Skip to Content

ACTIVIDADE COLECTIVA: PORTADA DUN CONTO

Luns 20 de abril de 2020

Bos días familias e nenos/as!:

Supoño que estaredes un pouquiño máis felices ao saber que a partir do luns 27 de abril os nenos/as de ata 12 anos poderedes saír da casa un ratiño. Aínda que non é todo o que queremos, é máis do que tiñamos, polo que tedes que estar contentos e gozar ao máximo deses momentos de desconfinamento!

Xa que o 23 de abril se celebra o Día Internacional do Libro, esta semana vos propoño unha actividade imaxinativa que consiste en que CREEDES UNHA PORTADA DUN CONTO, pero non unha calquera senón a portada máis bonita, fantástica, marabillosa... do mundo!!!

Instrucións:

1.  A portada ten que ser inventada.

2.  Debe levar:

  • Título do conto
  • Nome do escritor/a
  • Nome do ilustrador/a
  • Editorial
  • Debuxos e decoración

Todos estes elementos poden ir colocados onde e como queirades.

3.  Podedes facela nun folio en branco ou usando a plantilla que adxunto. Se a realizades nun folio debuxade un rectángulo e facede a portada dentro dese rectángulo (mirade a plantilla para facervos unha idea).

4. Serve calquera técnica: debuxada, pintada con ceras/témperas/acuarelas, tipo collage, con material de refugallo que teñades na casa (tapóns, palillos, etc.), con papeis de cores... Poden incluso mesturarse varias técnicas. Como queirades!

5. Se non vos apetece realizala de xeito manual, tamén é posible creala en formato dixital usando o programa Word. Empregade a plantilla modificable que vos adxunto e... a crear!

6. Ao rematar escaneádea ou facédelle unha bonita foto e enviádema ao correo electrónico:

profeolallanantes@gmail.com

7. O último día para que fagades o envío é o venres 24 de abril. Todas as portadas recibidas serán publicadas.

 

Estou segura de que enviaredes auténticas obras de arte!

Que ganas de ver as vosas creacións!

 

A profe Olalla

 

AdxuntoTamaño
portada_conto.pdf143.83 KB
portada_conto_modificable.doc439 KB


page | by Dr. Radut