Skip to main content

Setembro 2022

“Do mar vívese” #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ata a praia da Madalena achegámonos para realizar un obradoiro da campaña

“Do mar vívese”, que desenvolve a Consellería do Mar. Informáronnos da

importancia de respectar a actividade marisqueira e dos perxuizos que causa o furtivismo.

 


De xeito lúdico aprendemos sobre diferentes especies de mariscos e do tamaño de recollida,

de como conservar limpa e coidada a praia e o máis importante, deixar e defender o traballo das mariscadoras.

 

 

PAKOLAS NO AUDITORIO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este xoves a Biblioteca Municipal "López Cortón" agasallou ao

alumnado de 1º a 3º de Primaria con moito rock e libros!

 

 

 

PATIOS VIVOS! RESPECTUOSOS COA INFANCIA #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os espazos se deseñan para que a través do xogo xurda a aprendizaxe.

A motivación é o motor. 

 

 

 

 

ARGALLANDO NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na biblioteca "Carlos Labraña" temos moitos libros para ler, consultar, xogar,

rir e tamén chorar. Pero nos recreos ademáis de ler, encántanos argallar!

Cada día chegan mentes inmensamente ricas de ideas, creatividade,

historias e con ganas de facer. Elas e eles están orgullos@s e nós del@s.

 

 

 

 

BUSCAMOS FAMILIAS! GRUPOS INTERACTIVOS #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FormacióndeUsuarios

Este ano, merecémonos voltar a todo o bo que nos limitou a pandemia.

As familias sodes un eixo importante da nosa biblioteca. Polo tanto estades convidadas

a participar na formación de usuarios. Para isto presentamos o cartaz e un número para apuntarse.

Pasando o lector QR do móbil poderedes profundizar nos grupos interactivos das comunidades

de aprendizaxe, de Ramón Flecha.

Posteriormente, falaremos con vosoutros para explicarvos máis concretamente as actividades deseñadas.

Recordade que para participar nos interactivos non se require ningún coñecemento,

unicamente ser maior de dezaoito anos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ABRIMOS AS PORTAS!

Benvidas e benvidos, persoas, proxectos, críticas constructivas e milleiros de ideas!

O verán trae consigo novos proxectos e deixou medrar outros.

Aquí temos as sementes, que veñen bulir todo e dar unha boa colleita.

Namentres, o equipo de biblioteca está preparando e argallando o entramado.

Aprendede gozando, rapazada!

 

INSTRUCCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. CURSO 2022/2023