPOSICIÓN NO HOTEL HERBEIRA. XA ESTAMOS DESEXANDO VER UNHA NOVA TIRADA DE CADERNOS!
|
Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! |
O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.
Neste caso as artes e o steam son a base da actividade. Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase. Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados), deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro, fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro. Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro. Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego. - Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).
Un pracer de rapazada! |
Traballo de investigación polo día da muller traballadora |
Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.
|
Día das Artes Galegas, 1 de abril #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Queremos celebrar o Día das Artes agradecendo a Diego Cheda Bustabad outro dos seus deseños. Nesta ocasión Percebín nos traslada unha mensaxe positiva cara a situación que estamos a vivir.
Para celebrar este día dende a Biblioteca Carlos Labraña propoñemos a realización de mándalas con obxectos que teñamos no fogar (procurade non usar comida). Aquí deixamos unha idea e unha entrada dunha actividade con mándalas do curso pasado.
Agradecemos enviedes fotos ou vídeos coas vosas creacións aos seguintes enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Engadimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para afondar no coñecemento de Domingo de Andrade.
|
MES DA CIENCIA - PATIOS VIVOS E INTERACTIVOS NA BIBLIO! |
Polo Mes da Ciencia, as actividades dos Patios Vivos e dos interactivos da biblioteca, dos Vagalumes de 1º estiveron organizados en torno á ciencia. Nos Patios Vivos fixeron: construción de barcos e comprobaron a súa flotación, creación de papaventos, amasaron terra e a converteron os tortas, plantaron sementes, xogaron ás canicas...
Na biblioteca, nas sesións de interactivos (que pola situación que vivimos non pode celebrarse con familias), reflexionaron e reflexaron algúns dos descobrementos, pero tamén fixeron mezclas de cores, dobraron camisetas, inventaron unha pista para vehículos, compararon pesos, crearon figuras... Na praia voaron papaventos, no Día da Infancia, e tamén aproveitaron a probar o mar, sentir as ondas.
Aquí un vídeo coa experiencia resumida. |
MÁQUINAS E PASO DO TEMPO |
O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA APROVEITOU OS CONTIDOS DE C. NATURAIS E SOCIAIS PARA TRABALLAR COS ROBOTS DO ESPAZO ARGALLEIRO. CO ROBOT MIND DESIGNER FIXERON UNHA CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS E MURAIS DE ANIMAIS E PAISAXES EMPREGANDO ELEMENTOS NATURAIS E ARTIFICIAIS. REALIZARON DIFERENTES PROXECTOS SOBRE AS CREACIÓN DE MÁQUINAS CON LEGO WEDO E OS IPADS. TRABALLARON O PASO DO TEMPO, AS MEDIDAS DOS MESES CO MIND DESIGNER. PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS! AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA. |
NADAL "De festas pola vila!" |
Nesta ocasión o alumnado de 2º A celebra o Nadal cunha busca do tesouro no Museo Mares de Cedeira. |
NORMAS DA BIBLIOTECA | |
"PEGADAS NA IAUGA" A semente que agroma. #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Un proxecto que agroma, nunha situación difícil e complicada, pero os bimbios da xuventude son fortes. "Pegadas na Iauga" é unha árbore que medra e se espalla, unha árbore de folla caduca que reverdece nas primaveras, unha marea que volve...
O alumnado do proxecto intercentros dinos: - Deica logo! cun video - podcast do seu proxecto intercentros.
Agradecer a todas as persoas que fixeron que a semente agromara.
|
FELIZ DÍA DO TEATRO #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Festexamos o Día do teatro desde a casa da man do noso benquerido Carlos Labraña e de algún alumnado que nos fixo rir e chorar de ledicia. Tamén dos que hoxe, dende as súas casas seguen ensaiando día a día, porque... Co teatro podes ser quen queiras, onde e cando queiras. Podes amosar toooodas as emocións. Incluso podes quedar calado. Podes crear, imaxinar, inventar, gozar... Que comece a función! |
VOLUNTARIADO DE 5º E 6º |
O NOSO EQUIPO DE VOLUNTARIOS! GRACIAS CHICAS E CHICOS POR AGASALLAR CO VOSO TEMPO Á BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA!
|
MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE LIMITADA |
HOXE OS VAGALUMES TIVERON UNHA ENORME SORPRESA. FORON ENSAÍAR AO AUDITORIO E ALÍ ESTABA CARLOS LABRAÑA. GRACIAS CARLOS, POR VIR E POR ESCRIBIR OBRAS TAN FERMOSAS! ISTO É UN PEQUENO ADIANTO DO QUE ACONTECERÁ O VENRES... |
SAN XOSÉ "De festas pola vila!" |
O alumnado de 2º A celebra San Xosé da man da Asociación Arce. |
#11F e LegoWeDo |
Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia que busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para mulleres e nenas, lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres. Este ano caracterizouse por movementos coma #NoMoreMatildas que vos deixamos enlazado por se queredes botar unha ollada. Dende a nosa biblioteca realizamos actividades có fin de achegar as habilidades STEAM a todo o alumnado e, neste caso, a rapazada de 5º de primaria achegouse ao recuncho de robótica para traballar có Lego WeDo. |
Bodyplanet. Aprendendo sobre o corpo humano |
Xa empeza a encherse a biblio de alumnado de novo... Nesta ocasión, a clase de 2º de Primaria empregou o Bodyplanet que forma parte da Biblioteca creativa para traballar sobre o corpo humano dun forma moi amena a través da realidade aumentada! O pasaron en grande!
