Venres 9 de abril de 2021
Os alumnos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro sobre sensibilización ambiental, organizado polo Concello de Sanxenxo, que leva por título, "Mariña, a pinguiña revoltosa".
A través da narración da historia dunha pinga de auga animada, os/as cativos/as puideron:
- Concienciar que a auga é un recurso imprescindible para a vida e que non é inesgotable.
- Favorecer a comprensión sobre como a contaminación da auga é un problema moi grave que afecta aos seres vivos e á calidade de vida das persoas.
- Fomentar actitudes responsables como o aforro da auga.
- Acadar cambios de actitudes e aptitudes (individuais e colectivas) sobre a xestión e o consumo da auga.
Sen dúbida, unha proposta moi interesante que agardamos repetir o vindeiro curso:)