Título | Resumo |
---|---|
DE NOVO NA BIBLIOTECA!!! |
O NOSO AMIGO PERCEBÍN ESTÁ ENCANTADO! DESPOIS DAS VACACIÓNS DE VERÁN, A BIBLIOTECA VOLVE ENCHERSE DE NENOS E NENAS! DURANTE ESTES DÍAS TODO O ALUMNADO PASARÁ XUNTA COS PROFES PARA COÑECER OU RECORDAR AS NORMAS. E QUEN QUEIRA PODE VIR NOS RECREOS A LER, DEBUXAR, ESCRIBIR, MANEXAR O ORDENADOR, DISFRAZARSE, LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS PARA A CASA, XOGAR COS MONICREQUES...
|
MEDRANDO NA IGUALDADE |
DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" APOSTAMOS POR MEDRAR EN IGUALDADE INCORPORANDO NOVAS LECTURAS SOBRE ESTE TEMA. NESTAS IDADES PARA ACTUAR CONTRA A VIOLENCIA, PRIMEIRO TEMOS QUE DAR EXEMPLO: LIBROS, XOGOS, XOGUETES... SON DE PERSOAS, NON DE NENAS E DE NENOS. DESEXAMOS CREAR E MEDRAR NUNHA SOCIEDADE XUSTA, PACÍFICA E IGUALITARIA. NON DUBIDEDES EN LER AS NOVAS ADQUISICIÓNS! |
WONDER - LECTURA EN VOZ ALTA |
O ALUMNADO DE 4º REALIZOU DURANTE O 1º E O 2º TRIMESTRE LECTURA EN VOZ ALTA DO LIBRO WONDER. UNHA VEZ REMATADO CADA UN VISIONOU A PELÍCULA.
|
OBRADOIRO DE CARTAS |
CARTAS A PERCEBÍN... Percebín, a nosa mascota da biblioteca, énchese de ledicia coas cartas que recibe do noso alumnado e por suposto responde. Se deciden facelo a través do noso obradoiro de escritura, a carta chega ata a casa da alumna ou alumno participante. Este taller complementa á lectoescritura e evidentemente esta amparado curricularmente, mediante o DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
Representando obras |
Seguimos traballando con grandes textos de escritoras galegas... neste caso, a aula de 4ºC acudiu á biblioteca na hora de ler para representar "A casa de había unha vez" escrito por Ana María Fernández.
|
Catálogo de libros da biblioteca |
Accede ao noso catálogo de fondos aquí |
AGASALLO DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Percebiño está encantado de que participedes nas actividades da biblioteca "Carlos Labraña". E como recompensa a todo o voso esforzo quere agasallarvos (coa axuda de Quique e Diego). Así que se participas nas propostas da biblio e envías unha foto túa, poderás recibir un agasallo personalizado. Velaquí as imaxes de Percebiño
Colócate ben diante da cámara, adopta a postura que mellor coincida coa de Percebiño e faite unha foto. Despois de participar nas actividades propostas, envía a túa foto e comenta con que Percebiño queres aparecer. Mirade que ben quedaron Roi e Marina!
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ROBOTS MIND DESING |
ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PARABÉNS RAPAZADA!!
|
SAMAÍN 2017 - "DE FESTAS POLA VILA" |
A NOSA BIBLIOTECA APOIA A APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS, E MÁIS SE TEÑEN QUE VER COA VILA DE CEDEIRA. A COLABORACIÓN ENTRE O ALUMNADO DE 2ºA DO NOSO COLE E AS ALUMNAS DA MATERIA DE ANTROPOLOXÍA DO IES PUNTA CANDIEIRA PERMITIU ACHEGARNOS UN POUCO MÁIS AO SAMAÍN. ESTE TRABALLO É O FROITO DAS XUNTANZAS ENTRE OS EQUIPOS DAS NOSAS BIBLIOTECAS PLAMBE. |
LITERATURA PARA A AMIZADE! |
AGASALLANDO POESÍA POLA ONOMÁSTICA DOS NAMORADOS (14 DE FEBREIRO). NOS RECREOS CONTINUAMOS DE OBRADOIROS, RECITAMOS POESÍA E REALIZAMOS QUEBRACABEZAS CON ELAS. AO FINAL CRÉASE UN FERMOSO MURAL.
|
PRÉSTAMOS VOLUNTARIADO |
O VOLUNTARIADO REALIZA EMPRÉSTITOS NA APLICACIÓN. AS NENAS E OS NENOS SÚRTENSE DE LECTURAS PARA AS VACACIÓNS!
|
DÍA DO LIBRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS - CREACIÓN DUN CÓMIC |
O alumnado de 1º crea un cómic coa aplicación Canva. Tras unha conversa grupal do que desexan contar, escollen as fotografías que fan referencia á xeografía da nosa vila. Posteriormente, en pequenos grupos van avanzando na aventura. Durante a semana anterior á escrita fanse dúas pequenas reunións con toda a rapazada para escoitar as súas opinións e telas en conta.
