Skip to Content

Orientación

“31 de Marzo Día Internacional da Visibilidade Trans”

Marzo 2021

Coa finalidade de celebrar a diversidade e os dereitos das persoas “Transxénero, Transexuais ou aquelas que non se rexen polos estereotipos de xénero preestablecidos” levamos a cabo, desde o Departamento de Orientación, unha charla nos niveis de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Abrindo unha fiestra cara unha inclusión efectiva e positiva o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha curta para contribuír a desmontar mitos e fomentar a non discriminación deste colectivo.

A curta foi visualizada por todo o noso alumnado de Educación Primaria.

Paralelamente, o alumnado de 6º de Educación Primaria realizou a gravación da lectura de dous contos “Ahora me llamo Luisa” e “Vivan las uñas de colores” para o noso alumnado de Educación Infantil.

No blog da biblioteca deixámosvos o traballo realizado “Divers@s somos Tod@s”.

 Clicade aquí para acceder ao vídeo

 

10 de Decembro "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos"

Xoves 10 de decembro de 2020

Os Dereitos Humanos son as "garantías que todas as persoas temos desde o momento en que nacemos, sen importar a raza, o sexo, idioma, relixión, economía, orixe nacional, orixe social, opinión política nin cor".

Temos dereito á vida, á educación, á saúde, á auga, á alimentación, á identidade, á liberdade, á protección, a recibir amor e comprensión e dereito a xogar...entre moitos máis!!!

Cal é a súa función?

- Realizarte como persoa.

- Ter unha vida digna.

- Ter as mesmas oportunidades e trato que as demais persoas.

Aquí deixamos unha ligazón por se desexades saber máis!

https://www.youtube.com/watch?v=w-wwSERIEJY 

Coida que non se vulneren ni os teus dereitos nin os dos demais.

 

3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Xoves 3 de decembro de 2020

Un ano máis desde o CEIP Plurilingüe Nantes celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o Departamento de Orientación gustaríanos dar visibilidade á importancia de ver cada xornada como Días de Ser Capaces.

Desde esta perspectiva debemos, entre todas/os: equipo docente, alumnado e familias, enfocar a ensinanza e aprendizaxe cara unha perspectiva cooperativa e de inclusión.

Fagamos deste un mundo mellor, adaptémonos ás variadas diversidades funcionais e ás súas necesidades, porque:

   Diversos somos todas/os e xuntas/os sumamos +

Aquí deixamos unha curta de animación que mostra os valores e ilusións dunha fermosa historia de amizade (De Pedro Solís García)

E...se queredes explicar que é a discapacidade ás vosas fillas e fillos aquí deixamos a seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?v=KNP6I-TrwvI 

Tríptico Informativo "Funcionamento do Departamento de Orientación"

Mércores 18 de NOVEMBRO de 2020

Estimadas familias, achegamos información sobre o funcionamento e organización do Departamento de Orientación do noso centro educativo. Podedes descargar o arquivo adxunto. 

"El niño tiene cien lenguajes, cien manos, cien pensamientos, cien formas de pensar, de jugar y de hablar, cien formas de escuchar, de sorprender, de amar, cien alegrías para cantar y entender"

(Loris Malaguzzi)

EDUCANDO EN POSITIVO

Martes, 16 de xuño, de 2020.

Bo día familias!! Que tal estades??Seguro que xenial, pois esta semana xa remata o curso escolar e xa chegan por fin, as desexadas vacacións e o tempo de descanso.

 Gustaríame terminar este curso tan atípico, falándovos da importancia que ten a Educación en Positivopara os voso fillos e fillas.

 

Educar con firmeza, cariño, amabilidade e respeto, é unha Disciplina Positiva. Transmitir mensaxes que axuden os nenos e nenas a crecer de forma persoal e a non culpalos por facer algo mal.

Anímaste a educar en positivo?

Disciplina Positiva, é o autocoñecemento e a actitude do adulto que acompaña os nenos/as, e que pretende dotalos/as de ferramentas e habilidades para o seu desenvolvemento persoal, a súa autonomía e a capacitación, coa finalidade de que se convertan en adultos con pensamento crítico, cun bo desenvolvemento das súas funcións executivas e cunha boa intelixencia emocional.

 

Nos momentos en que nos sentimos desbordados e estamos a punto de perder o control, podemos aplicar estas estratexias:

 

  • Recoñecer que levantar a voz, gritar é perder o control, polo que debemos parar, manter a calma e reflexionar.
  • Detectar os pensamentos que alimentan o enfado, entender, empatizar co neno/a e se require paciencia e cercanía.
  • Busca distraccións para diminuír a activación da ira. Busca o xeito de canalizar a enerxía nun fin máis produtivo.

 Criterios nos que se basa a Educación en Positivo:

 

  • É amable e firme ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora).
  • Axuda aos nenos/as a sentirse importantes (Conexión).
  • É eficaz a longo prazo.
  • Ensina valores e habilidades para a vida (Respecto, habilidade para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidade…).
  • Axuda a que os nenos/as desenvolvan as súas capacidades e sexan conscientes delas.

Como podemos Educar en Positivo?

 

  1. REEMPLACE O NON POLO “SI”: Dígalle ao neno/a o que pode facerExemplo: Si o viu cortando follas dunha planta, en vez de dicirlle non fagas iso, podes dicirlle, as tesoiras son para cortar papel ou plastilina. Cal queres cortar? É mais probable que o seu fillo/a tome a opción adecuada, cando o axudamos a saber cales son as opcións apropiadas dispoñibles.
  2. OFREZA OPCIÓNS: Cando lle damos o neno/a ou adolescente opcións de que poden facer, que poden poñerse ou a onde poden ir, e máis probable que elixa unha das opcións que lle ofrecemos, xa que lle facemos sentir que ten o control.
  3. PROPONGALLE “CANDO”: Cando nos piden facer algo, en vez de dicirlles non, recoñeza a súa petición e dígalle cando podería facelo. Esta resposta sóalles máis como un si. Exemplo: Ao finalizar este traballo, ou podemos dicirlles, É unha gran idea!, pero primeiro necesitamos rematar esta tarefa, gustaríache saír despois?
  4. UTILICE UNHA LINGUAXE COMO PRIMEIRO-LOGO: Outra forma de dicirlle cando pode facer algo de maneira positiva, é utilizar unha declaración coñecida como primeiro-despois. Exemplo: Si quere xogar coa tablet, ver a tele,  pero nos queremos que recolla os seu xoguetes, podemos dicirlle: Primeiro recolle os teus xoguetes e despois podes ver a tele ou xogar coa tablet. Rematamos todos de facer esta tarefa e despois teremos 5 minutos máis de xogo.
  5. DARLLE TEMPO PARA PENSAR: as veces séntense frustrados e levantan a voz, cando non respondemos de maneira rápida a súa petición. Cando suceda isto, necesitarán tempo para pensar no que lle dicimos e como van a responder. Si mantén a  calma e repite con tranquilidade a petición unha vez mais, observará menos condutas desafiantes.
  6. AXÚDELLE A RECORDAR: Os nenos/as distráense facilmente, pero necesitan entender as súas palabras. A veces precisan que lles axudemos a recordar o que lle pedimos que fagan para poder facelo. Exemplo: frases como Eu recordo,son útiles en estas situacións. Comunicar a información, en vez de darlle unha orde, proporciónalle a información que necesita para elixir correctamente por si só, sen culpalo o facelo sentir como si fracasara.

 A continuación déixovos uns vídeos,  para que poidades seguir aprendendo e traballar a linguaxe positiva cos vosos fillos e fillas. Invítovos a velos en canto teñades un intre.

Decálogo Disciplina Positiva

 

Si cuidas las palabras, el lenguaje cuidará de ti, Luis Castellanos

 

Educar en Positivo

 

Técnicas para educar a niños felices

 

La mejor forma de cortar las rabietas

Espero que vos guste e axude esta tema para mellorar a educación en positivo cos vosos pequenos/as.

 

Para finalizar, quero desexarvos unhas Felices Vacacións e feliz tempo de lecer en familia. Disfrutade moito dos momentos que tedes para poder estar xuntos/as, pois xa sabedes que o tempo pasa voando e non se pode volver atrás.

Teñamos responsabilidade individual durante o verán, pois o virus segue aí. Moito Ánimo e recordade, Xunt@s podemos superalo!!

Unha Aperta forte da orientadora e Felizz Veránn!!

 

Belén Cid.

 

AS FORTALEZAS PERSOAIS

 Xoves 9, de xuño, de 2020

Bo día familias!! Que tal estades?? Espero que co semidesconfinamento todo vaia moito mellor, aínda que, supoño tamén estaredes cada día máis cansados e con ganas de vacacións, así que, pouco a pouco... Esta semana xa podemos viaxar por toda Galicia e volver ver aos nosos familiares que viven noutras provincias.

 

AS FORTALEZAS PERSONAIS

 

As Fortalezas Pesoais, permiten cultivar a nosa vida interior, para que a felicidade dependa de nos mesmos e non tanto do exterior. É importante ensinarlle aos nenos e nenas a comprender as súas fortalezas persoais internas, pois todos temos dentro de nos a capacidade e ferramentas, para seguir adiante en situacións difíciles.

Debemos desenvolver neles a crenza de que poden facer todo o que se propoñan, mentres sexan metas realistas e non causen danos.

Existen un total de 24 FORTALEZAS PERSOAISsegundo Seligman y Peterson. Uns científicos que determinaron aqueles rasgos positivos da personalidade, que permiten que consideremos a alguén como unha boa persoa. Desexaban a súa vez, que eses rasgos fosen válidos para todas as persoas, independentemente do seu entorno social e cultural.

Froito diso concretaron unha serie de virtudes e fortalezas persoais, que poden definirse como “estilos moralmente valorables de pensar, sentir e actuar, que contribúen a unha vida en plenitude”

Como podemos traballar as Fortalezas en casa?

 

Estas Fortalezas clasifícanse en 6 grupos:

SABEDORÍA E COÑECEMENTO: Abarca a capacidade de aprender e practicar. As fortalezas son: Creatividade, Curiosidade, Apertura mental, Amor pola aprendizaxe, Perspectiva.

  • CORAXE: Fai referencia a lograr as nosas metas. Son: Valentía, Perseveranza, Integridade, Vitalidade.
  • HUMANIDADE:É a habilidade para empatizar, axudar a quen o necesita e apreciar o que se ten. Axúdanos a relacionarnos cos outros, crear vínculos e desenvolvernos na sociedade de forma adecuada. Son: Amor, Amabilidade, Intelixencia Social.
  • XUSTIZA: Permite ter sentido do xuízo, diferenciar o correcto das inxustizas, que nos leva a remedialas, e saber levala en equipo para resolver conflitos de maneira xusta e precisa. Son: Civismo, Equidade, Liderazgo.
  • TEMPLANZA: É o autocontrol preciso para ter unha vida estable e saber cando é suficiente ou cando necesitamos máis. Diferenza as necesidades dos caprichos. Son: Capacidade de perdoar, Humildade, Prudencia, Autocontrol.
  • TRASCENDENCIA: Fala do que buscamos na nosa vida, os propósitos ou metas para ser felices. As fortalezas son: Apreciación pola beleza, Gratitude, Optimismo, Sentido del humor, Espiritualidade.

 Como podemos traballar as Fortalezas en casa? 

  • Dar información sobre diversas áreas do desenvolvemento, para potenciar a curiosidade e ter o desexo de seguir aprendendo.

  • Practicar todo o aprendido que poida ser útil para a vida cotiá. Como xardinería, manualidades, artes…

  • Axudar ós demais no que necesiten, sempre que podamos. Como participar en voluntariados, obras de caridade ou incluído a persoas nos seus círculos sociais.

  • Transmitir que os erros serven para aprender, que non deben avergoñarse nin repetir o mesmo erro. Sen errores non hai aprendizaxe algún.

  • Ensinar intelixencia emocional, aprender a recoñecer emocións pode axudalos a expresarse mellor e entender aos demais.

  • Ten en conta os valores no teu fogar. Un neno/a que sabe escoitar, primeiro foi escoitado. Permite que exista un momento para que os teus fillos/as sexan escoitados e aprendan a escoitar tamén.

  • Utiliza o xogo como medio para aprender.

    Non so como unha diversión ou distracción. Hai moitos xogos que se utilizan para estimular o coñecemento e as aprendizaxes. Os nenos/as non senten que aprenden e poden transmitir aquilo que aprenderon xogando a outros nenos/as.

Acontinuación déixovos uns vídeos, para que poidades seguir aprendendo e traballar as fortalezas cos vosos fillos e fillas.

Autoestima en los niños: Fortalezas y Debilidades.

 

Autoestima: ¿Qué creo que piensan los demás de mi?

 

 

Fortaleza emocional: Yo estaría mejor si...

 

 

Cómo fomentar una autoestima saludable en los niños

 

Como ensinar gratitude aos teus fillos e fillas.

Tamén vos deixo uns audiocontos para ver e reflexionar en familia.

Tu rareza es tu fortaleza.

 A los amigos se los acepta como son.

 

O esforzo de desenvolver estas fortalezas persoais nos nosos fillos e fillas, non os librará de sufrir experiencias desagradables, pero proporcionaralles unha personalidade capaz de apreciar o positivo, aprender das diversidades e mirar sempre a vida con optimismo e confianza.

Espero que vos guste e vos sirva de axuda cos vosos pequenos/as. Calquera dúbida que vos xurda podedes preguntarme.

Ánimo e unha Aperta forte da orientadora. Xa queda menos!

 

Belén.

 

 

CONTINUAMOS CO RETO, APRENDER UN POUQUIÑO DE LSE

 Luns, 25 de maio, de 2020.

 

Bo día familias, nenos e nenas!!Que tal pasastes a fin de semana?? Espero que xenial, con este sol que nos enche de enerxía, non dubido de que así sería.

 

Hoxe quero deixarvos os traballos dalgúns alumnos/as do noso colexio, que se inician e animan a practicar un pouco de lingua de signos, para darlle así visibilidade a esta bonita lingua.

 

Xandre de 4.º de Educación Infantil, anímase e preséntarse en LSE, e a súa familia envíanos o vídeo para compartir con todos nós.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Noraboa Xandre, fixéchelo moi ben!!Gracias por participar neste reto.

O día das Letras Galegas, Sara, que ten un nivel máis avanzado en LSE, interpreta o poema “A fala das pombas que falan”, de Antonio García Teijeiro, xunto cos alumnos e alumnas de 3° de Primaria. Celebraron deste xeito tan fermoso, este día. Cada un deles, desde a súa casa le un anaquiño do poema, mentres Sara nolo conta mediante a Lingua de Signos. Algúns de vós, seguro que xa o vistes no Facebook do colexio.

 

 https://www.facebook.com/ceip.nantes.7/posts/691119141671520

 

Noraboa a todos os nenos e nenas que participastes neste vídeo!! Fixéchedes un gran traballo e estades colaborando na inclusión de todos/as.

Espero que vos animedes co reto, e nos sigades enviando algún vídeo coas vosas prácticas, estaremos encantados de recibilos e poñelos na  web, seguro que o faredes xenial!!

Ánimo e unha Aperta forte da orientadora.

 

Belén Cid.

 

APRENDEMOS A SIGNAR LSE

 Xoves 14, de maio, de 2020.

QUEN SE ATREVE CO RETO?

Bo día familias e alumnado!! Que tal estades?? Hoxe gustaríame presentarvos un reto, aprender un pouquiño de Lingua de Signos, para poder comunicarnos coas persoas con discapacidade auditiva e axudar na inclusión.

lingua de signos española (LSE), é unha linguaxe a través de xestos, polos que se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou con dificultade na fala. Tamén é usada polas persoas sen dominio da linguaxe oral.

Este reto imos a facelo coa axuda de Teresa Martínez, do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, unha compañeira de Aulas Galegas, que o comparte con todos nos.

Todos os vídeos sobre este tema, iranse poñendo neste mesmo enlace.

Actividade 1. O primeiro vídeo que nos propón, é para aprender a presentarnos en LSE, déixovos o enlace para que poidades aprender a saudar na casa. Ademais, preséntavos as letras do abecedario en Lingua de Signos.

 

 

COMEZAMOS

 

 

Iremos aprendendo pouco a pouco e practicando sempre que poidamos, vamos ir deixando os recursos que compartiu a compañeira, sempre nesta páxina. Os profes tamén podedes practicar.

 

Actividade 2. Aprendemos as cores.

Podedes descarcar o pdf, colorea a Elmer, para traballar as cores, que vos deixo abaixo.

 

Actividade 3. Aprendemos os días da semana, mediante unha canción adaptada.

 

 

 Nenos e nenas:

  • A que non imaxinabades o que vos gustaría signar?

  • É necesaria moita práctica, pero é posible e divertido, verdade?

  • Que fermoso o día que os nosos fillos teñan un compañeiro/a que use a lingua de signos (LSE) para comunicarse e saiban dicirlles cousas. 

Actividade 4. Pois aquí vos deixo uns CONTOS SIGNADOS pola compañeira Teresa Martínez, do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, para que sigades aprendendo pouco a pouco a LSE, de forma lúdica.

 

Aprendemos as cores, mediante O conto de “Cocodrilo” en LSE, de Ed. Kalandraka.

 

 

Aprendemos os números do 1 ao 5, a través do conto “CINCO” en LSE, de Ed. Kalandraka

 

Aprendemos signos novos co conto, “Limón” en LSE, de Ed. Kalandra.

 

 

Aprendemos signos de froitas, a través do conto, “Froitas” en LSE, de Ed. Kalandraka.

 

 

Aprendemos signos de animáis, a través do conto, “Animais” en LSE, de Ed. Kalandraka.

 

 

Aprendemos máis signos novos a través do conto “Lúa” e “Zapato” en LSE, de Ed Kalandraka.

 

 

 

 

 Actividade 5. Aprendermos a facer unha receita: Biscoito de dúas cores en LSE.

 

 

Actividade 6. Aprendemos unha canción en LSE para a nosa asamblea, titulada: Ventaniña da escola.

 

Martes, 19 de maio, de 2020.

O domingo 17 de maio, como ben sabedes foi o “Día das Letras Galegas·. E aproveitando que no noso colexio aprendemos a LSE, a compañeira Tereixa déixanos o conto, As pintas baixo a choiva, de Ricardo Carvalho.

Ademáns, hoxe gustaríame ensinarvos os debuxos de Elmer que fixeron dous dos vosos compañeiros do cole.

Moitass Grazass a Sara e Xandre por compartir o voso traballo con nos, fainos moitiiisimaa ilusión recibir cousas vosas!! Espero que vos animedes a participar o resto de nenos e nenas neste novo reto.

 

 

Espero que vos guste a Lingua de Signos, e que vos animedes e disfrutes moito pranticando en familia.

Se vos apetece e queredes, podedes enviarnos algún vídeo practicando a LSE, por exemplo dunha presentación en familia, ao correo belencs.orientadora@ gmail.com. Seguro que vos resulta moi diviertido.

Unha Aperta forte da orientadora.

Belén Cid.

 

LOU

Venres 8, de maio, de 2020.

Bo día familias!!Que tal estades??Espero que xenial, pois maña xa é fin de semana e tócanos descansar. Ao fío do que explicamos na anterior publicación, hoxe gustaríame invitarvos a traballar o tema do Bullying en familia, brindándovos un exemplo de como facelo.

Preséntovos a “LOU”, é unha curtametraxe fantástica de Pixar, que foi nominada ós Óscars e que nos permite traballar cos nosos fillos e fillas, desde a empatía o Acoso Escolar. Seguro que algúns xa o coñecedes, pois xa se compartiu desde o noso centro.

https://www.youtube.com/watch?v=8hgNwjTLMRw

Lou aborda ó tema do Bullying, pero desde outra visión. É un monstro de obxectos perdidos, que observa día a día o acoso escolar que sofren algúns nenos/as no tempo de lecer, no recreo.

Un neno é o causante de todos os sucesos. Nos recreos dedícase a roubar obxectos doutros nenos/as. Pero un día o monstro dos obxectos perdidos, daralle unha lección. Faralle probar a súa propia medicina, pero só para facelo reflexionar e móstranos, que detrás dun neno/a acosador ou agresor tamén existe unha problemática. Lou, móstranos o motivo de por que o neno se converte no “malo”. Co plan de Lou, o neno reflexionará e comprobará que se é unha boa persoa, terá a súa recompensa.

 

Qué valores traballamos con isto?

A través do corto de LOU, os nenos/as traballan a EMPATÍA (sentir como se sinte outra persoa) é moi importante para evitar o acoso escolar. Ademais traballan A TOLERANCIA, respectando as diferenzas entre as persoas; A COMUNICACIÓN das cousas que lle preocupan ou problemas; e A CONFIANZA coa familia para contalo, algo moi importante para detectar e afrontar os casos de bullying. Todo isto pódese debater e falar en familia, cos fillos e fillas, mentres vemos o curto.

Como podemos traballalo na casa con nenos/as?

  • Primeiro podemos ver a curtametraxe en familia. A primeira vez que a vemos, podemos preguntarlles sobre que creen que trata o que rematamos de ver.

  • Despois volvemos a velo cos nosos fillos/as, para extraer conclusións e opinións máis concretas de cada un, e a partir delas establecemos a problemática a traballar e falamos sobre ela.

Exemplo:

As veces moitos nenos e nenas se senten mal na hora do patio porque algúns compañeiros/as se burlan deles, quítanlle os seus xoguetes, comen os seus almorzos….

  • Preguntácheste algunha vez que lles pasa para que se porten así?

  • Pode ser que teñan algún problema e no saiban cómo solucionalo?

  • Como crees que se sinte?

Intentamos anotar nun folio como podemos solucionalo, ideas orixinais para facer fronte á problemática ou casos que podemos detectar relacionados.

Por último poden facer un debuxo dunha situación onde se mostre a Empatía ou Tolerancia.

Espero que vos sirva de axuda para concienciar aos vosos fillos/as sobre este tema, e aportar o noso grao de area para previr, detectar e loitar contra o acoso escolar, pois é un problema de todos. 

Que pasedes un bo día. Unha Aperta da orientadora.

Belén Cid.

 

O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR

 

Luns, 4 de maio, de 2020.

 

Bo día familias e alumnado!! Que tal estades?? Espero que despois dos paseos, de facer un pouco de deporte, e de volver a respirar aire fresco, vaiamos recuperando pouco a pouco o ánimo e as forzas para seguir loitando contra o virus, tomando conciencia da nova normalidade.

 

Xa comezamos o mes de maio, e con el o día 2 celebrouse o Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar,  para concienciar ás persoas sobre o risco que ten isto nos nenos/as, e buscar mecanismos para poder evitalo. Por este motivo, non me gustaría que este día pasara desapercibido para nos, pois é un perigo que require do compromiso e participación de todos/as, para erradicar o problema, non podemos deixar que os xovenes vivan situacións verdadeiramente aterradoras.

 

 

O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR,é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa, verbal ou fisicamente e repetidas veces, por un ou máis estudantes, causando un dano temporal ou permanente na vítima, que sofre ameazas, intimidación, manipulación e inclusive, agresións físicas.

 

Cando os neno/a ou adolescente, son agredidos, comezan a amosar un baixo rendemento escolar, síntomas de depresión, baixa autoestima e no peor dos casos, o desexo de atentar contra súa vida.

 

TIPOS DE ACOSO:

 

  • FÍSICO: patadas, empurróns, golpes con obxectos, roubos...
  • VERBAL: humillacións, insultos, motes, menosprezo, propagación de rumores falsos...
  • PSICOLÓGIGO: ameazas para provocar medo, para obrigalos a facer cousas que non queren...
  • SOCIAL: exclusión e illamento progresivo da vítima, ignorala en actividades de clase, amigos/as...

 

SINAIS DE ALARMA QUE DEBEMOS OBSERVAR E TER EN CONTA, para previr e detectar o acoso:

 Na Víctima:

  • O neno/a fala menos.
  • Vólvese máis introvertido.
  • Deixa de saír ou estar cos amigos/as.
  • Está máis sensible, cústalle pensar en positivo.
  • Perde o apetito e durme mal.
  • Non amosa ilusión por nada: xogar, ir ó cine...
  • Empeora as súas notas.
  • Non coida o seu aspecto físico.
  • Ten ataques de ansiedade e amosa máis agresividade.

No Agresor:

  • Con frecuencia forma parte de pelexas, disputas e enfrontamentos.
  • A miúdo, non controla os seus impulsos e reaccións.
  • Móstrase máis agresivo.
  • Xustifica as súas reaccións violentas e non valora a gravidade dos seus actos.

QUE DEBEMOS FACER SI O DETECTAMOS?

 

  • Manter a calma: fala co teu fillo/a sobre as súas preocupacións do día a día no colexio, e da importancia que ten contalas. Debemos amosar tranquilidade, pola contra, para evitar angustiarnos, non nos dirán nada.
  • Dicímoslle que o/a cremos: e que nos alegra que nolo conten, que non é a súa culpa, e que faremos o posible por axudalo/a
  • Fomenta a súa autoestima e autoconfianza: que se sintan valorados/as e queridos. Podemos animalos a facer actividades que lles gusten con outros nenos/as.
  • Educar na tolerancia e a valorar ó “diferente”, ensinarlles a respectar aos demais...
  • Axúdalle a expresar as súas emocións: cando está triste, frustrado, debemos conectar coa súa emoción e ensinarlle a entender e superar o seu malestar e fomentar o autocontrol.
  • Informa ao centro escolar da situación.
  • Ensinarlle que existen límites: que os actos violentos teñen consecuencias para quen os fai.
  • Ensinarlles que se ven unha situación violenta non colexio, deben ser solidarios e non son chivatos: defender ao compañeiro/a. Calar a situación é ser cómplice dele. Axudarlles a ser empáticos e poñerse no lugar da vítima, como te sentirías si che pasara a ti? Déixovos un
  • Vídeo: Activa Tu Poder, para evitar o acoso.
  • https://www.youtube.com/watch?v=0Ai8_SR8Ncw
  • Si o teu fillo amosa actitudes violentas para conseguir algo, corríxeo: amósalle que as metas lógranse sen ser violentos.

 Debemos ser un exemplo a seguir para os nosos fillos e fillas: mostrándolle o trato con amabilidade e respecto a todas as persoas (nenos/as, xoves e maiores). Os pequenos/as toman como exemplo aos seus familiares

QUE FACER FRONTE O BULLYING NAS REDES SOCIAIS?

 Na actualidade, o ciberacoso está á orde do día, polo que debemos estar pendentes e tomar a medidas pertinentes:

  • Cambia os datos da configuración de privacidade, que só poda ser compartida con amigos/as ou de forma privada.

  • Bloquea ou elimina contactos que envíen mensaxes de acoso.

  • Denunciar á persoa que estea realizando bullying.

  • Falar coa familia o persoas maiores sobre o acoso, para que o saiban e podan denuncialo.

  • Dirixirse ás autoridades, en caso de situacións que ameacen á integridade ou vida do neno/a.

  • Gardar evidencias do acoso, como fotos, vídeos ou textos, que podan servir para denunciar ó agresor.

  • Retirarse por un tempo das redes sociais.

As familias deben se parte da súa experiencia on line. Familiarízate coas plataformas que utiliza o teu fillo/a, explícalle cómo están conectados ó mundo on line e advírtelles sobre os diferentes riscos aos que se enfrontan en Internet.

 ACABAR CO BULLYING, COMPÉTENEOS A TODOS/AS FAMILIA E ESCOLAR,e debemos ter claro que:

  • Non é cousa de nenos/as, non son chivatos, non teñen que aguantalo.
  • Non pensemos que ao meu fillo/a nunca lle vai pasar, a vítima pode ser calquera neno/a.
  • Non fará á vítima máis forte. Só se conseguirá que cando crezan sexan persoas inseguras, ás que lle custara relacionarse con outras persoas.
  • A violencia formará parte natural do comportamento humano e atraerán a súas vidas persoas tóxicas, que repetirán esas mesmas condutas.
  • O problema dun compañeiro/a de clase, e un problema de todos/as.

 

Para traballar esto en casa cos vosos pequenos/as, déixovos un curto e un conto.

Corto de Animación sobre Bullying: No Juegues Conmigo

 

https://www.youtube.com/watch?v=fdMKi64AKYs

 

Cuento Hoy no quiero ir al colegio

 

https://www.youtube.com/watch?v=IEjGGJKIOrg

 

E  moi importante concienciar ao noso alumnado, fillos e fillas, sobre o VALOR DA DIVERSIDADE, DA DIFERENZA, E DA INCLUSIÓN, para traballar na prevención do acoso escolar

Aquí vos deixo uns curtos para que gocedes en familia. Invítovos a velos con vosos fillos e fillas.

Curtametraxe: Historia de un Erizo. Ensínanos que as persoas somos DIFERENTES, pero isto non deben ser motivo de SEGREGACIÓN, senón de RESPECTO. As diferenzas axúdanos a ser máis TOLERANTES.

https://www.youtube.com/watch?v=OEbISlnby9Y

 

Cortometraxe: "Cuerdas"  de  Pedro Solís García,

Sobre INCLUSIÓN, RESPECTO, AMOR E VOCACIÓN.

 https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

 

Sempre debemos buscar motivos para INCLUÍR e ACEPTAR aos demais. A DIVERSIDADE SUMA, NON RESTA.

Espero que vos gustara, e vos sirva de axuda para traballar na prevención do acoso escolar en familia.

Moito ánimo e unha Aperta da Orientadora.

Belén Cid.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut