Skip to Content

Educación Infantil

Información

O profesorado titor entregará persoalmente a cada unha das familias o informe individual de avaliación coas calificacións do seufillo/a en cada trimestre onde as nais, os país, ou as titoras legais poderán solicitar aclaracións, á persoa titora e ao profesorado, acerca das informacións e valoracións que reciban sobre o proceso de aprendizaxe das súas fillas, dos seus fillos ou das persoas que tutelen, e sobre as decisións que se adopten como resultado do devandito proceso.

Igualmente durante o curso poderán solicitar reunións de titoría para o anterior fin a través da axenda escolar, mediante solicitude cubrindo o impreso dispoñible en conserxaría ou a través da aplicación Abalar.

Durante as reunións de titoría poderáse acceder á consulta dos instrumentos de avaliación. Ademais, en conserxaría está dispoñible o modelo de solicitude para, de ser o caso, obter unha copia dos instrumentos de avaliación aplicados pola/o mestra/e ou mestra/e de área.

ACTUACIÓN "OS PIÑEIRIÑOS"

Luns 26 de abril de 2021

Nesta xornada, os alumnos/as de Educación Infantil tiveron unha visita moi especial no cole.

OS PIÑEIRIÑOS viñeron facer unha actuación en cada clase, coa que todos/as o pasaron en grande!!!

 

Gustounos moito. Ata pronto!!!

 

OBRADOIRO: "MARIÑA, A PINGUIÑA REVOLTOSA"

Venres 9 de abril de 2021

Os alumnos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro sobre sensibilización ambiental, organizado polo Concello de Sanxenxo, que leva por título, "Mariña, a pinguiña revoltosa".

A través da narración da historia dunha pinga de auga animada, os/as cativos/as puideron:

  • Concienciar que a auga é un recurso imprescindible para a vida e que non é inesgotable.
  • Favorecer a comprensión sobre como a contaminación da auga é un problema moi grave que afecta aos seres vivos e á calidade de vida das persoas.
  • Fomentar actitudes responsables como o aforro da auga.
  • Acadar cambios de actitudes e aptitudes (individuais e colectivas) sobre a xestión e o consumo da auga.

Sen dúbida, unha proposta moi interesante que agardamos repetir o vindeiro curso:)

 

#DESPEDÍMONOS

Venres 19 de xuño de 2020

Familias e alumn@s valentes:

Non queremos rematar este curso tan estraño para tod@s sen felicitarvos polo voso traballo. Fixéchedes un curso maravilloso e neste último trimestre demostrástedes o valentes que sodes, as vosas fortalezas (que son moitas), as vosas gañas, a vosa implicación e a vosa VALENTÍA.

Desexámosvos máis que nunca que disfrutedes do verán, dos días soleados, dos pequenos momentos na mellor compañía, dos vosos seres queridos... que recuperedes todo o tempo do que non puidemos disfrutar semanas atrás.

Desexámosvos o MELLOR, AGORA e SEMPRE!Inocente

Quérenvos as vosas profesSorriso:

GuiñoELENA E MARTAGuiño

 

#XIMNASIA CEREBRAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Mércores 17 de xuño de 2020

Ola familias:

 

Propoñemos a continuación unha serie de actividades que ademáis de ser dinámicas, proporcionan moitos beneficios: A ximnasia cerebral axuda a desenvolver a concentración, a creatividade, o aprendizaxe e incluso a autoestima.

 

Os exercicios que a continuación presentamos poden ser postos en práctica polos alumn@s das tres idades, 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

 

¡EXERCITEMOS O NOSO CEREBRO!

 

 

QUE DIVERTIDAS SON AS MATES!

Martes  16 de xuño de 2020

Ola a tod@s! 

Xa estamos chegando ao final deste curso  e queremos que fagades unhas pouquiñas actividades de mates para repasar e aprender cousas novas.

As actividades comprenden os tres bloques de aprendizaxe: contar, sentido do nº e transformacións numéricas .

4º EI

5º EI

6º EI

E para que sigades practicando , neste enlace tedes un montón de xogos de mates , letras... solo tedes que clicar no que máis vós interesa. Clica na imaxe para acceder directamente.

 

 

 

Recordade que no verán, se vós apetece e tedes tempo, podedes visitar esta páxina e seguir practicando en todos os enlaces que deixamos.

 

Apertas virtuais

 

Marta e Elena

 

 

 

 

 

PARA ESTES DÍAS...

Luns 15 de xuño de 2020

Bos días familias:

Xa estamos case ao remate, así que para estes días propoñémosvos un traballiño máis dinámico.

Por unha banda, adxuntamos a continuación unha serie de recursos TIC cos que traballar contidos vistos ata agora e secuenciados para as tres idades:

https://www.cokitos.com/educacion-infantil/

http://www.pipoclub.com/

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos

Por outra banda, e coa finalidade de estimular a linguaxe oral nestas idades, recomendámosvos a lectura dos seguintes "CONTOS MOTORES":

https://soniaeducadorainfantil.wordpress.com/category/cuentos-motores/

A través dos pictocontos estaremos a estimular a linguaxe dos máis pequenos. 

- @s alumnos/as de tres e catro anos contarán os contos tomando como referencia os pictogramas.

- @s alumnos/as de cinco anos poderán facer uso dos pictogramas para contar o conto, pero ademais, poderán intentar leelo (está escrito en maiúscula) eles primeiro, desactivando o son. Unha vez lido, o poden escoitar (activando novamente o son).

https://www.pictocuentos.com/

Sorriso AGARDAMOS QUE SIGADES DISFRUTANDO DESTAS PROPOSTASSorriso

APERTAS VIRTUAIS DAS VOSAS PROFES,

SorrisoELENA E MARTASorriso

 

 

#SECUENCIACIÓN DO TRABALLO: MÉTODO-4º,5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Semana do 8 ao 12 de xuño

 

Bos días, familias:

Adxuntamos como de costume a secuenciación do traballo do método para os tres niveis.

Con esto rematamos as actividades dos libros .

Disfrutade deste luns e para calquera dúbida estamos a vosa disposición.

SorrisoAPERTAS XIGANTE DAS VOSAS PROFESSorriso

GuiñoELENA E MARTAGuiño

#ANIVERSARIOS MES DE MAIO

Venres 5 de xuño de 2020

Queremos dar un forte aplauso aos nen@s que cumpriron anos no mes de maio!

Distribuir contido


by Dr. Radut