Skip to Content

1º Curso

ACTIVIDADE COLECTIVA: PORTADA DUN CONTO

Luns 20 de abril de 2020

Bos días familias e nenos/as!:

Supoño que estaredes un pouquiño máis felices ao saber que a partir do luns 27 de abril os nenos/as de ata 12 anos poderedes saír da casa un ratiño. Aínda que non é todo o que queremos, é máis do que tiñamos, polo que tedes que estar contentos e gozar ao máximo deses momentos de desconfinamento!

Xa que o 23 de abril se celebra o Día Internacional do Libro, esta semana vos propoño unha actividade imaxinativa que consiste en que CREEDES UNHA PORTADA DUN CONTO, pero non unha calquera senón a portada máis bonita, fantástica, marabillosa... do mundo!!!

Instrucións:

1.  A portada ten que ser inventada.

2.  Debe levar:

  • Título do conto
  • Nome do escritor/a
  • Nome do ilustrador/a
  • Editorial
  • Debuxos e decoración

Todos estes elementos poden ir colocados onde e como queirades.

3.  Podedes facela nun folio en branco ou usando a plantilla que adxunto. Se a realizades nun folio debuxade un rectángulo e facede a portada dentro dese rectángulo (mirade a plantilla para facervos unha idea).

4. Serve calquera técnica: debuxada, pintada con ceras/témperas/acuarelas, tipo collage, con material de refugallo que teñades na casa (tapóns, palillos, etc.), con papeis de cores... Poden incluso mesturarse varias técnicas. Como queirades!

5. Se non vos apetece realizala de xeito manual, tamén é posible creala en formato dixital usando o programa Word. Empregade a plantilla modificable que vos adxunto e... a crear!

6. Ao rematar escaneádea ou facédelle unha bonita foto e enviádema ao correo electrónico:

profeolallanantes@gmail.com

7. O último día para que fagades o envío é o venres 24 de abril. Todas as portadas recibidas serán publicadas.

 

Estou segura de que enviaredes auténticas obras de arte!

Que ganas de ver as vosas creacións!

 

A profe Olalla

 

FELICITACIÓN SABELA CACHEDA

Xoves 16 de abril de 2020

Hoxe é o aniversario de SABELA CACHEDA. Unha vez máis os nenos e nenas de 1.º de Primaria deron unha lección de unidade enviando todos/as a súa mensaxe para facer unha felicitación colectiva. Mirade que bonita quedou!

F E L I C I D A D E S !!!

 

Actividades Sociais e Naturais

Xoves 16 de abril de 2020

Buenos días.

A continuación teneis los enlaces a 2 juegos sencillos y divertidos de Naturais y 2 de Sociais. Son para recordar y repasar el Tema 1:

Sociais..."O MEU CONTORNO"

Naturais..."ASÍ SON EU-O MEU CORPO"

La localidad

El barrio

El cuerpo humano 1

El cuerpo humano 2 

También teneis como adjuntos 4 fichas de cada asignatura para practicar durante estos días. 

La semana que viene pasaremos al Tema 2.

Un abrazo...  GuiñoSorriso        malonsolopez20@gmail.com

 

Actividades de Sociais e Naturais

Mércores 15 de abril de 2020

Buenos días a tod@s.

Quiero insistir en detalles que ya he avisado desde un principio y aclarar unos aspectos para que nadie se preocupe y no haya dudas:

* El acceso que he puesto al libro digital es sólo una opción más de ayuda y consulta. 

* No significa que vaya a ser imprescindible tener acceso al libro físico ni al digital para poder seguir trabajando.

* Seguiré poniendo las actividades en esta web, con fichas, enlaces,..., para que todo el mundo tenga acceso.

El que tenga impresora puede imprimirlas y hacerlas directamente.

* Quien no tenga impresora, no importa, puede ir viendo las actividades y contestándolas en un folio o libreta. Se trata de practicar, repasar y reforzar tranquilamente cosas que ya hemos visto en clase.

* Que nadie se preocupe por enviarme las actividades. Lo importante es que las vayan haciendo para no olvidar lo que hemos dado.

Espero que estas aclaraciones sirvan de ayuda...Guiño

Un abrazo.

XOGOS DIVERTIDOS PARA REPASAR

Mércores 15 de abril de 2020

Bos días!!!Sorriso

Clicando na seguinte imaxe accederedes a Vedoque, unha páxina web que contén unha gran variedade de xogos educativos que vos divertirán e servirán de repaso.

Non dubidedes en comentarme que vos parecen a través do email:

profeolallanantes@gmail.com

Espero que vos gusten!

A profe Olalla

 

Sociais e Naturais

Martes 14 de abril de 2020

¡¡Buenos días a tod@s!!Sorriso

Espero que estéis bien y hayáis disfrutado mucho con vuestras familias.Guiño

Después de hablar con el delegado de la editorial SM, a partir de ahora vais a tener todos/as acceso a los libros digitales de "Sociais y Naturais", equivalentes a los libros físicos que quedaron en clase.

A continuación os envío un pdf con las instrucciones para hacer el registro y activación de la cuenta de cada uno/a.

Tras completar el paso y tener todos creada su cuenta, se necesita agregar las licencias de los 2 libros.

Estas licencias os las voy a enviar a través de Abalar.

Hecho ésto, podreis acceder a ambos libros cuando queráis, simplemente entrando en vuestra cuenta.

Podeis consultarme cualquier duda a través del correo  

 malonsolopez20@gmail.com

Cuando todos/as tengáis acceso a los libros, iremos viendo y concretando las distintas actividades de repaso y refuerzo.

Un fuerte abrazo.

 

ACTIVIDADE COLECTIVA: FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO PARA SABELA CACHEDA

Martes 14 de abril de 2020

Ola novamente a todos/as!!!:

Esta semana, concretamente o día 16, Sabela Cacheda cumpre 7 anos así que, como fixemos con Borja, propóñovos realizar entre todos/as unha  FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO.

Instrucións:

1. Cada neno/a escribe un email cunha mensaxe na           que felicita a Sabela Cacheda e envíallo á profe.

2. Sabela Cacheda escribe un email agradecendo                 as felicitacións. Tamén llo envía á profe.

3. A profe fai unha montaxe moi bonita con todas as achegas.

4. A profe envía a felicitación a Sabela Cacheda e publícaa para que todos/as a vexades.

Só tedes que enviar unha pequena mensaxe escrita por email a:

profeolallanantes@gmail.com

A data límite para facer o envío é o mércores 15 de abril.

É importante que participedes TODOS/AS para que a felicitación estea completa.

Espero as vosas mensaxes!

A profe Olalla

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA 3.ª CORENTENA: Lengua, Lingua, Matemáticas e Valores 1.º EP

Martes 14 de abril de 2020

 

ACTIVIDADES DO 14 AO 26 DE ABRIL

 

Queridas familias/nenos/nenas:

No documento adxunto podedes consultar as actividades programadas nas materias de Lengua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas e Valores para os seguintes 14 días de suspensión das clases.

Os contidos desta quincena xa os vimos en unidades anteriores co cal as tarefas a realizar servirán de repaso e reforzo.

Non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do correo electrónico se tedes dúbidas, consultas...:

profeolallanantes@gmail.com

 XUNT@S o conseguiremos!!!

 

A profe Olalla

 

FELICITACIÓN BORJA

Sábado 04 de abril de 2020

O pasado 1 de abril BORJA estivo de aniversario. Grazas á colaboración de todas as familias e nenos/as de 1.º de Primaria puidemos facerlle e enviarlle esta preciosa felicitación.

 F E L I C I D A D E S !!!

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

 Venres 03 de abril de 2020

Ola a tod@s!:

Como sabedes desde o 4 ao 13 de abril son as VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. Este ano serán diferentes pola situación que estamos a vivir, pero agora é momento de SER RESPONSABLES e QUEDAR NA CASA. Cando todo volva á normalidade xa teremos tempo de facer todas esas cousas que agora non podemos e tanto botamos en falta.

Durante as vacacións NON POÑEREI NINGUNHA TAREFA porque nenos/as e familias vos merecedes un bo descanso. As pequenas actividades que indiquei no documento para eses días NON TEDES QUE FACELAS. As propuxen como unha alternativa para as familias que o necesitasen.

Aproveitade para ver os outros recantos e para realizar, se vos apetece, algunha destas ideas sinxelas que podedes atopar no Instagram de @ABECEART:

Vémonos pronto VALENTES!!!

A profe Olalla

 

Distribuir contido


by Dr. Radut