O alumnado avanza na escrita ao seu ritmo, uns con escritura libre total e outros con apoios. Afondan no mundo do cómic: onomatopeyas, diálogos, bocadillos... Aquí a súa creación!
|
O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Unha representación do conto "O incrible neno devorador de libros". Os nenos e nenas de cinco anos fixemos a nosa versión.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
PROXECTO INTERCENTROS VAGALUMES - IES |
O PROXECTO COMPARTIDO POLOS VAGALUMES DE 4ºA E O ALUMNADO DO IES (ANTROPOLOXÍA E CULTURA CIENTÍFICA DE 1º DE BACH.) DEIXA PEGADA NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE. FIXERON INNUMERABLES TAREFAS DE INVESTIGACIÓN XEOLÓXICA CENTRADA NA CAPELADA. NESTES VÍDEOS AMOSAN O PESO DUN PROCESO NECESARIO PARA DESCOBRER, RESOLVER E APRENDER UNHA MOREA DE INCÓGNITAS QUE SE PLANTEXARON AO COMEZO DA INVESTIGACIÓN. DOCUMENTACIÓN: o alumnado acude á Biblioteca Carlos Labraña para solucionar dúbidas, algúns acuden tamén á Biblioteca Municipal López Cortón. En ocasións cubren datos nunha ficha co obxectivo de crear unha mecánica na busca (salas, coñecer CDU, tejuelo,...) e localización. LIÑA DO TEMPO: Coñecida e traballada a información na aula, estruturan a máis importante nunha liña do tempo que decoran polos corredores dos pasillos fronte á aula. NOVAS TECNOLOXÍAS: A escola ten que ir coa sociedade, sería inviable investigar como fai 20 anos, a sociedade actual está inmersa nas tecnoloxía e posiblemente sexan unha das actividades máis motivadoras para as pequenas e os pequenos. A escola ten a obriga de ensinar a utilidade educativa que escornabots, ipads... poden ofertar ao alumnado. DRAMATIZACIÓN E MINI AVALIACIÓN: Xogar a ser para aprender. O alumnado convértese en paleontólogos e paleontólogas e busca diferentes fósiles. Achados, teñen que limpalos e avisar ao capataz ou capataza para que xuntos cubran a ficha paleontolóxica, onde serán avaliados dos coñecementos aprendidos. Poñerán o lugar do achado, a peza, a era á que corresponde, se era de mar, terra ou aire... Agradecer a colaboración de Belén e Andy, pois sen a súa colaboración sería complicado realizar todas as tarefas nese tempo. Neste inicio do proxecto realizaron outras moitas actividades, por exemplo interactivos coas familias sobre o proxecto, saídas con todo o alumnado á Capelada para recibir máis documentación da man de Francisco Canosa e Jorge Bellón... ESTE PROXECTO AÍNDA ESTÁ EN PROCESO E POUCO A POUCO PUBLICARASE MÁIS INFORMACIÓN. XUNTOS SOMOS MELLORES! |
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - XOGOS TRADICIONAIS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
O proxecto anual deste curso plantexado desde a biblioteca versa sobre o medio ambiente: "Contra o cambio...eu cambio. E ti?". Son moitas as actividades xa realizadas, e tamén durante o confinamento. Iremos amosando moitas destas propostas ao longo da semana.
Hoxe comezamos cos XOGOS TRADICIONAIS do alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).
Cando chega a hora do recreo na escola é un momento de felicidade: xogar, estar con nenos e nenas doutras aulas, correr, brincar, gritar, inventar xogos... Ao ler e escoitar isto, fainos retroceder á nosa infancia, aos xogos que aprendimos e recordamos ata o día de hoxe. Dámonos conta de que algúns deles producíronse nas rúas do noso pobo, nos campos da nosa vila, na plaza do sitio onde crecimos e incluso no patio do recreo da nosa escola. Os xogos tradicionais son chamados así por ser de dominio dos nenos e nenas dunha época atendendo aos seus costumes, crenzas, reglas e variantes. Ademais de ser transmitidos oralmente polos nenos e nenas de maior idade. Moitas persoas cren que o xogo é unha perda de tempo e que non ten que ver coa aprendizaxe formal. Diversas investigacións vinculan o xogo coas matemáticas, xa que é un dos mellores vehículos que os nenos e as nenas teñen para explorar e dominar a súa contorna e, como consecuencia, para aprender gran parte das matemáticas elementais que se establecen como a base para o desenvolvemento de nocións máis complexas a desenvolver posteriormente.
Xogade que é bo para a saúde... e compartide as vosas experiencias.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, coa intención de crear un recurso útil para o alumnado compartimos as recén estreadas ilustracións das mascotas da biblioteca, dado que ata o de agora só estaban como debuxo na parede. Agasallo que ven da man do ilustrador Diego Cheda, sempre disposto a colaborar.
Partindo destes debuxos créanse dous xogos para coñecer a estas personaxes mellor e achegar ao alumnado á lectoescritura dun xeito motivador e divertido. Podedes descargar os debuxos nos ficheiros adxuntos. Deixade voar a imaxinación e construíde historias e monicreques. Sede artistas como Diego!
|
BOOKFACE NO DÍA DO LIBRO 2021 |
Unha das actividades propostas para o Día do Libro foi a realización de BOOKFACES, que podían facer nas casas, clases, biblioteca, etc... Preme aquí nesta ligazón para acceder a todas as fotos enviadas por familias e mestres. No caso de faltar algunha prégase enviar un mail a biblio.nicolas.del.rio@gmail.com. Ademáis elaboramos un vídeo cunha selección de bookfaces para facer un resumo da actividade!!!
|
ARRIBA O TELÓN! |
VISITA AO AUDITORIO DE CEDEIRA PARA COÑECER AS PARTES DUN TEATRO. GRACIAS QUIQUE! |
Karaoke polos servicios básicos! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Hoxe toca Karaoke. Que vos parece cantar para agradecer? Gracias a todos e todas: doutoras, enfermeiros, celadoras, anestesistas, persoal de limpeza, caixeiros, tendeiras, panadeiras, mariñeiros, peixeiros, carniceiras, agricultoras, camioneiras, bombeiros, policias... por todo o que estades a facer. Isto vai por vos!
|
JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO. OBRADOIRO DE POESÍA! |
"EL LOBITO BUENO" É A POESÍA TRABALLADA NESTE OBRADOIRO. AXUDADOS POLAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DESEÑAMOS UN MARCAPÁXINAS, APRENDEMOS A POESÍA E A CANTAMOS. GRACIAS JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO!
|
A biblioteca entra nas aulas! |
Neste caso, a rapazada de 3 anos A está empezando a traballar sobre os dinosaurios e, no seu recuncho do proxecto, teñen unha pequena selección de libros informativos, contos e materiais da biblioteca cós que desfrutan un montón e se inician na búsqueda de información e no marabilloso mundo das letras! |
CREA BANDA DESEÑADA CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece convertir en banda deseñada o conto de Percebiño? Podedes utilizar os debuxos orixinais de Diego Cheda e engadirlles diálogos e globos, empregar esas mesmas ilustracións coloreadas por Quique Vázquez e facer a vosa creación a través de ferramentas na rede (ou aplicación para Android), facer as vosas propias historietas...
Diego e Quique regaláronnos a súa obra. Recordade nomealos sempre que a empreguedes. Hai que respectar sempre os dereitos de autor.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
CARLOS LABRAÑA E OS FURABOLOS! |
|
CASTRO SARRIDAL - PROXECTO PATRIMONIO INMATERIAL |
O alumnado de 3º A (os Vagalumes) e de 1º de Bacherelato de Antropoloxía continúan Co seu proxecto sobre o Patrimonio Inmaterial. Nesta ocasión, as rapazas e rapaces de 6º C, inician aventura e participan no proxecto. Como todo en Galicia, comeza falando de comida, así que a gran pregunta era...É que comían os castrexos? Despois de moito investigar, reflexionar e sacar conclusións, deciden visitar o Castro Sarridal e resolver todas as dúbidas que aínda quedaran sen resolver. As Bibliotecas Escolares estamos moi ledas e agradecidas pola participación brindada por María Xosé (Conselleira de Cultura, Licencia en Xeografía e Historia) por acompañarnos e brindar as primeiras documentacións, a Quique Vázquez por estar sempre activo e presente, a Emilio Ramil e ao seu equipo de arqueólogos e arqueólogas, que responderon as mil e unha preguntas dos pequenos e pequenas, ás familias por gozar e participar no traballo sacando ese neno/a que todos levamos dentro e en especial a Andy, o pai dunha alumna se encargou da parte técnica e fixo esta fermosa montaxe.
|
Recreos na biblioteca |
A nosa biblioteca escolar abre as súas portas tamén nos recreos para todo o alumnado que queira facer uso dela neste período de lecer. Algúns nenos e nenas veñen a ler, outros a mirar as novidades e algún ven co seu portatil de abalar para acceder a internet ou facer traballos. Un dos nosos obxectivos é ampliar a biblioteca escolar, e convertila nun verdadeiro centro de recursos para os procesos de ensinanza-aprendizaxe do noso alumnado. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »