Título | Resumo |
---|---|
A ría comeza aquí! |
Baixo este lema o alumnado de 4º, 5º e 6º colaborou na segunda parte da actividade sobre os sumidoiros e os seus coidados, organizado polo Concello de Cedeira. Na Praza Roja sinalizaron todos os sumidoiros baixo o título "A ría de Cedeira comeza aquí". Despois pegaron cartaces e repartiron trípticos para concienciar á poboación do uso correcto dos sumidoiros.
Esta actividade complementa o proxecto "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"
|
VIOLENCIA DE XÉNERO - "OS NENOS MOVEMOS O MUNDO |
O NOSO ALUMNADO DE "OS NENOS MOVEMOS O MUNDO" VOLVE SORPRENDERNOS CUN PODCAST SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO. EDUCAR POLA IGUALDADE É UNHA LABOR QUE INCUMBE A TODA A COMUNIDADE. PARABÉNS RAPAZADA!
|
CONTACONTOS The Very Hungry Caterpillar - DÍA DO LIBRO - LECTURA E FAMILIAS #Lecturascompartidas #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta |
Achegándose o Día do Libro, Eva, unha mamá dunha das aulas de 3 anos, agasalla á rapazada cun contacontos "The very hungry caterpillar" en inglés de Eric Carle
|
RECREOS NA BIBLIO! |
O VOLUNTARIADO ACOMPAÑA, GUÍA E ASESORA A TODO O ALUNADO NOS RECREO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.
PARABÉNS RAPAZADA! A VOSA LABOR É FANTÁSTICA!! |
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL - CON POESÍA!! |
CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL RECITANDO E LENDO POESÍA! A ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA PROFUNDIZARON NA LECTURA DA OBRA "BOLBORETAS NO PAPEL" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA SEMENTOU POESÍA DA MAN DE GLORIA FUERTES "COMO SE DIBUJA UN CASTILLO". QUE OS VERSOS VOEN! POESÍA PARA SENTIR, LER, ESCOITAR, ULIR, DEBUXAR... POESÍA PARA VIVIR!
|
REFLEXIÓNS DO VOLUNTARIADO |
O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA FAI UNHA CRÍTICA CONSTRUCTIVA DO SEU PASO POLA BIBLIOTECA.
|
LIBROS DE RICARDO CARVALHO CALERO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Chegou o Día das Letras Galegas! Nestes tempos nos que temos que quedar na casa, as editoriais comparten con nós as súas obras para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
UN CONTO DIFERENTE #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe convidámosvos a que creedes un escenario para as vosas historias, para os vosos contos. Aí van as indicacións.
Infografía de Nestor Alonso.
E mirade que ben o fixo Roi. É todo un artista!
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
EXPERIMENTOS NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
As nenas e nenos de 4 anos experimentan nas súas casas. Pasade.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Grupos interactivos |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos, onde as familias son voluntarias dentro dunha comunidade de aprendizaxe.
Neste curso o alunado está dividido en catro grupos cooperativos que van rotando cada vinte minutos e
resolvendo diferentes tarefas coa axuda dinamizadora dos adultos voluntarios. Sendo a mestra a persoa que organiza a actividade e axuda a resolver dúbidas. Esta actividade, ademáis de contar coa motivación absoluta do alunado, reduce os conflictos e aumenta a competencia curricular. Agradecer a todos e cada un dos familiares, pois sen a súa boa vontade esta actividade non sería posible. |
COLECCIONISTAS DE PALABRAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
COMEZA A SEMANA ADICADA ÁS LETRAS GALEGAS.
Hoxe imos coleccionar palabras. Si, si... está ben, non son cromos, nin chapas, nin pegatinas da froita... PALABRAS Unha vez estando nun congreso de profesorado, escoitámoslle a un Maestro que "Saber é saber palabras"; nesa mesma xuntanza, nunha sala chea de mestres de toda Galicia, un poeta comezou a súa exposición declarando que o que el facía era "roubar palabras nos libros cada día" para poder escribir... Pois si, amiguiños e amiguiñas, unha das cousas máis importantes que tedes que aprender son PALABRAS. Moitas! Palabras grandes, palabras pequenas, palabras brillantes, palabras para a noite, palabras para rir e palabras para cando un está máis triste... O caso é saber que palabras queremos decir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas. A biblioteca da escola está chea de libros e palabras, pero con esta actividade gustaríanos encher a nosa biblioteca virtual coma se fora un saco... Se as gardamos aquí, asegurámosvos que ninguén nolas vai poder quitar, e así poderemos collelas cando queiramos. Será o noso tesouro e sempre o podemos abrir cando non saibamos que dicir... Andivemos apañando palabras para esta actividade.
Agora é a vosa quenda: A actividade de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribila soa ou metela nunha frase, e mesmo gravar un vídeo. Cada un o que máis lle guste.
Que as palabras voen dende as vosas casas á nosa biblioteca virtual!
Só por participar poderedes recibir un agasallo de Percebiño. Diego e Quique estanlle axudando a crear fotos personalizadas. Mirade
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
Achegade tamén as vosas fotos para poder agasallarvos.
|
ENTREVISTA A EXPERTOS NATURALISTAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
As Aulas ao aire quixeron resolver moitas dúbidas que foron xurdindo ao elaborar os cadernos de naturalistas. As pequenas e pequenos puxéronse moi preguntóns. A colaboración de grandes expertos foi imprescindible nesta tarefa de investigación.
Un privilexio poder contar con todos eles.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
OBRAS NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
A DOTACIÓN DO PLAN LÍA PERMITE IMPORTANTES MELLORAS QUE ESTAMOS LEVANDO A CABO. PROCURAMOS CREAR O MENOR TRASTORNO NO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA E AO MESMO TEMPO INVERTIR ESA DOTACIÓN, TENDO EN CONTA AS RECOMENDACIÓNS DA ASESORÍA E AS ACTIVIDADES QUE LEVAREMOS A CABO NA NOSA BIBLIOTECA. UNHA PRIORIDADE FOI O SANEAMENTO DA PAREDE E RETIRADA DE ESTANTERÍA. ESTA PAREDE ESTABA TOTALMENTE ESTROPEADA POLA SALINIDADE E HUMIDADE.
|
OBRADOIROS DE SAMAÍN: COLAR DE ZONCHOS |
|
CLUB CONTAMINACIÓN - RADIO EXPERIMENTAL |
OS VAGALUMES REALIZARON UN PROGRAMA DE RADIO COA INTENCIÓN DE DIFUNDIR DIFERENTES MEDIDAS PARA MELLORAR O MEDIO AMBIENTE NA VILA DE CEDEIRA. ESTE PROCESO FOI LENTE E MEDITADO. PRIMEIRO FORMARON GRUPOS CON INTERESES SEMELLANTES. DIARIAMENTE MANTIVERON REUNIÓNS PARA DIALOGAR E CHEGAR A UN CONSENSO SOBRE O QUE QUERÍAN FACER. DESPOIS DUNHAS SEMANAS DE TRABALLO CADA GRUPO TIÑA CLARA A TEMÁTICA E REALIZARON REUNIÓNS COA TITORA PARA TRANSMITIR AS SÚAS IDEAS. POSTERIORMENTE, DECIDIRON COMO TRANSMITILAS E A MEIRANDE MAIORÍA VEU A RADIO EXPERIMENTAL COMO UN MEDIO DE DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN QUE CHEGA A MOITA XENTE DA VILA. ASÍ OS GRUPOS CONTINUARON CO SEU TRABALLO, AS IDEAS FORON PASADAS A TEXTO EN PAPEL E LOGO A LIMPO NAS ESCALETAS DE RADIO. SEGUIRON CON ENSAIOS DE VOZ NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, TIÑAN QUE APRENDER A DAR ÉNFASES, ENTONAR, VOCALIZAR E SER MOI COHERENTES CO TEXTO A COMUNICAR. FACER UN PROGRAMA DE RADIO NON É SINXELO, TRANSMITIR E QUE UN PÚBLICO ENTENDA O QUE UN GRUPO PENSA TEN AS SÚAS DIFICULTADES. POUCO A POUCO AS VAN SALVANDO. HAI GRUPOS QUE FIXERON PREGUNTAS AO ALCALDE, PABLO MOREDA, E A ASOC. ARCE (BELÉN) E QUE XA SE REALIZOU A PUBLICACIÓN DA SÚA ENTREVISTA NOUTRA ENTRADA DA BIBLIOTECA. O GRUPO DE MIGUEL, MARINA, ALFONSO E ANDRÉS DECIDIRON CREAR UN CLUB DE CONTAMINACIÓN.
O EQUIPO DE XIÁN E MIRANDA CREEN QUE PROPOÑER MEDIDAS PARA REDUCIR O PLÁSTICO NO CENTRO E NA VILA SERÁ UN MOI BO OBXECTIVO.
O GRUPO DE NOA, SARA E ELENA AMOSARON A SÚA SENSIBILIDADE RECITANDO POESIAS SOBRE O MEDIO AMBIENTE. DESTACAR QUE NOA É A SÚA CREADORA E SORPRENDEU GRATAMENTE ESTA NOVA FACETA. TODOS OS VAGALUMES DAN FONDO AO PROGRAMA RADIOFÓNICO CON DÚAS CANCIÓNS QUE APRENDERON NO PRIMEIRO TRIMESTRE. "QUE CANTEN LOS NIÑOS" DE JOSÉ LUIS PERALES E "CANCIÓN DE LOS RÍOS" DE CANTA Y APRENDE, TRABALLADA NO PROXECTO INTERCENTROS. AQUÍ TEMOS O RESULTADO FINAL! |
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA |
O vindeiro martes, 3 de maio, inauguraremos a nosa biblioteca escolar co nome "Carlos Labraña". Durante esta xornada o propio autor estará con nós e todo o alumnado terá ocasión de saudalo ao longo da mañá. E pola tarde acompañaranos tamén na Feira dos Libros, actividade aberta a todos e todas que nos queiran visitar. Lembrade que comeza ás 17 h. Despois (ás 18 h) poderemos desfrutar da representación teatral da obra de Carlos Labraña "O galo de Portugal camiño de Compostela", a cargo do alumnado de 1º curso de Educación Primaria. Agardámosvos!!! |
SYMBALOO - Cancións e xogos para repasar inglés. 1º |
|
FALTAN 2 DÍAS #bescolaresgalabertas #euquedonacasa |
FALTAN 2 DÍAS!
Gracias a todos os que participástedes na actividade de onte, resulta moi agradable ver que vos gustan os contos. Resultou unha maneira divertida de recoller retallos de historias. E falando de retallos… Moitas veces atopamos pedaciños nas historias que nos gustan tanto se quedan gravados na nosa memoria, ou mesmo contos enteiros que os nenos e nenas máis pequenos son capaces de lembrar e reproducir sen fallar nin unha soa palabra… Parece sinxelo, pero…canto tempo lle puido levar ao escritor dese conto, dese libro, desa fábula…escribir ese pedaciño? E canto tempo todo o conto? e…ocorréuselle facilmente, ou por casualidade? Sería se cadra nunha viaxe?… Hai veces que os contos tamén van acompañados dalgún tema musical. Aquí poderiamos aplicar o mesmo que cos textos. Hai cancións de contos que se nos quedan gravadas e ao escoitalas se nos veñen á cabeza os contos que as conteñen. Sucederá o mesmo coa música que cos textos? Amigos e amigas…cada historia é un mundo e cada autor ten os seus, pero nosoutros estes días tivemos unha conversa con Quique Vázquez, e desa conversa saíu este vídeo. Igual nos pode axudar un pouquiño.
E agora, a actividade para o día de hoxe:
Seredes capaces de adiviñar a que contos pertencen os seguintes fragmentos? Pincha na imaxe Gustaríanos adicar o día de hoxe a todos os artistas das palabras… aqueles que as enfían con tanto agarimo e precisión que fan que sexamos capaces de enfundarnos nas historias coma nun traxe perfectamente cosido e rematado. |
PROXECTO "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
A proposta de hoxe vai adicada a complementar o noso proxecto "Contra o cambio...eu cambio. E ti?" Hoxe queremos propoñer lectura. Son dous contos fermosos, un para rapazada máis grande e outra para máis pequena. Con axuda, todos poden chegar ás dúas. Ao final, ofrecemos un xogo de entretemento. Estes días tan duros para os humanos son os mellores que están vivindo moitas especies. Baixaron os niveis de contaminación e se asomas á ventá es capaz de ver e escoitar moitas aves. Que de todo isto, permaneza o mellor de nós. A equipa de biblioteca quere mandarvos moitos, moito bicos, de caramelos, de chocolate, de fresas... Clica nos pdf para ler os contos. Clica aquí para entreterte co xogo.
|
Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo". |
Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). |
Eu experimento na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Como facer que o metal flote na auga?
|
FALTAN 3 DÍAS! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
FALTAN 3 DÍAS…
Seguro que a moitos vos gusta o recendo a libro novo… É posible que alguén dos que estades lendo este blog algunha vez mercárades, ou vos regalaran, ou vos trouxeran os reis un libro. Pode ser que abrírades ese libro, que lle botárades unha ollada e despois tomárades a decisión de poñervos a ler, ou pedir que volo leran. Que lindo atopar historias novas!… Historias das que roubar palabras para facer outras historias…a veces incluso esas historias pasan a formar parte das nosas vidas, e contámolas, ou puidera ser que ata as cantáramos. Pode ser que algunha vez aquel libro novo pasara a ser o noso libro preferido… Puidera ser…
Hoxe, por ser o primeiro día da Semana do Libro e os dereitos de autor, a nosa proposta é a seguinte:
Seguramente a Percebiño lle guste saber cales son as vosas preferencias para adquirir fondos para a biblioteca e por iso nos gustaría que nolas fixérades chegar.
Cómo?
Deixamos varios exemplos:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Gracias |
CRÓNICAS |
PERDÉRONSE uns mariñeiros, quizais no ventre do mar. Din que están cunhas sereas nunha cova de cristal. Sereas que tecen nubes cos seus beizos de coral. Sereas que tecen bicos, coma perlas no luar. Naufragaron silandeiros e perdéronse no mar. Menos mal que esas sereas lles prestaron un fogar. Antonio García Teijeiro. Foron moitas as vidas que levou o mar en Cedeira. "Crónicas"...unha seitura de sucesos que conformaron unha escurada parte da historia da nosa vila. Esta semana comezamos a facer entrevistas a aquele familiares que se ofreceron a aportar información neste proxecto. Gracias!
|
UN DÍA CALQUERA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
As dúas salas ocupadas... Nunha a aula de Teresa de 4º A, investigando, aprendendo, descubrindo... Noutra os Vagalumes de 3º A, cos recunchos do xoves... Abren a porta e vese baixar unha fila de formiguiñas de 3 anos, son os peques de Raquel, queren ler un conto. Os Vagalumes os convidan a seguir, apertándose un pouco collen todos. O traballo continúa, Raquel senta aos seus nenos e nenas e comeza o conto, "A que sabe a Lúa?", de Michael Grejniec, editorial Kalandraka, non transcorren dous minutos e as cabezas dos Vagalumes se erguen e se xiran, hai emocións no ar, recordos da nenez recen deixada, cheiros doces... Xa non hai recunchos, hai letras, contos, a atención é selectiva e está con Raquel, nas súas verbas... Foi tan lindo o que ocorreu! Por máis días calquera. |
DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS |
Dende o Ceip Nicolás del Río, queremos celebrar o día Europeo das Linguas, resaltando a riqueza lingüística e cultural presente na nosa comunidade educativa. Porque todas as linguas contan.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »