Skip to Content

1º Curso

PORTADAS PARA AS FICHAS DO 3.º TRIMESTRE

Martes 21 de xuño de 2016

Nesta ocasión, as portadas para arquivar as fichas do último trimestre do curso son moi refrescantes. Quen pode resistirse a un rico xeado de cucurucho?

Mirade que bonitas e que sinxelas!!!

Pegamos plastilina de cores para facer as bolas e papel de seda castaño para cubrir a galleta.

Despois de recortar e pegar nunha cartolina, decoramos con cereixas feitas con gomets.

XENIAIS!!!

Os nenos e nenas de 1.º desexámosvos unhas fantásticas vacacións de verán.

 

DESPEDÍMONOS DE PAOLA

Venres 27 de maio de 2016

O remate de curso está preto... e con el chegan as despedidas. Hoxe dicimos un ATA PRONTO a Paola.

Como recordo e agradecemento, fixémoslle unha tarxeta en forma de flor coas nosos fotos e mensaxes.

Tras toda a semana gardando a sorpresa... así de felices lla entregamos.

 

Botarémoste moooooito de menos!!!

 

COMO XERMINAN AS FABAS?

Abril 2016

A primavera é unha época fantástica para facer proxectos relacionados coas plantas. Na clase de 1.º estamos a rexistrar o...

PROCESO DE XERMINACIÓN DAS FABAS.

Este é o noso rexistro:

7-4-2016: poñemos as fabas humedecidas nun vaso de plástico transparente con algodón.

11-4-2016: comezan a saír as radículas.

 14-4-2016: nacen as raíces.

 22-4-2016: crecen as primeiras folliñas (plúmulas) e alónganse os talos.

 26-4-2016: plantamos nunha maceta con terra.

10-5-2016: mirade canto creceron as plantas!

 27-5-2016: comezan a saír as flores y as primeiras vaíñas!!!

 10-6-2016: que grandes están as vaíñas!!!

17-6-2016: chega o momento de levar as plantas para casa. 


Hai que seguir coidándoas para recoller os froitos!!!

 

MASCOTAS FANTÁSTICAS 1.º PRIMARIA

Venres 8 de abril de 2016

Ao longo dos últimos días, os nenos/as de 1.º de Primaria puxemos en marcha toda a nosa imaxinación para crear as nosas mascotas fantásticas.

Ademais de debuxalas, inventámoslles un nome e anotamos todas as súas necesidades. Quedaron xeniais!

Con todos os traballo realizados fixemos un

libro fantástico!!!

Se queredes velo en forma de publicación, clicade na seguinte fotografía.

 

DESPEDIDA DE SARA

Venres 18 de marzo de 2016

Que difíciles son as despedidas!!!

Como unha imaxe vale máis que mil palabras... aquí tedes unha que fala por si mesma.

 

 

ATA PRONTO SARA. DESEXAMOS QUE SEXAS

MOOOOOOOOI FELIZ!!!!

 

COMEZAMOS A TRABALLAR COS BEE-BOT

Luns 14 de marzo de 2016

Unha das ferramentas de aprendizaxe que levamos varios anos empregando no colexio son os ROBOTS.

A través dunhas divertidas abellas-robot chamadas BEE-BOT, traballamos os contidos do libro dunha forma activa e cooperativa.

Repartímonos en grupos de 3 nenos/as, nos que cada un ten unha función que vai cambiando en cada quenda. Así:

  • Podemos mandar o que debe facer o robot.
  • Podemos programalo para que realice o movemento.
  • Podemos comprobar que o resultado final sexa o correcto.

Ademais de reforzar moitos contidos, tamén aprendemos a traballar en equipo, a orientarnos no espazo... É divertidísimo!!!

Comezamos empregando os tapices planos, pero na segunda sesión xa utilizamos a maqueta en 3D.

 

Mirade que ben o fixemos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PORTADAS PARA AS FICHAS DO 2.º TRIMESTRE

Luns 14 de marzo de 2016

Como é habitual, ao rematar o trimestre preparamos a portada para arquivar as fichas feitas durante estes meses.

Nesta ocasión realizamos unha portada primaveral chea de cores alegres.

Primeiro pintamos as flores con témperas e fixemos o sol con papel de seda.

 

 

 

 

 

 

 

 Logo cortamos un papel verde con picos imitando a herba.

 

 

 

 

 

 

 

Para rematar recortamos e pegamos todos os elementos nunha cartolina azul.

 

 SPRING IS COMING...

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

Venres 18 de decembro de 2015

Unha das visitas máis esperadas por todos os nenos/as é a de Papá Noel. Como este ano fomos moi bos, Santa Claus pasou pola nosa clase para traernos caramelos e recordarnos que debemos enviarlle as cartas canto antes.

 

 

 

 

 

 

 

HO, HO, HO!!!

 

FACEMOS UN BISCOITO/FESTA DE AULA

Mércores 16 de decembro de 2015

Xa é habitual que despidamos o trimestre cunha festa de aula. Pero... nesta ocasión, a profe tiña unha sorpresa preparada para todos nós.

Antes de comezar a festa, fixemos un biscoito delicioso!!!

 

 

 

 

 

 

Que ben o pasamos mesturando todos os ingredientes. Ademais quedou rico, rico!!!

Na festa non faltou a comida, a bebida e... o baile.

Rematamos a xornada repartindo aos profes un anaco do noso biscoito. Encantoulles a todos, así que faremos outro noutra ocasión.

 

PORTADAS PARA AS FICHAS DO 1.º TRIMESTRE

Luns 14 de decembro de 2015

Ao longo dos últimos días estivemos a preparar as portadas para arquivar as fichas feitas no 1.º trimestre.

Nesta ocasión realizamos un boneco de neve nunha noite mooooooi fría!!!

Primeiro pegamos o algodón para facer a neve.

Decoramos o boneco con plastilina de moitas cores.

Pintamos a lúa e puxemos o noso nome na nube, recortamos e pegamos todos os elementos na cartolina e, para rematar, fixemos os copos de neve estampando a punta dos dedos con témpera branca.

 Magnífico resultado!!!

 

 BO NADAL!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut