Skip to Content

Animación á lectura

2 MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Sábado 2 de maio de 2020
 
Dende o CEIP PLURILINGÜE NANTES  temos moi claro que na loita contra o acoso e o ciberacoso é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e de toda a sociedade.
Por elo, unha combinación perfecta inclúe CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
 
Deixamos unha serie de curtas que nos leven a reflexión:
 
Historia de un erizo
 
No juegues conmigo
 
El Sándwich de Mariana
 
Se buscan valientes
 

O DÍA DO LIBRO ESTÁ Á VOLTA DA ESQUINA...

Mércores 22 de abril de 2020

Para conmemorar o Día do Libro-23 de abril 2020- adiantamos as seguintes propostas nas que os alumn@s de todas as idades teñen cabida.

Por unha banda, propoñemos a elaboración dun marcapáxinas. Deixámosvos algunhas ideas pero... seguro que deixando "voar" a vosa imaxinación e desenvolvendo a vosa creatividade, se vos ocurren moitas máis. Buscade cousiñas que teñades por casa e... ¡ADIANTE!

Ademais, vos recomendamos unha serie de lecturas para estes días. Son contos cortiños, que podedes descargar gratuitamente na páxina https://weeblebooks.com/

Neste caso, as nosas recomendacións (adxuntadas en PDF) son:

1. Educación Infantil: Un cuento para la imaginación.

2. 1º e 2º de Educación Primaria: Corazón de idea.

3. 3º e 4º de Educación Primaria: El amuleto de la momia.

4. 5º e 6º de Educación Primaria: Las noches en vela.

Sorriso#LE LIBROS #REGALA HISTORIASSorriso

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES- 24 OUTUBRO 2019

Xoves 24 de outubro de 2019

Que mellor maneira de celebrar o Día das Bibliotecas que con varias sesións de contacontos organizadas polo Equipo de Biblioteca???

Os mestres/as foron os encargados/as de dinamizar este día e, como oíntes, acompañáronnos todos os/as alumnos/as dos diferentes niveis.

Aquí vos deixamos un vídeo demostrativoGuiño:

sentímolo, flash non está dispoñible.

 P.D. "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho."

(Miguel de Cervantes)

CONTACONTOS FAMILIARES DE 1.º E 2.º EP (2019/2020)

CURSO 2019/2020

COMEZAN AS SESIÓNS DE CONTACONTOS FAMILIARES DE

1.º E 2.º DE PRIMARIA!!!

Luns 4 de novembro de 2019

 NAI DE SOFÍA PIÑEIRO (2.º PRIMARIA)

Inauguramos os contacontos familiares coa famosísima historia "Mi primer Principito". María, a mamá de Sofía, trouxo unha versión adaptada para os máis cativos pero cos debuxos orixinais do autor. 

Así comeza: "Había una vez un pequeño príncipe que vivía en un planeta tan minúsculo, tan diminuto que ni siquiera tenía nombre".

Inspirador, verdade???

Moitas grazas María pola túa visita!!!

 

Luns 3 de febreiro de 2020

 NAI DE IVÁN (1.º PRIMARIA)

Os contacontos familiares continúan coa historia "El oso pardo y la paciencia". Moka, unha cría de oso moi alegre pero impaciente, vai encontrarse con algún que outro problema.

Patricia, a mamá de Iván, trouxo este fantástico conto que destaca o valor da paciencia.

Moitas grazas e ata a semana que vén!!!

 

Luns 10 de febreiro de 2020

 NAI DE IVÁN (1.º PRIMARIA)

Patricia volve visitarnos, nesta ocasión co conto titulado "El conejo y la sinceridad". A Boris, un coello mentiroso e glotón que pensaba que era moi listo, ocorréuselle unha idea xenial para comer máis e mellor. ¿Ou non foi unha idea tan xenial...?

Neste conto destácase o valor da sinceridade, co cal é unha boa proposta para calquera ocasión.

Grazaaaaaaaas polas túas visitas!!!

