O trimestre está a piques de rematar pero antes, na aula de 1.º, realizamos as portadas para arquivar as fichas desta avaliación.
Nesta ocasión fixemos unha portada primaveral con flores e bolboretas de moitas cores.
Así as elaboramos:
Recortamos e pegamos a herba.
Pintamos as flores con témpera.
Decoramos o cartel co noso nome, coloreamos o sol e pegamos bolboretas multicolores en 3D.
QUEDARON MOOOOI BONITAS!!!