Martes 5 de maio de 2020
MINDFULNESS- AS POSTURAS DOS ANIMAIS DO MAR
Ola familias:
¿Qué vos parece se comezamos o día estirándonos un pouco?
Para elo, imos seguir as instruccións que neste video se nos dan e así imitar pequen@s e maiores as posturas dos animais do mar. ¡ADIANTE!
IMOS CUN POUQUIÑO DE LÓXICA- MATEMÁTICA:
Para os de 3 anos: MÁIS QUE- MENOS QUE- IGUAL QUE
Colocamos un prato e unha cantidade (ata o 10). Por exemplo, 6 noces. O nen@ terá que seguir as consignas que lle demos: “coloca máis noces que as que eu coloquei”, “coloca menos noces cas que eu coloquei”, “coloca tantas noces como eu coloquei”. Deste modo, ademais de estar a practicar o conteo, esta actividade permítenos seguir reforzando os cuantificadores (máis que, menos que, igual que…).
Debuxaremos os números (1-10), un en cada cuartilla de folio. Faremos grupos (por exemplo 5 noces, 3 bonecas…). Os nen@s terán que contar cantas hai e coller o número que representa esa cantidade (3 bonecas- collen o 3). Así, estaremos traballando asociación nº- cantidade.
Actividade interactiva: UNE O VAGÓN CO SEU NÚMERO
https://es.liveworksheets.com/kp74078pl
Para os alumnos de 4 anos:
A familia do 10:
Identificamos os números que compoñen cada cantidade: once 10 e 1 (e se representa 11), doce: 10 e 2 (e se representa 12)…e formamos manipulativamente conxuntos (un collar con 10 macarróns). Se temos 10 macarróns cantos lle temos que engadir para que teña 11?, e para que teña 12?...
Actividade interactiva: A FAMILIA DO 10
https://www.liveworksheets.com/zb324643bp
Deberedes arrastrar os número que pertenecen a familia do 10 a súa casiña.
Para os alumn@s de 5 anos: formamos decenas.
1 decena = 10. Se podedes, atades paliños de 10 en 10.
Formamos cantidades con palillos: por exemplo 15à 1 decena (10) e 5 soltos (unidades).
Segundo vexamos a evolución, podemos seguir aumentando as decenas, creando cantidades novas…
Actividade interactiva: DECENAS E UNIDADES.
Recordade, os palillos que están atados cunha goma representan 1 decena = 10.
https://es.liveworksheets.com/bd271886sv
¡DIVERTÍDEVOS!