Skip to Content

1º Curso

POSTAIS DE NADAL

Un ano máis participamos no concurso de postais de Nadal do Concello de Sanxenxo.

 

Non podían faltar as luces de cores, as árbores decoradas, os trineos, os regalos... Ata A Madama de Silgar acompaña aos Reis Magos!!!

 

Clica na imaxe para ver as postais que realizamos na aula de 1.º:

 

PORTADAS PARA AS FICHAS DO 1.º TRIMESTRE

As vacacións de Nadal están a piques de comezar, pero antes realizamos as portadas para arquivar as fichas do primeiro trimestre.

Fixemos unha paisaxe de inverno cun boneco de neve decorado con plastilina, neve de algodón, unha lúa prateada co trimestre e o curso, unha nube para poñer os nomes e moitos copos de neves estampados con témpera.

Quedáronnos moi bonitas!!!

CONSTRUÍMOS A ESCULÍN

Seguimos participando en concursos... Nesta ocasión o reto era construír unha escultura empregando envases tetra brik para o concurso "Envasarte".

Despois de moito pensar, decidimos facer a Esculín, o logotipo do noso centro.Esculín

Así pois, os envases comezaron a invadir a nosa aula!!!

O primeiro paso foi quitar todos os tapóns.

Logo comezamos a construír pegando os tetra briks. Pouco a pouco, Esculín ía collendo forma!!!

Cubrimos toda a escultura con papel maché para darlle consistencia.

En canto secou, pintamos con témpera.

Xa só faltaba colocarlle a cara e o nome do cole que fixemos con goma eva.

 

Foi unha actividade fantástica, na que todos participamos e desfrutamos traballando en equipo.

Esculín agárdavos na entrada do colexio!!!

 

Para acceder á galería clica aquí.

 

Se queres ver todas as obras presentadas e coñecer cal foi a gañadora preme na seguinte imaxe:

 

ENVASES PARA O MAGOSTO

Aproveitando que este curso estamos a traballar a reciclaxe, decidimos empregar tetra briks de leite para elaborar os envases do Magosto.

Como queriamos facelos dobres, comezamos cortándoos polo medio; logo envolvémolos en papel charón amarelo e colocámoslles unhas cintas marróns para levalos colgados.

Só faltaba decoralos así que, coloreamos castañas, recortamos follas e pegamos moitos gomets.

Mirade que bonitos nos quedaron!!!

 

CONCURSO DE DEBUXOS DOS BOLECHAS

Este ano, na clase de 1.º, decidimos participar no concurso de debuxos dos Bolechas. O tema proposto era "Debuxa o teu cole", así que, unha vez que realizamos a inscrición e imprimimos as plantillas, puxémonos mans á obra.

Fixemos uns debuxos fantásticos e, aínda que non gañamos o premio, xa nos enviaron os cadernos que regalaban por participar. Son xeniais! Teñen pegatinas, pasatempos...

Estes son os debuxos que enviamos.

Esperamos que vos gusten!!!

Se queres descargalos clica aquí

 

                 MATEO AMADO                                                   LAURA

                    VALERIA                                                            HUGO

                  SEBASTIÁN                                                        LUCÍA

 

 

 

 

 

 

 

 

                        IRIA                                                               RODRIGO

                 MATEO PORTA                                                       LEO

                     DANIELA                                                             KAREN

Distribuir contido


by Dr. Radut