Xoves 26 de marzo de 2020
Ola a tod@s! Esperamos que esteades ben e que pasen estes días para que nos vexamos pronto, as profes tamén estamos na casa e nos acordamos moito de vós.
Hoxe tocan mates e o queremos propoñer unha serie de actividades para cada idade que podedes atopar nun blog estupendo: marquirell.blogspot.com. Este blog traballa as matemáticas coa mesma metodoloxía que usamos no colexio. Clica na idade e xa accederás directamente ás actividades recomendadas para cada etapa.
Cando entres no blog busca un dossier no que atoparás as actividades , o obxectivo da actividade e os enlaces para cada unha.
Ánimo a todos! Recordade que podedes consultar as dúbidas que teñades nos correos electrónicos das profes.