 

CABAZAS OLÍMPICAS: FÚTBOL (1.º EP)

Mércores 30 de outubro de 2019

O Proxecto Documental Integrado (PDI) que se vai traballar desde a Biblioteca ao longo do curso titúlase:

"Sorpresiña vai ás Olimpíadas".

Así que, como non podía ser doutro xeito, en cada clase decidimos decorar  unha cabaza como un deporte olímpico. Na clase de 1.º de Primara optamos polo...

FÚTBOL

Pois mans á obra:

1.º Pintamos a cabaza como un balón de fútbol.

2.º Fixemos un campo con goma eva.

3.º Cada neno/a da clase converteuse en xogador.

O resultado....

XENIAL!!!

 

PDI 2.º PRIMARIA: O OCEÁNO ÁRTICO E ANTÁRTICO

Maio 2019

Desde o equipo de Biblioteca propúxeronnos elaborar un traballo relacionado coa auga: mares, ríos, océanos, rías...

Tras facer o sorteo cos temas, á clase de 2.º tocounos o Oceáno Ártico e o Océano Antártico. Pois... mans á obra!

Cada neno/a investigou, coa axuda da súa familia, sobre un aspecto destes dous océanos. Cos traballos realizados preparamos unha exposición no corredor da planta baixa, cunha gran cantidade de información e moita decoración xeada.

Pero a actividade non rematou aquí, xa que logo tivemos que explicar o noso proxecto ás familias e aos compañeiros/as das outras clases.

Que nervios pasamos pero... que orgullosos/as nos sentimos!

Aínda que podedes ver a exposición no colexio, aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos traballos:

                         Sabela                                                              Laura

             Daniel                                                               Lara

    

     

                        

 

 

 

 

 

                         Claudia                                                            Roberto

   

                    

 

 

 

 

 

 

                    Daniela                                                          Matías

 

                   Alejandra                                                        Gabriel

 

                     Seila                                                              Lucía

 

             

 

 

 

 

 

               Rubén                                                             Lola

 

                      

 

 

 

 

 

 

                       María                                                          

 

 

 

 

 

 

 

 

Agardamos que vos guste!

 

CONTACONTOS FAMILIARES DE 1.º E 2.º 2018/2019

CURSO 2018/2019

As sesións de contacontos familiares xa están aquí!!! Canto nos gusta que nos visiten as mamás, os papás...!!!

Martes 27 de novembro de 2018

NAI DE CLAUDIA (1.º PRIMARIA)

Inauguramos os contacontos cunha fermosísima historia que nos trouxo Dulce, a mamá de Claudia. Trátase de "Pepita es especial", un libro cargado de valores que conta a historia de Pepita, unha nena real con Síndrome de Down que conquistou a miles de persoas a través de Instagram.

A todos/as nós tamén nos deixou namorados.Sorriso

Podedes coñecer a Pepita visitando o seu Instagram @pepitamola

Moitas grazas por visitarnos!!!

 

Martes 4 de decembro de 2018

NAI DE SOFÍA (1.º PRIMARIA)

María veu acompañada dun fermoso libro titulado "Así es mi corazón", unha homenaxe ás emocións e sentimentos dos nen@s, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo... Para rematar, entregounos a cada un/unha de nós un debuxo dun corazón en branco para que o coloreemos segundo como imaxinamos que é.

Sen dúbida, unha proposta moi interesante para pedirlle aos Reis Magos ou a Papá Noel!

Encantounos a túa visita!!!

 

Martes 15 de xaneiro de 2019

NAI DE MATÍAS (2.º PRIMARIA)

Comezamos o ano cunha nova sesión de contacontos. Lucía, a mamá de Matías, leunos"La ovejita que vino a cenar", un delicioso conto cheo de valores como a amizade, a xenerosidade e a aceptación das diferenzas.

Foi todo un éxito!!!

Queredes coñecer esta historia? Pois... dádelle ao Play!!!

Moitísimas grazas!!!

