Skip to Content

1º Curso

DESPEDÍMONOS DE EMILY!!!

O mércores 28 de maio foi o último día de Emily no colexio pero, antes da despedida, fixémoslle uns agasallos para que non se esqueza de nós.

Esperamos que teña moita sorte no seu novo colexio e veña visitarnos cando poida!!!

THANKS FOR EVERYTHING, EMILY!!!

OBRADOIRO "A MIÑA ROUPA TEN MÁIS USOS"

O martes 20 de maio foi un día moi completo para os nen@s de 1.º de Primaria.

Comezamos a mañá cunha sesión de contacontos e rematámola cun obradoiro titulado "A miña roupa ten máis usos", promovido pola Concellaría de Medio Ambiente de Sanxenxo. O seu obxectivo é fomentar o reciclado e a reutilización da roupa entre o alumnado de 1.º curso.

Despois da prestar moita atención á explicación que nos deu Luís sobre o proceso de reciclaxe que segue a roupa, elaboramos unhas marionetas fantásticas con calcetíns.

 

Comezamos facendo a cara.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 E rematamos poñéndolle pelo de cores e decorando con rotuladores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 Todos marchamos moi contentos coas nosas

marionetas!!!

 

COMEZAMOS A TRABALLAR COS BEE-BOT NA CLASE DE 1.º

Xa sabedes que este ano estamos a introducir unha nova ferramenta de aprendizaxe no colexio:

OS ROBOTS

Esta é a primeira sesión de traballo cos Bee-bot que realizamos na aula de 1º. Empregamos 2 tapices (o mapa e a cidade) polos que diriximos os robots seguindo as ordes que programamos.

 

 

 

PÓSTER DE SPIDERMAN

Unha das últimas actividades que fixemos na aula de 1.º foi un póster de Spiderman para expoñer o Día do Libro.

Durante varios días investigamos sobre este personaxe de cómic e averiguamos moitos datos que nos serviron para coñecelo mellor:

  • Os seus creadores chámanse Stan Lee e Steve Ditko.
  • Apareceu por primeira vez o 15 de agosto de 1962.
  • A editorial que publicou os cómics foi Marvel.
  • En realidade, Spiderman é Peter Parker, un xoven científico, profesor, vixilante, fotógrafo e superheroe.
  • Os seus aliados son Iceman e Starfire.
  • Ten moitos enimigos cos que ten que loitar: Venom, Electro, Dr. Octopus, Misterio, Duende Verde, Rhino... e moitos máis.

Mirade que ben nos quedou a póster.

Podedes velo durante uns días na entrada do colexio!!!

 

PORTADAS PARA AS FICHAS DO 2.º TRIMESTRE

O trimestre está a piques de rematar pero antes, na aula de 1.º, realizamos as portadas para arquivar as fichas desta avaliación.

Nesta ocasión fixemos unha portada primaveral con flores e bolboretas de moitas cores.

 

Así as elaboramos:

Recortamos e pegamos a herba.

Pintamos as flores con témpera.

Decoramos o cartel co noso nome, coloreamos o sol e pegamos bolboretas multicolores en 3D.

QUEDARON MOOOOI BONITAS!!!

 

REGALOS DE SOGAMA!!!

O luns 24 de febreiro recibimos uns regalos chulísimos de Sogama por participar no Trivial sobre reciclaxe. Déronnos un minicontenedor amarelo para cada un e unha bolsa de tea para os gañadores.

Mirade que guapos estamos cos sombreiros do Entroido e que contentos quedamos cos regalos!!!

 

POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Na clase de 1.º estivemos aprendendo moitas cousas sobre esta famosa escritora galega. Ademais, fixemos un mural cunha das súas poesías, titulada "Acolá enriba". Cada un de nós decorou un verso e, despois de moitos ensaios, conseguimos recitala como auténticos poetas e poetisas.

Podedes vela durante estes días na exposición da entrada do colexio!

 

"Acolá enriba"

 

Acolá enriba

na fresca montaña,

que alegre se crobe

de verde retama,

meniña morena

de branco vestida,

nubiña parece

no monte perdida,

que xira, que corre,

que torna, que pasa,

que rola e, mainiña,

serena se para.

 

 

MURAL SOBRE A RECICLAXE

Nos últimas semanas estivemos a preparar un mural sobre a reciclaxe para colocar na aula.

Como tiñamos algunhas dúbidas á hora de separar os residuos, decidimos facer contenedores con carteis informativos.

Este é o resultado!!!

Así o fixemos:

Coloreamos os contenedores con ceras brandas.

Plastificámolos e pegámolos no mural.

Decoramos os carteis con gomets e... listos para colocar!

 Agora podemos resolver as dúbidas en calquera momento!!!

 

FACEMOS OS ADORNOS PARA O DÍA DA PAZ

Durante as últimas semanas do mes de xaneiro estivemos a preparar os adornos para o Día da Paz.

Primeiro fixemos uns broches con goma eva en forma de pomba.

Mirade que bonitos nos quedaron!

Broches 1º

Pero non foi o único que realizamos. Como ben sabedes, este ano decidimos crear un mural colectivo con material reciclado para adornar o cole.

Nós decoramos a parte superior da letra P con rolos de papel de cociña cortados e pintados con témpera.

Este foi o resultado!

FESTA DE AULA

Para poñer fin ao 1.º trimestre, celebramos unha fantástica festa na aula.

Pasámolo moi ben cantando, bailando e xogando todos xuntos. A

comida e a bebida estaban riquísimas. Ñam, ñam!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut