Skip to Content

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

 Venres 03 de abril de 2020

Ola a tod@s!:

Como sabedes desde o 4 ao 13 de abril son as VACACIÓNS DE SEMANA SANTA. Este ano serán diferentes pola situación que estamos a vivir, pero agora é momento de SER RESPONSABLES e QUEDAR NA CASA. Cando todo volva á normalidade xa teremos tempo de facer todas esas cousas que agora non podemos e tanto botamos en falta.

Durante as vacacións NON POÑEREI NINGUNHA TAREFA porque nenos/as e familias vos merecedes un bo descanso. As pequenas actividades que indiquei no documento para eses días NON TEDES QUE FACELAS. As propuxen como unha alternativa para as familias que o necesitasen.

Aproveitade para ver os outros recantos e para realizar, se vos apetece, algunha destas ideas sinxelas que podedes atopar no Instagram de @ABECEART:

Vémonos pronto VALENTES!!!

A profe Olalla

 



page | by Dr. Radut