|
Indo para o Samaín |
Chegamos ao día grande do Samaín no cole e dentro da programación de actividades de hoxe (que a verdade foi un día moi completiño! ), non podía faltar algo relacionado directamente coa biblioteca, os contos e as boas historias! E... qué mellor que un contacontos de Carlos Labraña? Veu contarnos o seu conto Indo para o Samaín editado por Everest Galicia, que fala das celebracions típicas desta data tan especial e de Cedeira! O alumnado de 2º disfrutou desta obra nas gradas da biblio e, os pequenos e as pequenas de 4 anos aproveitaron o bo tempo para ver a obra no patio!
|
III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ E INVITACIÓN #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR
Os Vagalumes de 4º A teñen o pracer de convidarvos á representación da obra de teatro Estrela... fugaz? de Carlos Labraña, o vindeiro martes, 8 de xuño, ás 20:00 h.
Será o resultado do traballo dun curso escolar, un ano diferente e inesperado, no que o alumnado, mestra e familias souberon adaptarse ás circunstancias e cooperar na distancia. Nesta representación teatral os Vagalumes serán capaces de transmitirnos o mellor de si mesmos e serán quen de trasladarnos a outro mundo a través das artes plásticas, a imaxinación e as palabras. Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao mesmo tempo poderedes comprobar como este curso medraron en autoestima e confianza en si mesmos.
Preparade un sitio no sofá e unhas pombiñas de millo! Non volo podedes perder!
|
PATRIMONIO INMATERIAL - FACENDO O MOLIDO E CARRETANDO COA ROUPA! | |
BIBLIOTECA CREATIVA |
UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE. UN LUGAR PARA A COOPERACIÓN QUE BRINDA DIFERENTES OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE, DE EXPRESIÓN E DE CREATIVIDADE. UNHA BIBLIOTECA PARA TODAS E TODOS QUE CONTRIBÚE Á INCLUSIÓN. |
OS MAIOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Entre marzo e abril sae o cuco do cubil
Certo é que o cuco, despois de pasar o inverno na África Tropical, ven á nosa terra entre marzo e abril e de aí aquela cantiga popular que di:
Levántate maio que tanto durmiches Pasou o cuco e non o sentiches
Mandar que o maio se levante, que desperte, é como pedirlle á natureza que se vista de flores, que xa vai sendo hora despois dos meses do inverno. Xa imos entrando no mes de maio, e aínda non adicamos ningún día para celebralo e por iso hoxe queremos encher as casas de flores. Pero non hai mellor maneira de empezar que aprender algo sobre esta festividade.
O mes de maio, o tempo das flores, anúnciase dende hai moitos anos na tradición popular. Son diversas as manifestacións que atopamos na cultura galega referidas a esta celebración e unha mostra diso podería ser o costume de poñer unha poliña de oliveira do día de ramos nas embarcacións, ou o de colocar arcos de flores nos campos das festas. Algúns deles consérvanse na nosa vila, como pode ser o caso do arco floral que se pon na entrada do adro no campo de San Antonio o día da festa, que aínda que non cadre en maio, podería ser considerado parte das celebracións do “Ciclo de Maio”. Hai anos que vemos que nas escolas se celebra a festa dos maios, normalmente cunha actividade na que se colocan flores sobre unha estructura cónica ou piramidal, un maio figurado ou especie de árbore adobiada con flores e froitos. Podería ser unha das maneiras se estivéramos na escola, pero tamén dende as casas imos celebralo con cantigas e flores. O propio sería percorrer as rúas pedindo un aguinaldo a cambio dunha canción, que nalgún tempo se daba en especies,
“Tire castañas señora Manuela, tire castañas que as ten na mantela”
Esas castañas curadas recibían o nome de Maias, como tamén o recibían as nenas que saían ás rúas coa ocasión de pedir algo a cambio do seu cantar.
Aí van as propostas:
Podemos cantar este poema de Curros Enríquez
decorar o maio de Leandro Lamas ou debuxar un propio
e mesmo facer unha composición floral (quen teña a posibilidade, claro).
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
RECICLAR E REUTILIZAR 3º C |
O alumnado de 3º C comprometido co medio ambiente crea murais reciclados. |
VENRES DA SEMANA DO LIBRO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Desfrutáchedes coas aventuras de Percebiño? Seguro que si. Moitísimas gracias a Diego e a Quique por tanta creatividade, e a Tonino pola súa colaboración artística a través da música. No seguinte vídeo podedes ver a semente, de donde naceu a historia da viaxe de Percebiño.
Rematamos a semana xogando. Si, hai que premer na imaxe.
Permanecede atentas e atentos porque moi prontiño amosaremos os vosos vídeos e as vosas fotos cos libros favoritos. |
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - FLORES #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Respectar e coidar o medio ambiente resulta máis doado se o coñecemos. Hoxe traemos dúas propostas: un caderno naturalista (5 anos) e plantación de sementes (4 anos).
Un caderno de naturalista na casa? Pois si, empezamos a crear un caderno para que o día que podamos saír a pasear saibamos chamarlles ás cousas que vemos polo seu nome. E por qué? Pois porque a aprendizaxe debe construírse dende o noso entorno máis inmediato. Os nenos e nenas teñen que aprender os nomes das cousas, e con esta actividade pretendemos isto mesmo: coñecer algúns nomes de flores.
Non digas unha árbore, dille "carballo", se che gusta a súa sombra tes que nomealo. Que ten un nome, se che gusta a súa sombra, que non se borre. (Campo, M., 2005)
Fotografías: Rafel López Loureiro
Pois si, amiguiños e amiguiñas... son flores que hai en Cedeira. Cando poidades saír a pasear seguro que atopades algunha delas, e seguro que as ides coidar moito, estamos convencidas de que así será.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
CONTOS POP-UP!! |
O ALUMNADO DE 5 ANOS DE E.I. E DE 1º DE EDUC. PRIMARIA REALIZOU UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA DISFRUTAR DOS "CONTOS POP-UP" DE FÁTIMA FERNÁNDEZ, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN". GRACIAS A FÁTIMA, ÁNGELES E LUCÍA POLO SEU RECIBIMENTO!
|
CEDEIRA, RESERVA MARIÑA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
No ano 2009, creouse a Reserva da “Ría de Cedeira”, como unha medida de axuda para fomentar a protección do ambiente e dos recursos naturais. Actualmente, na costa de Galicia, existen dúas Reservas Mariñas de Interese, a de Cedeira é unha delas. Unha das finalidades de crear a Reserva de Cedeira, e así se indica no Decreto 28/2009 do 29 de xaneiro, é a seguinte: c) Conservar e protexer a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade Así pois, facer referencia ao areal de Cedeira é obrigatorio. A Reserva mariña da Ría de Cedeira é unha maneira de preservar os recursos e os hábitats; hai evidencias científicas que amosan que este tipo de áreas mariñas protexidas son poderosas ferramentas para a conservación da diversidade biolóxica. Que Cedeira sexa unha Reserva mariña implica moitas cousas, unhas referidas á pesca, outras ao marisqueo, pero o máis importante é que con carácter xeral dentro da reserva mariña queda prohibida a extracción de fauna e flora. Por tanto, xa sabedes, amigos e amigas: nunca hai que coller nada da praia, e xa non só porque esté prohibido, senón por aquilo no que insistimos tanto que é respectar o medio que nos rodea. Na praia podemos atopar cousas lindísimas: berberechos, cangrexos, xebras de moitos tipos, esqueletos de ourizos de area, cunchas fraxilísimas…
Aquí van algunhas delas:
Berberechos Seguramente se levantades un pouquiño de area cando baixa a marea poderedes atopar berberechos, que se abren para alimentarse. O que vai na foto é un carneirolo, tamén lle chaman berberecho bravo.
Ardecasas Adoitan estar metidos polo medio das rochas da praia. Na praia da Arealonga hai moitos, pero ollo... TRABAN!
Cangrexo ermitaño Se ides á praia da Arealonga poderedes ver como a marea arrastra numerosos caracoliños que gardan dentro un cangrexiño. O cangrexo ermitaño vai mudando de casa conforme vai medrando. Esta podería ser a cuncha dun deles:
Xebra Hai días que parece que o mar fora unha ensalada de mil cores, hai xebras verdes, xebras marróns... As que aquí aparecen chámanse marmulos. Seguramente xogastes máis dunha vez a estoupar as boliñas de aire.
Amigos e amigas, xa sabedes… as beiras da marea son lugares preciosos que temos que conservar. Por iso, propoñemos facer un cartel para que toda a xente saiba que a Ría de Cedeira é unha reserva mariña. Nese cartel ten que ir o título:
Ría de Cedeira, Reserva Mariña
E cada un de vós escribirá algo importante referido á reserva.
Aquí vai o noso:
Esta actividade didáctica realízase en colaboración co Museo Mares de Cedeira, así que cando teñades feito o cartel, facédeslle unha foto e enviádela ao seguinte correo: maresdecedeira@gmail.com Xa podedes ver algunhas creacións no facebook do museo.
O museo do mar, berce de reservistas, será a caixa de resonancia que impulse as nosas voces e envíe a nosa mensaxe de defensa medioambiental.
Fotografías: Rafael López Loureiro
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »