Skip to Content

PÓSTER DE SPIDERMAN

Unha das últimas actividades que fixemos na aula de 1.º foi un póster de Spiderman para expoñer o Día do Libro.

Durante varios días investigamos sobre este personaxe de cómic e averiguamos moitos datos que nos serviron para coñecelo mellor:

  • Os seus creadores chámanse Stan Lee e Steve Ditko.
  • Apareceu por primeira vez o 15 de agosto de 1962.
  • A editorial que publicou os cómics foi Marvel.
  • En realidade, Spiderman é Peter Parker, un xoven científico, profesor, vixilante, fotógrafo e superheroe.
  • Os seus aliados son Iceman e Starfire.
  • Ten moitos enimigos cos que ten que loitar: Venom, Electro, Dr. Octopus, Misterio, Duende Verde, Rhino... e moitos máis.

Mirade que ben nos quedou a póster.

Podedes velo durante uns días na entrada do colexio!!!

 



page | by Dr. Radut