 

Martes 22 de xaneiro de 2019

NAI DE LAURA (2.º PRIMARIA)

Continuamos cos contacontos familiares!! Beatriz contounos "La niña que no quería cepillarse el cabello", unha sorprendente historia na que unha nena se ve invadida por uns ratiños que fan da súa cabeza un palacio.

Pero... como acabará esta aventura???

Encantounos a túa visita!!!

 

Martes 29 de xaneiro de 2019

NAI DE SEILA (2.º PRIMARIA)

Temos outra visita!!! Yeniffer veu acompañada dun monstro especial, "El monstruo de los colores", un libro fantástico que nos axuda a identicar as emocións propias e as dos demais.

Alegría, tristeza, medo rabia... E ti, como te sentes?

Grazas por emocionarnos!!!

 

Martes 26 de marzo de 2019

NAI DE SOFÍA (1.º PRIMARIA)

María visitounos por segunda vez cun libro divertidísimo que leva por título "Las jirafas no pueden bailar". Chufa, a xirafa protagonista, quería participar no baile da selva pero... non era moi habilidosa á hora de bailar.

Terá esta historia un final feliz? Non o dubides e le este libro!

Grazas por visitarnos unha vez máis!!!

 

Martes 2 de abril de 2019

PAI DE CLAUDIA (1.º PRIMARIA)

Poñemos punto e final aos Contacontos Familiares deste curso coa visita de Alberto. Nesta ocasión desfrutamos do conto "Corre corre, cabaciña" que narra a historia dunha cabaza que vai rodando polo camiño e se atopa cun lobo, un oso e un león.

Ten boa pinta, verdade? Pois... hai un exemplar na biblioteca, no recanto de Educación Infantil.

 Que ilusión nos fixo a túa visita!

 

E ATA AQUÍ CHEGARON OS CONTACONTOS FAMILIARES DO

CURSO 2018-2019

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS

QUE NOS ACOMPAÑARON NESTA

ACTIVIDADE!!!

 

DEREITOS DA INFANCIA

Martes 20 de novembro de 2018

Desde o Equipo de Biblioteca conmemoramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia. 

Na aula de 2.º traballamos dous dereitos fundamentais:

SAÚDE     e     EDUCACIÓN

Para que ninguén se esqueza da súa importancia, fixemos un bonito cartel.

Mirade que artistas!

A gravación para o vídeo que fixemos todos os cursos saiunos xenial.

Non dubidedes en entrar no blog da biblioteca para ver o resultado!!!

 

CABAZA DE ELMER

Venres 26 de outubro de 2018

O Equipo de Biblioteca propuxo a cada clase o reto de converter unha cabaza nun personaxe de conto.

Na aula de 2.º escollemos a...

Elmer

un divertido e curioso elefante de cores que nos encanta!!!

Comezamos cubrindo a cabaza con moitos cadradiños de cores:

Logo pasamos ás orellas e á trompa:

Despois botamos unha capa de Alkil para que todo quedase ben pegado e moi brillante. Cando secou a profe pegou con silicona.

E... este é o resultado:

Custounos moito traballo pero o resultado é xenial e estamos moi

orgullos@s!!!!

Podedes velo na exposición da entrada do colexio.

 

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º E 2.º 2017/2018

2017/2018

Un ano máis, as familias de 1.º e 2.º de Primaria veñen ao colexio a contarnos unhas historias fantásticas.

Mércores 29 de novembro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE ZAIRA (2.º Primaria)

Esta frioleira mañá, Jennifer contounos "La gallina de los huevos de oro", unha fantástica historia que nos fixo comprender que a avaricia non é unha boa compañeira de vida.

Gustounos moito!

Moitas grazas pola túa visita!

Luns 4 de decembro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE ALEJANDRO (1.º Primaria)

Nesta ocasión visitounos Noemí, a mamá de Alejandro. Contounos "La verdad según Arturo", un libro xenial da nosa biblioteca sobre a verdade... ou mellor dito, sobre a mentira. Arturo dirá a verdade?... Que farías ti?

Non deixes pasar a oportunidade de pasalo en grande con este libro. Hai dous exemplares na estantería de 1.º e 2.º de Primaria.

Grazaaaaas por pasar un ratiño connosco!!!

Luns 11 de decembro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE LAURA (1.º Primaria)

Beatriz,a mamá de Laura, trouxo un libro moi axeitado para estas datas titulado " "Cuentos de Navidad". Esta visita foi moi variada, pois houbo contos, panxoliñas...

Gustounos moito. Que ganas de cheguen as vacacións de Nadal!!!

Grazaaaaas pola túa visita!!!

(As profes pedimos desculpas porque nesta ocasión non fixemos a foto grupal).

  Mércores 13 de decembro de 2017

VISITA DO PAPÁ DE MIA (2.º Primaria)

Unha curso máis, David veu ao colexio con divertidísimo conto en inglés titulado "There was a coyote who swallowed a flea". Todo comeza cando o coyote traga unha pulga. Como rematará a historia?

Non te perdas este conto. É pura diversión!

Thanks!!!

Luns 18 de decembro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE PAOLA (2.º Primaria)

Este ano Rocío trouxo un fantástico libro de Nadal titulado "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Non se trata dun conto típico destas datas, senón que amosa a visión particular dun neno sobre un acontecemento tan especial como o Nadal.

Canto enxeño e humor!

Grazas por todas as túas visitas!

 Mércores 10 de xaneiro de 2018

VISITA DO PAPÁ DE ALEJANDRA (1.º Primaria)

Nesta sesión Martín leunos unha das historias favoritas dos últimos tempos: "Frozen". Non dixedes de ler este libro se queredes saber cal é o segredo que separou ás princesas Anna e Elsa.

 

Que emocionante!

Encantounos a túa visita!

Luns 15 de xaneiro de 2018

VISITA DA MAMÁ DE ANTÍA (2.º Primaria)

Luisa sorprendeunos cun libro belísimo titulado "El pez Arcoiris". A través do peixiño Arcoiris, ensinános a importancia de saber compartir.

Non vos perdades esta historia!

Moitísimas grazas!!!

Luns 16 de abril de 2018

VISITA DA MAMÁ DE MATÍAS (1.º Primaria)

Este luns, Lucía deixounos abraidos coa historia "O neno azul escuro", un libro moi especial escrito e ilustrado por ela mesma. Que pasaría se cada persoa fora dunha cor en función dos seus gustos? Sempre seriamos da mesma cor ou cambiariamos co paso do tempo? Se queredes saber que ocorre non dubidedes en ler este libro.

Ao rematar, todos quedamos pensando na cor que mellor nos definiría a cada un de nós!

Grazas por compartir connosco as túas historias!!!

 Luns 23 de abril de 2018

VISITA DA MAMÁ, DO PAPÁ E DA TÍA DE MATÍAS (1.º Primaria)

Lucía, Juan e Reme sorprendéronnos cunha dramatización en lugar dunha lectura, como adoita ser o habitual entre as familias. O libro que escolleron foi "El grúfalo", un dos nosos favoritos. Acompañados dun teatriño, dos personaxes, doutra decoración que eles mesmos elaboraron e de moitas ganas, deleitáronnos cunha fantástica función de monicreques.

Mellor imposible! E que ben o pasamos!!!

Moitas grazas á familia Varela por adicarnos todos os anos un anaquiño do seu tempo!!!

Luns 7 de maio de 2018

VISITA DA MAMÁ DE HUGO (2.º Primaria)

Hoxe puxemos punto e final aos Contacontos familiares deste curso coa visita de Patricia. Nesta ocasión contounos "El lobo y la lealtad". Risk, un lobo cun gran olfacto que caza coa súa manda as ovellas e galiñas de pastores e granxeiros, recibe unha lección moi importante cando un can pastor lle salva a vida.

Cantos valores transmite esta fantástica historia!

Moitas grazas!!!

 

DESPEDÍMOS ATA O VINDEIRO CURSO AGRADECENDO ENOOOOOORMEMENTE A COLABORACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut