Skip to Content

Información

O profesorado titor entregará persoalmente a cada unha das familias o informe individual de avaliación coas calificacións do seufillo/a en cada trimestre onde as nais, os país, ou as titoras legais poderán solicitar aclaracións, á persoa titora e ao profesorado, acerca das informacións e valoracións que reciban sobre o proceso de aprendizaxe das súas fillas, dos seus fillos ou das persoas que tutelen, e sobre as decisións que se adopten como resultado do devandito proceso.

Igualmente durante o curso poderán solicitar reunións de titoría para o anterior fin a través da axenda escolar, mediante solicitude cubrindo o impreso dispoñible en conserxaría ou a través da aplicación Abalar.

Durante as reunións de titoría poderáse acceder á consulta dos instrumentos de avaliación. Ademais, en conserxaría está dispoñible o modelo de solicitude para, de ser o caso, obter unha copia dos instrumentos de avaliación aplicados pola/o mestra/e ou mestra/e de área.



blog | by Dr. Radut