Skip to Content

1º Curso

ACTIVIDADE COLECTIVA: FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO PARA BORJA

Martes 31 de marzo de 2020

Bos días campións e campioas!!!:

Sabedes que? ESTADES A FACELO XENIAL!

Esta semana propóñovos como actividade colectiva realizar unha  FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO, xa que mañá Borja cumpre 7 anos!!!

 

Como non estamos na clase, non podemos facer a súa tarxeta de recordo, pero seguro que lle fai moita ilusión que lle enviemos as nosas felicitacións desde a distancia.

 

Instrucións:

1. Cada neno/a escribe un email cunha mensaxe na que felicita a Borja e envíallo á profe.

2. Borja escribe un email agradecendo as felicitacións. Tamén llo envía á profe.

3. A profe fai unha montaxe moi bonita con todas as achegas.

4. A profe envía a felicitación a Borja e publícaa para que todos/as a vexades.

Sinxelo verdade? Só tedes que enviar unha pequena mensaxe escrita por email a:

profeolallanantes@gmail.com

A data límite para facer o envío é o venres 3 de abril.

É importante que participedes TODOS/AS, pois senón a felicitación estará incompleta.

Agardo a vosa colaboración!

Moito ÁNIMO!

A profe Olalla

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA 2.ª CORENTENA: Lengua, Lingua, Matemáticas e Valores 1.º EP

Luns 30 de marzo de 2020

Queridas familias/nenos/nenas:

No documento adxunto podedes consultar as actividades programadas nas materias de Lengua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas e Valores para os seguintes 14 días de suspensión das clases.

Non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico se tedes dúbidas, consultas...:

profeolallanantes@gmail.com

Seguimos XUNT@S!!!

 

A profe Olalla

 

SOCIAIS E NATURAIS

Luns 30 de marzo de 2020

Buenos días.

A continuación teneis 4 ficheros adjuntos. Son fichas de ampliación (2 de Sociais y 2 de Naturais) para seguir practicando durante esta semana aspectos relacionados con los temas 5 de ambas asignaturas.

Como ya os he comentado, el que tenga impresora puede imprimirlas y hacerlas directamente. Quien no tenga impresora, no importa, puede ir viendo las actividades y contestándolas en un folio o libreta. 

¡Son las últimas que vamos a ver del tema 5 de cada asignatura! SorrisoSorriso

 

Para cualquier duda o consulta podeis enviarme un email.

 

malonsolopez20@gmail.com

 

VALORACIÓN DAS FAMILIAS 1.º EP

Venres 27 de marzo de 2020

Bos días a tod@s!!Sorriso

Nesta ocasión quero dirixirme ÁS FAMILIAS de 1.º de Primaria, non sen antes mandar unha aperta enOOOOORme para os/as máis cativos/as.

Xa estamos moi preto de finalizar a primeira quincena da corentena e ESTADES A FACELO XENIAL!!!

O luns remata o primeiro bloque de actividades programadas polo que, antes de preparar o seguinte, me gustaría coñecer a vosa valoración para facer os axustes precisos e facilitar a vosa labor nestes días excepcionais que estamos a vivir.

Por iso, vos pido que TODAS AS FAMILIAS me escribades un correo electrónico explicándome: se podedes acceder ben ás tarefas na páxina web, que dificultades tivéchedes para desenvolver as actividades, suxerencias de mellora ou simplemente dicir que todo vai ben. É importante que TODOS/AS o fagades para saber se hai alguén que está a ter problemas e non pode realizar as actividades.

profeolallanantes@gmail.com

Agardo as vosas respostas,

A profe Olalla

 

DEBUXOS E MENSAXES DE ÁNIMO

Mércores 25 de marzo de 2020

Estes son os debuxos e mensaxes de ánimo que fixeron os nenos e nenas de 1.º de Primaria desde a súa casa durante os primeiros días da corentena.

SON AUTÉNTICAS OBRAS DE ARTE!!!

Autor: Hugo

 Autora: Sara

Autor: Iván

GRAZAS

ESTADES A FACELO XENIAL!!!

Apertas fooooooortes

A profe Olalla

 

ACTIVIDADE "LOS COLORES DE LAS FLORES"

Martes 24 de marzo de 2020

Que tal estades?

Esta semana, para seguir mantendo o contacto, propóñovos unha das actividades do programa Educación Responsable no que participamos desde o curso pasado. Chámase "Los colores de flores". A través dela coñeceredes e vos poñederes na situación de Diego, un neno cego que ten que facer no cole un traballo sobre as cores das flores. Desde logo, non o ten nada fácil e, aínda que moitos/as se ofrecen a axudarlle, el decide facelo só e investigar pola súa conta. O resultado, sen dúbida, será sorprendente.

A continuación ides ver un pequeno vídeo da súa historia:

Vídeo "Los colores de las flores" (clica aquí)

Seguro que agora se vos están a pasar moitas cousas pola cabeza. É normal!! Trátase dunha actividade que traballa a empatía, unha capacidade que nos axuda o a poñernos no lugar doutra persoa.

Para rematar, suxírovos algunhas preguntas que podedes facer oralmente en familia:

  • Que credes que pensou Diego cando escoitou en que consistía o traballo de clase que tiña que facer?
  • E o seu amigo? Credes que pensou que Diego podería facelo só?
  • Por que pensades que Diego sorrí cando o seu amigo intenta axudarlle?
  • Lembrades que fixo Diego para investigar para o seu traballo?
  • Gustouvos o traballo que fixo Diego ao final? Gustouvos máis ou menos que o dos seus compañeiros e compañeiras?

Se queredes facelas por escrito... adiante! E se vos apetece compartir comigo algunhas das vosas respostas, só tedes que escribirme un email a:

profeolallanantes@gmail.com

Bicos fortes para todos/as!!!

A profe Olalla

 

Corrección fichas de Sociais 1º Primaria

Mércores 18 de marzo de 2020

Buenas noches.

Agadezco el aviso por email de una madre, que me decía que los achivos de Sociais aparecían repetidos.

Sí es cierto que había un error en los archivos de Sociais. Al importarlos de la web de SM, en lugar de descargar ficha a ficha , ha descargado 6 fichas iguales en cada archivo.
El error ya está corregido y los archivos adjuntos de Sociais que aparecen son los que nos interesan estos días.
Un abrazo.
malonsolopez20@gmail.com

MENSAXES DE ÁNIMO

Mércores 18 de marzo de 2020

Seguro que estes días estades a ver nas noticias moitas MENSAXES de ánimo e responsabilidade para saír desta situación o antes posible. Pois nós non imos ser menos! Os/as que queirades podedes facer un debuxo ou escribir nun papel unha palabra, unha frase, unha mensaxe de ánimo e responsabilidade... para axudarnos os uns aos outros. Podedes decoralo ou deixalo sinxelo. Cando rematedes, facédelle unha foto e enviádema por email a:

profeolallanantes@gmail.com

Tedes ata o domingo para realizalo e envialo. O luns subirei á web e ás redes sociais o resultado dos traballos enviados.

Esta semana xa non engadirei ningunha proposta máis para que vos centredes nas tarefas propostas ata agora. Non vos esquezades de botarlle un ollo aos outros recantos.

Estades a facelo xenial!

A profe Olalla

Actividades de Sociais e Naturais: 1.º Primaria

Mércores 18 de marzo de 2020

Buenos días.

A continuación os aparecen en 5 adjuntos las actividades de Sociais y Naturais para la semana que viene (del 23 al 27 de marzo).

Al igual que las anteriores, son ejercicios de repaso de los temas 5 de ambas asignaturas, y también se pueden imprimir o hacer en un folio o libreta.

Guiño ´¡Mucho ánimo!

Manuel.

malonsolopez20@gmail.com

VÍDEO "PIONEIRAS GALEGAS"

Martes 17 de marzo de 2020

Ola a todos/as. Canto vos boto en falta!!! Para poñerlle un pouco de remedio engádovos unha proposta.

Seguro que lembrades os debuxos que fixemos na aula do libro "Pioneiras Galegas que abriron camiño". Como sabedes, cos debuxos que fixéchedes elaborei un vídeo que está subido nas redes sociais do cole (Instagram e Facebook) pero agora que imos visitar con frecuencia a páxina web tamén aquí o podedes ver as veces que queirades.

Entón, que vos parece se me contades que muller é pioneira ou importante para vós e por que? Non ten por que ser unha muller das que saen no libro. Poder ser a vosa nai, avoa, irmá, tía, entrenadora... A intención é realizar unha actividade conxunta a distancia que logo publicarei para facer visible o traballo que elaborades desde a casa.

Como facelo? Moi sinxelo: pedídelle a mamá, papá... que abra o seu correo electrónico e aí directamente escribide a vosa resposta. Ao rematar, enviádemo a:

profeolallanantes@gmail.com

Simplemente se trata de escribir unha mensaxe electrónica coa vosa opinión.

Mentres tanto, aquí vos deixo o vídeo tan bonito que fixemos:

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

A profe Olalla

 

Distribuir contido


by Dr. Radut