Skip to Content

ACTIVIDADE COLECTIVA: FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO PARA SABELA CACHEDA

Martes 14 de abril de 2020

Ola novamente a todos/as!!!:

Esta semana, concretamente o día 16, Sabela Cacheda cumpre 7 anos así que, como fixemos con Borja, propóñovos realizar entre todos/as unha  FELICITACIÓN DE ANIVERSARIO.

Instrucións:

1. Cada neno/a escribe un email cunha mensaxe na           que felicita a Sabela Cacheda e envíallo á profe.

2. Sabela Cacheda escribe un email agradecendo                 as felicitacións. Tamén llo envía á profe.

3. A profe fai unha montaxe moi bonita con todas as achegas.

4. A profe envía a felicitación a Sabela Cacheda e publícaa para que todos/as a vexades.

Só tedes que enviar unha pequena mensaxe escrita por email a:

profeolallanantes@gmail.com

A data límite para facer o envío é o mércores 15 de abril.

É importante que participedes TODOS/AS para que a felicitación estea completa.

Espero as vosas mensaxes!

A profe Olalla

 



page | by Dr. Radut